"O blog da SAGA"

SAGA 2012 imaxes dun ano.

Durantre todo este ano 2012 A Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) tentou facer aquilo para o que foi pensada. Quixemos ser un fachón aceso no alto dun monte, un fachón entre outros que se teñen prendido nestes últimos tempos por toda Galicia co albo de esconxurar as tebras que ofenden á cultura galega.

En certo sentido os galaicos volvemos ser un clan, ou unha gens galaica virtual, mais non por eso menos poderosa, menos luminosa. E isto é así grazas á potencia da nosa cultura que, coma Artur, non morreu. So está a durmir.

Estas imaxes, unha pinga na nosa cultura atlántica, chaman por todos nós para que saíamos exercer o oficio de Galegos, aquel que nos é propio, aquel que está no cerne da substancia que nos mantén en pé como Galegos.

O noso pasado é un xacemento de activos para o noso presente. É o noso tesouro de mouros, a promesa, pois, dun futuro pleno e digno.

Lembrar para sermos, ollar para ver, procurar para entender. Este podía ser un bo lema para nós.

O Clan da SAGA (membros e colaboradores)

Rafael Quintía
María Xosé López
Miguel Losada
João Bieites
Miguel Ângelo Bieites
Lukas Santiago
Francisco Sutil
Paz Castro
Mar Mosquera
David Suárez
Toño Vázquez
Xose Antonio Gavilanes
David Outeiro
Nieves Amado
Pedro G. Losada
Alberte Alonso
Nekane Requejo
Pablo Novoa
Fernando Serrulla
Alicia López

Grazas a tod@s os autores de Fol de Veleno, aos colaboradores e a toda a xente que nos ten aberto as súas portas, a todos os que se teñen parado nos camiños para falar con nós para contarnos… quen somos.

Teñan saude e felices festas!!

Advertisements

4 Respostas

  1. António Alijó

    Muito obrigado a todos, pelo muito que me dão.

    Xaneiro 4, 2013 ás 8:00 pm

  2. Chego tarde pero non me podo resistir. Acabo de coñecervos e teño que admitir que estou moi interesado na vosa labor.
    Andarei por aqui.
    Por certo, magníficas imaxes.
    Jota.

    Febreiro 2, 2013 ás 10:49 am

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s