"O blog da SAGA"

SAÍDA MICOLÓXICA NOS “SETE CAMIÑOS”

Continuamos co noso labor de dar a coñecer e pór en valor os tesouros arqueolóxicos e naturais dos Sete Camiños. Neste caso tócalle o turno á natureza, así que ornanizamos unha saída micolóxica guiada  polo inxeñeiro agrónomo e experto micólogo Jaime Blanco na procura dos cogomelos dos Sete Camiños. Estades todos convidados.

SAÍDA MICOLÓXICA POLO ESPAZO NATURAL E ARQUEOLÓXICO DOS SETE CAMIÑOS

Sábado 24 de novembro ás 10:00 horas dende o campo de fútbol de Salcedo

A Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) e a comisión técnica do proxecto de creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños organizan para este sábado, 24 de novembro, unha andaina por esta contorna que abarcan os montes de Salcedo, Lourizán, San Xulián e Vilaboa para coñecer as especies de cogomelos que medran na zona. A ruta, que sairá ás 10:00 horas dende o campo de fútbol de Salcedo-O Casal, estará guiada polo enxeñeiro agrónomo Xaime Blanco, presidente da Asociación Brincabois de Pontevedra.

La Voz de Galicia

 

FOTOS DA XORNADA (actualización do post)

 

 

Jaime Blanco dando unha explicación sobre os distintos cogomelos da zona


Grupo de participantes na saída micolóxica pousando en Chan das Mouras


Cogomelos dos Sete Camiños

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s