"O blog da SAGA"

Presentación da Sociedade Antropolóxica Galega, SAGA O Venres 30 ás 19.30 h. Na Livraría Torga de Ourense, na Rúa da Paz, 12. Actualizado.

Presentaremos o Anuario Fol de Veleno ademais das monografías producidas pola SAGA e dos novos proxectos en marcha.

Portada do Anuario Fol de Veleno nº2. Derradeiros exemplares

Proxección do DVD  Sete camiños encrucillada no tempo Producido pola SAGA e Faro de Ons Producións.(44 minutos de duración)

Información do Documental na páxina da SAGA

http://www.antropoloxiagalega.org/index.php/audiovisuais/item/20-sete-caminos

A Livraria Torga, na Rúa da Paz, 12, 32005 Ourense, Ourense, Tf. 988 25 07 37 ‎reinvéntase pola man de Xavier Paz mediante a posta en marcha de Vento do Sul,

no que ademais da LivaríaTorga, podemos atopar  unha tenda de Comercio Xusto, de Solidariedade Internacional de Galicia;

Baobab- ecocrianza (calzado ecolóxico para os meniños);

Tamén se suman a Editora Difusora Letras, Artes e Ideas (fundada polo mesmo Xavier Paz e Benito Losada)

Catapiro-Xogos Tradicionais que asesora sobre o mundo do lúdico tanto a particulares como a entidades públicas ou privadas.

Unha cafetería integrada e unha sá de lectura redondéan esta simbiose con urde ecolóxica, equitativa e orientada a reducir custes e aportar solucións mais eficientes.

Poden ver en http://www.ventodosul.org/  imaxes e información relacionada.

Para a SAGA será unha grande honra falar e escoitar, en semellante foro. Quedan convidados pois a asistir e participar.

Eis unhas vistas da lugar onde se atopa.

https://maps.google.es/maps?hl=es&ie=UTF-8&q=torga+livraria&fb=1&gl=es&hq=torga+livraria&hnear=0xd2ff96e20b4bba1:0x404f58273caffb0,Ourense&cid=0,0,17850385406280440937&ei=GQOxUIejMIyAhQf8yIHIAQ&ved=0CJkBEPwSMAA

A Sociedade Antropolóxica Galega, SAGA: Coloquio aberto: Balance dun ano na SAGA.

Explicaremos de onde vimos e contaremos cara onde queremos ir.

A Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) constitúese como unha asociación cultural sen ánimo de lucro, fundada en agosto de 2011, e cuxos obxectivos son, por unha banda a investigación e a divulgación da etnografía, da prehistoria e da historia de Galicia, da súa cultura tradicional —tanto material como inmaterial— e de tódolos aspectos incluídos dentro do campo da antropoloxía social e cultural, e por outra banda a promoción de todas aquelas actividades, publicacións, traballos e accións que vaian en beneficio da conservación, divulgación e investigación do noso acervo cultural galego.

Para levar a cabo todo este labor, a sociedade conta coa colaboración dun amplo número de profesionais das distintas áreas que abrangue o proxecto. Ó abeiro da SAGA reúnense antropólogos, etnógrafos, arqueólogos, historiadores, filólogos, artistas plásticos, técnicos en audiovisual, músicos e moitos outros colaboradores  comprometidos coa aventura cultural e social que pilota a nosa institución.

Entre os proxectos que leva a cabo a Sociedade Antropolóxica Galega cabe salienta-los seguintes:

A publicación trimestral do boletín informativo da sociedade Caderno de campo. Unha publicación de balde e de descarga libre na nosa páxina web.

A SAGA faise cargo tamén da edición e publicación do Anuario Fol de Veleno. Revista de Etnografía e Historia de Galiza.

A edición da colección Cardernos Etnográficos, na que se publicarán traballos monográficos sobre distintos aspectos da etnografía e da arqueoloxía galega.

A realización de documentais e doutros traballos audiovisuais que nos permitan   divulga-los tesouros do patrimonio material e inmaterial da cultura galega.  Nestes momentos a SAGA ten producidos os seguintes documentais: Sete Camiños, encrucillada do tempo,Comuneiros. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo, Metoca e Mulleres de ribeira. O bando dos Praceres.

A organización das xornadas anuais da SAGA sobre antropoloxía galega.

A posta en marcha de proxectos de investigación, de divulgación e de posta en valor do patrimonio como son o proxecto para a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños ou a creación do Arquivo Audiovisual de Antropoloxía Galega.

Quintía e Losada na presentación en Vento do Sul de Ourense, grazas a tod@s os que viñeron. Xuntar 30 persoas nun acto como este é unha grande satisfación para toda a equipa da SAGA. Grazas tamén  a Vento do Sul.

Quintía e Losada na presentación en Vento do Sul de Ourense, grazas a tod@s os que viñeron. Xuntar 30 persoas nun acto como este é unha grande satisfación para toda a equipa da SAGA. Grazas tamén a Vento do Sul.

Miguel Losada

Secretario da Sociedade Antropolóxica Galega

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s