"O blog da SAGA"

VIDEO DE APERTURA DAS “XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA” E RELATORIO DE ANTONIO VÁZQUEZ

859933_4910924248575_253682634_o

Primeiro video das “Xornadas sobre o entroido de Galiza” organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega o pasado 21 e 22 de febreiro na Casa das Campás de Pontevedra. Presentación dos poñentes e introducción por parte de Rafael Quintía, Presidente da Sociedade Antropolóxica Galega, e a continuación o relatorio de Antonio Vázquez que leva por título ” O entroido urbano en Pontevedra”.

toño

Advertisements

2 Respostas

  1. d:D´

    Pois paréceme a min que andas un pouco errado; xa que eu non sous de “pirroquia” algunha, nin doutra. Eu son de aldeia; seica máis, eu son de luar.
    Xa fai tempo que puxen na picota a un dos meus amigos, e entón os meus formadores (hoxe son eu o formador) cerdotes cando eles dicían que a mínima expresión habitada na Galiza ( de Maeloc, e denantes na dos Mouros) era a “pirroquia”; pois non, non é nin lles din, nin lles dou a razón xa que eles queren seguir sendo o perixel de todalas salsas, brincando deiquí e dalá, brincando as raias e os limes das bisbarras e das provinzas, sen pagar un pataco, nin ren; máis eles o que queren é pidir cartinhos os “pirroquiáns” co conto do seu deus.
    Ti, se queres ser de “pirroquia” pois millor pra ti, eu non. Non xeralices que os galaicos somos tudos de “pirroquias” pois algúns nin profesamos fe algunha, nin temos fe algunha; nin somos axnósticos, nin ateos; seica somos, algúns, paganhos pola contra a ser adoutrinados; seica somos, por ser non crentes.
    Pois xa queda dito, aldeiano ou luarenho, máis non “pirroquiano”.
    Haiche otros nomes máis cativos pra nomear outros xeitos de poboazón, sen ser ise termo encunhado polos “ofizosos” la lingua galaica, eses que miran pra outra beira, ou pra Madrí, antes que pras aldeias ou aldeas ou luares da nosa terra…
    Se tes algo que dicir, dimo, e se non cala pra sempre…
    Unha aperta longa, un breve saúdo, sen aspareza, sen acretude…
    Deica logo amigo

    PD: As verbas e parolas, algunhas son bisbarrismos e localismos feitos a drede xa que eu recollo tódolos que non quero se perdan ou se esquenzan…Tudo vale.

    Marzo 9, 2013 ás 8:46 pm

    • Querido amigo, antes de nada agradecemos que te intereses polo noso traballo. Cando falamos da parroquia e do sentimento de pertenza a unha parroquia non o facemos dende o punto de vista eclesial, senón dende o punto de vista de ordenación tradicional do territorio. Certo que na nosa terra tamén todos somos de aldea ou do lugar pero hai lugares onde a xente non ten esa idea de aldea e si ten o sentimento de pertenza á parroquia, como o caso de moitas parroquias do concello de Pontevedra que era ó que se refería o comentario da presentación. De t´dolos xeitos, agradecemos a túa interesante observación que ó final fai fincapé no mesmo, o sentimento de arraigo a un lugar concreto, por enriba de modernas distribucións administrativas do territorio. Unha aperta grande.

      Marzo 11, 2013 ás 1:43 pm

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s