"O blog da SAGA"

Arquivo para Febreiro, 2013

IMAXES DA EXPOSICIÓN SOBRE O ENTROIDO enmarcada nos actos das “XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA” Organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega

A exposición “Entroido en Galiza” estivo aberta durante os día 21 e 22 de febreiro na Casa das Campás de Pontevedra, edificio para fins culturais pertencente á Universidade de Vigo. A devandita exposición foi concibida como un complemento das “Xornadas sobre o Entroido de Galiza” co fin de achegar á cidadanía e a todos aqueles que participaron nas xornadas unha pequena mostra da riqueza do noso Entroido en canto a personaxes, celebración, simbolismo, ritos e expresións culturais vencelladas a este ciclo do ano que hoxe coñecemos como Entroido. Tanto as xornadas como a exposición foron organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) coa colaboración do Concello de Pontevedra e a Universidade de Vigo que cedeu as instalacións.

hall

expo

vista 2

Fabricación máscara

fabricación
Proceso de fabricación dunha máscara de Cigarrón

Instrumentos entroido
Instrumentos musicais típicos do entroido e dos folións

maragato
Traxe de Maragato

máscara de pan
Máscara de pan

máscara de pan 2

Pano portuigués
Pano portugués dos Volantes

Murga banda do Grelo
Traxes da murga A Banda do Grelo (Salcedo, Pontevedra)

Gorra
Gorra do Presidente do entroido de Hío

cigarrón pequeno
Traxe de Cigarrón para neno

Zarramancalleiro
Traxe de Zamarranqueiro de Cualedro

521421_10151346804984794_1779171817_n
Viúva do loro Ravachol

viúva

Ravachol
Loro Ravachol de Pontevdra

corno bastón zamarra
Corno de Vergalleiro, bastón de Felo e zamarra de Peliqueiro

Madama e galán
Traxes de Madama e Galán (entroido de Vilaboa)

máscara zamarra e chocas
Máscara, chocas e zamarra: os tres elemntos de cigarróns, felos e peliqueiros

Merdeiro
Traxe de Merdeiro (entroido de Vigo)

chocas
Chocas ou chocallos

traxe cigarrón
Traxe de Cigarrón de Verín

vista 1

DSC_0326

DSC_0325

DSC_0324

DSC_0329

DSC_0328

IMG_0860

Advertisements

REMATARON AS “XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA”

casa das campás

DSC_0376

O pasado venres 22 remataron cungrande éxito de participación as “Xornadas sobre o Entroido en Galiza” que organizamos a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) coa colaboración do Concello de Pontevedra e a Universidade de Vigo que cedeu as instalacións. As xornadas complementáronse cunha exposición de traxes, fotografías e outros elementos relacionados co entroido galego co fin de achegar á cidadanía e a todos aqueles que asistiron ós relatorios unha pequena mostra da riqueza e variedade das distintas formas de expresión do noso Entroido.

DSC_0329

Os dous días que estivo aberta a exposición contou con grande afluenza de público e os relatorios gozaron dun aforo cheo, cousa que nos satisface enormemente e que nos anima a seguir traballando nesta liña e neste tipo de formatos divulgativos.

859933_4910924248575_253682634_o - copia

De esquerda a dereita: Antonio Vázquez, José Ángel Rosales, Rafael Quintía e Miguel Losada

mesa
De esquerda a dereita: Antonio Vázquez, José Ángel Rosales, Rafael Quintía, Miguel Losada e a concelleira Carmén Da Silva

O xoves 21 interviron:

Antonio Vázquez (músico tradicional), co relatorio “O Entroido urbano en Pontevedra”

José Ángel Rosales (etnógrafo e músico tradicional), co relatorio “O Entroido en Vilaboa, madamas e galáns”

Miguel Losada (secretario da SAGA), co relatorio “O Entroido en terras de Ourense”

858193_4910920368478_1064651264_o

publico

O venres 22 interviron:

Benito Salgado (músico tradicional e cigarrón) que falou do traxe de cigarrón e da fabricación de máscaras de cigarrón, xa que o artesán Nelson Salgado a última hora non puido asistir por un problema de saúde.

