"O blog da SAGA"

Vídeo

Ululantem Carmina

Unha das imaxes mais vizosas que a crónica histórica nos fai chegar é a da coñecida cita do “bon vivant” Silio Itálico cando se refire , na súa obra sobre a guerra púnica, ó xeito propio da xente da Callaecia no intre de bailar ou saltar armados, aturuxar ou cantar na súa “patriis linguis” os seus “ululantem carmina”.
O Frade Sarmiento encetou xa o tema tratando apañar o significado do que deveu ver S.Itálico nalgures. Di Sarmiento:
“ En cuanto a las costumbres y diversiones de los gallegos, dice Silio que ya consistían en cantar, ya en bailar, ya en saltar armados. El verbo ululantem no significa “ aullar”, significativo del verbo ululo. Significa “ vocear con intensión y cantar con júbilo y alegría”. Carmina eran los versos que se cantaban en las lenguas vulgares, y por esos se llaman “ versos bárbaros”: Barbara nuc patriis ululantem carmina linguiis” Dije que es error que hubiese un rey de toda España, y es otro error decir que solo en España había una general lengua. Había tantos reyezuelos cuantos eran los pueblos ( al modo de las behetrías), y había tantas lenguas cuantas eran las comarcas o distritos de grande extensión de terreno.
Tres lenguas, por lo menos, y todas distintas, se hablarían en Galicia antes que los romanos introdujesen allí la suya. La antiquísima, la griega y la céltica. Y a eso alude patriis liguiis.”
Remítese Sarmiento, á obra de Silio Itálico, Punica III, 344-9: “ Fibrarum et pennae diuinarunque sagaces /flammarum misist dives Callaecia pubem / barbara nuc partriis ululantem carmina linguis / nunc pedís alterno percussa uerbere terra / ad numerum resonas gaudentem plaudere caetras / haec requies ludusque uiris, ea sacra uoluptas.”

Agora, nos pensamos que é posible que o latino vira algo semellante a esto que inda pode verse nalgunhas serras de Galicia, e que fala por si mesmo ca forza que tira dos pes postos na terra.
O cortexo, o séquito de sons metálicos, cornas da serra e bombos baixa e vai atronando o espazo da comunidade. O fulión non actúa mais que dentro da poboación, tomada así como metonimia do “territorio”, e nunca na “paixaxe”, xa que non actúa fora do eido habitado.
Chega, logo, até unha linde ou portelo simbólico, que hoxe en día pode estar mesmo no medio do pobo, o cal resalta o contido ritual da aproximación, no que recibe o parabén á súa petición de acceso cara o “interior”. Institúese así, un espazo liminal unha verdadeira interface ontolóxica que comeza a nutrirse da equipaxe cultural dun pasado na reserva.
Comeza logo o periplo polo pobo, o despregue dos beneficios da hiperreal comitiva, estructurado na reiteración de escenas idénticas, na repetición necesaria dunha actividade de continxencia, propiciatoria xa que logo.
Os danzantes, as “Mázcaras”, van diante. Son os elementos centrais e insustitibles, os “reis” da “performance”. Percusión de metáis e bombos van tras deles, ou del, logo vai o resto da xente, en actitude solemne e notarial.
Nos espazos cualitativamente senlleiros os danzantes bailan, exercen o seu maxisterio, donos do tempo e do espazo. Soberanos polícromos fronte ó telón de fondo social. Seres especiais, preeminentes, cun matiz normativo e certamente performativos en razón da identidade, ou mais ben dignidade, representada pola vestimenta; da acción desenvolvida mediante a danza e da acentuación da existencia dun espazo liminal polo cal pode accederse cara un plano ontolóxico superior un certo mundo das ideas ó xeito platónico ou un tempo dos soños aborixen. Pode que ambas cousas de vez. En todo caso unha fenda, unha greta estructural, na urde da existencia pola que, inda, o Ceo e a Terra poden retomar, cecais, o contacto.
Estamos pois diante dun contexto cultural que remite cara contidos que falan de lexitimidade, de soberanía cecais, de ideoloxía heroica, de arquetipos e de renovación ou restauración cíclica ó xeito do Arthurus, rex quondam, rexque futurus de Thomas Malory.
Poderiamos pois, e dentro dun contexo cerimonial – unha verdadeira “pomp and circumstance”- estar asistindo eventualmente á actualización anual dun rito no cal a danza, atávico xeito de exercer a maxia fertilizadora en razón do contido rítmico, constituiría a sublimación, ou mesmo a deconstrucción ou recensión dun itinerario mítico, ancestral, dentro dun discurso cosmogónico pola súa función, e no cal o danzante é o “rei” que devén un demiurgo, un axente solar na Terra sobre a que desprega a súa enerxía vital dun xeito rítmico e constante exercendo así a taumaturxia primordial e poderosa orientada cara á fecundidade pola via da catalización das propiedades emerxentes dentro do espazo que fica instituido nun mnemotopos, unha paisaxe mitificada, cando irradia sobre iste a súa potencia benéfica.

Referencias:
– Sarmiento, Martín (1695- 1772) De historia natural y de todo género de erudición. Obra de 660 pliegos. Vol.IV pg. 232 . Henrique Monteagudo (Ed.) – Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega 2008. Consultable en:

– Cfr. Tamén: Silio Itálico. La Guerra Púnica. LIII Pg. 220. Joaquín Villalba Álvarez (editor) Ediciones Akal/Clásica. Madrid. 2005.
– Igualmente recomendable este documento do Consello da Cultura Galega
http://www.consellodacultura.org/sarmiento/files/2008/04/sobre_a_lingua_galega.pdf

Advertisements

Unha resposta

  1. Miguel Losada

    Dende a Sociedade Antropolóxica Galega expresamos os nosos parabéns ó fulión da Mourela pa ca, e o resto de participantes no estimulante entroido da vila de Manzaneda.
    Miguel Losada, secretario da SAGA.

    Marzo 15, 2012 ás 2:34 pm

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s