"O blog da SAGA"

Vídeo

CARREIRA DO TRES DE MAIO EN LAZA, Ourense.

Se ben é mais coñecida a celebración do tres de maio no pobo de Laza, Ourense, o que xa non o é tanto é o feito de que nesa festa ten lugar a celebración dunha carreira restrinxida ós mozos danzantes con espadas que acompañan á Eva e ó Adán no percorrido polas rúas da poboación tamagana. O premio é unha peza de pan que vai pendurada nun ramo a carón dun galo, vivo, que acompaña á ecléctica ronda desa máña nas terras de Laza. Varios estratos culturais, simbólicos, poden verse cunha grande claridade relativamente xustapostos mais integrados nun único acto social.

Doutra banda, na sección segunda, fisiología social, páxina 102, do seu libro “Galicia médica” o profesor da Universidade de Santiago de Compostela, o catedrático Ramón Otero, e dentro do albo de “servir al estudio de la Geografía médica de Galicia, tal como proclama o subtítulo, recolle as carreiras populares que daquela, no medio da música do pais: gaita tamboril e bombo, tiñan como premio unha peza de pán, bola, sembra ou fogaza.

Así pois neste video, ó final, podemos ver algo semellante ó que poideron ser aquelas carreiras dentro dun contexto mais amplo dos xogos populares e actividades deportivas galegas, como os que estuda o profesor Ricardo Pérez y verdes e que expón neste outro video.

3 Respostas

  1. Pingback: Em Laça há mais do que Entroido… | Apontamentos do natural

  2. Pingback: A danza dos danzantes da Festa do Santo Cristo de Laza, Ourense. | SOCIEDADE ANTROPOLÓXICA GALEGA

  3. Francisco

    Sempre me sorprendeu Laza porque en todos os seus grandes festexos celebran a vida e o triunfo da vida. Como complemento ó seu artigo quero compartir con vós este enderezo:http://oschanzos.blogspot.com.es/2014/05/a-santa-cruz-de-laza.html

    Maio 8, 2014 ás 8:27 pm

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s