"O blog da SAGA"

Vídeo

XOVES SANTO NA XIRONDA, Cualedro, Ourense

No arraiano pobo da Xironda, do concello de Cualedro, Ourense, cada dia de xoves santo que non chove ten lugar, logo da misa da tarde, a procesión dos farois. Nesta beira do monte Larouco, unha divindade en si mesmo, os fieis percorren o pobo unindo a igrexa, da que saen cara o oeste na dirección do Larouco, cunha pequeña e antiga capela que se atopa dentro da mesma poboación . Así, no medio da noite pecha, provistos cos seus farois de papel e madeira, a xente da Xironda debuxa un círculo, explicita un centro, ó redor do cal fica instituido o espazo sacro e solemne no cal acontece a “in coena Domini” da liturxia occidental cristiá. A escuridade xoga un rol esencial nesta ceremonia coñecida como as tebras , “ Tenebrae” , xa que o Cristo está morto neste tempo.
Os oficiantes, de branco completamente nesta misa que segue á cea , acompañan o percorrido que inclue no caso da Xironda, a presencia do gaiteiro e do tamboril.
Asi pois, vemos un ciclo ou circuito que se verifica pola noite e, xa que logo, relacionado co ciclo lunar o cal resulta tamén de capital importancia no calendario cristián. A lúa tamén desaparece do ceo durante tres noites e logo delas “renace”ficando por elo vencellada nas sociedades tradicionais ó pais dos mortos e inda mais: co ciclo vital de morte e resurrección.
O periplo dos farois da Xironda podería leerse pois baixo a luz do astro de plata, como a viaxe das pequeñas luces, as ánimas, cara o lado escuro ou o mundo dos mortos do que volven renacidas nun ciclo que tamén foi recollido pola cultura cristiá.

Advertisements

2 Respostas

  1. Pingback: Pequenas tradições :: Apontamentos do natural

  2. Fraguasa

    Una priocesion colorista !que gran sorpresa¡

    Abril 11, 2012 ás 7:52 pm

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s