Xerardo Santomé (antropólogo e músico tradicional) co relatorio: “O merdalleiro”

563441_10151347439699794_192740925_n

O cigarrón Benito Salgado explicando os segrdos do traxe e da máscara de cigarrón

DSC_0402

O antropólogo Xerardo Santomé nun momento da súa intervención

En vindeiras datas colgarémo-los videos correspondentes ás distintas intervencións.

escanear0001

escanear0002


MAÑÁ XOVES COMEZAN AS NOSAS “XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA”

Contamos con vós!!

escanear0003

escanear0001

66605_10151342077094794_916539946_n


Imaxe

“XORNADAS SOBRE O ENTROIDO” DA SAGA NO FARO DE VIGO

escanear0004

mb

Xornadas sobre o Entroid.._Página_1


AS “XORNADAS SOBRE O ENTROIDO” DA SAGA EN PONTEVEDRA VIVA

PONTEVEDRA VIVA, ENTROIDO

LIGAZÓN:


Vídeo

Peliqueiros de Laza 2013

O domingo de entroido, no pobo de Laza, Ourense, os Peliqueiros actualizan cada ano o rito da “estrea do peliqueiro”. Visten o traxe por vez primeira nese ano e percorren o camiño cerimonial e inveterado pola praza da Picota.
Nese intre someten ó escrutinio dos veciños a calidade do porte e bo facer de cada un dos intérpretes enmascarados. Non é pois, un intre lúdico, é un intre para o respecto e a responsabilidade. Postúlanse cos seus silandeiros acenos, imperceptibles para os non iniciados, como garantes da Tradición e dignos continuadores da misión simbólica que gravita sobre eles cada ciclo anual.
Até finais do século XX estes traxes eran mais ben escasos, de xeito que era moi común alugalos por horas. O prezo do aluguer variaba tamén segundo o día desexado, rexistrándose na mañá do domingo do entroido o prezo mais alto.
Segundo as investigacións realizadas pola arqueóloga e investigadora Nieves Amado Rolán, natural de Laza, os prezos dos que se ten constancia foron de 4 reais antes do 1928, cinco pesos, ou un xornal, por unha mañá ou unha tarde na década dos trinta, e 50 pts., na parroquia de Castro de Laza, ou varios xornais de traballo como pago alternativo.
Sabemos tamén grazas a Nieves Amado que no “Museo del Traje de Madrid” está depositado o mais antigo e completo traxe de peliqueiro coñecido polo de agora. Trátase dun realizado aproximadamente cara a década dos 30 do século XX e que leva, como debuxo, na “mitra” da parte frontal superior da careta, un barco de vapor no cal ondea a bandeira republicana.


XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

cartaz entrudo

 

PROGRAMA DAS XORNADAS:

programa entrudo


FULIÓN DA CANICEIRA: espertando o mundo.

Fulión da Caniceira atronando cunha boa carga de bombo na Pobra de Trives no verán de 2012.

Consumado o xoves de compadres deste ano 2013 xa se ten por certo que ó entroido non hai quen o pare. Nas serras galegas os folións fan e devolven visitas nun ritual marcial que pon, ás portas dos pobos, os veciños das aldeas coas que comparten a mesma tradición.

Nun acto solemne, uns piden o permiso e os outros acceden. O folión pode pasar.

A natureza esperta do seu sono e o ciclo continúa. Chegada a metade do ano non hai motivo para non darlle un novo empurrón profiláctico dabondo como para arreda-los malos ventos e que manteña ergueita a lembranza da íntima relación da xente co medio que os acolle. Unha contorna na que, no caso dos humanos, o cultural é o natural.

Bombos, chocas e chocallos, o mesmo que outros instrumentos de percusión, sempre teñen unha “voz” macho ou femia, e están asimilados ós seres vivos nunha categoría paralela xa que, coma estes, vibran e “falán” ó tempo que manifestan unha individualidade semellante á dos seres animados.

Polas súas características, o bombo, acompañado da percusión metálica de aixadas, sachos gadañas e demais prolongacións da vontade humana, é o intermediario idóneo para “resintoniza-lo universo” e conectar cos outros planos presentes tamén na tradición galega. Actúa pois, dalgún xeito, en orde a acadar a correcta afinación do ciclo da vida entendida como unha sorte de vibración ou liña tonal de fondo.

Varios meses despois, inda compre manter esperto o mundo, a vida precisa enerxía e esta procede dos bombos que rachan o aire, e quentan o corazón. Como o corazón que latexa no interior do ser humano coma un motor dador de vida, o bombo latexa no ambiente provendo de impulso vital a unha natureza que esperta do seu letargo invernal.