"O blog da SAGA"

FULIÓN DA CANICEIRA: espertando o mundo.

Fulión da Caniceira atronando cunha boa carga de bombo na Pobra de Trives no verán de 2012.

Consumado o xoves de compadres deste ano 2013 xa se ten por certo que ó entroido non hai quen o pare. Nas serras galegas os folións fan e devolven visitas nun ritual marcial que pon, ás portas dos pobos, os veciños das aldeas coas que comparten a mesma tradición.

Nun acto solemne, uns piden o permiso e os outros acceden. O folión pode pasar.

A natureza esperta do seu sono e o ciclo continúa. Chegada a metade do ano non hai motivo para non darlle un novo empurrón profiláctico dabondo como para arreda-los malos ventos e que manteña ergueita a lembranza da íntima relación da xente co medio que os acolle. Unha contorna na que, no caso dos humanos, o cultural é o natural.

Bombos, chocas e chocallos, o mesmo que outros instrumentos de percusión, sempre teñen unha “voz” macho ou femia, e están asimilados ós seres vivos nunha categoría paralela xa que, coma estes, vibran e “falán” ó tempo que manifestan unha individualidade semellante á dos seres animados.

Polas súas características, o bombo, acompañado da percusión metálica de aixadas, sachos gadañas e demais prolongacións da vontade humana, é o intermediario idóneo para “resintoniza-lo universo” e conectar cos outros planos presentes tamén na tradición galega. Actúa pois, dalgún xeito, en orde a acadar a correcta afinación do ciclo da vida entendida como unha sorte de vibración ou liña tonal de fondo.

Varios meses despois, inda compre manter esperto o mundo, a vida precisa enerxía e esta procede dos bombos que rachan o aire, e quentan o corazón. Como o corazón que latexa no interior do ser humano coma un motor dador de vida, o bombo latexa no ambiente provendo de impulso vital a unha natureza que esperta do seu letargo invernal.

Advertisements

Unha resposta

  1. Adicado Á Raquel

    Febreiro 1, 2013 ás 9:17 pm

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s