"O blog da SAGA"

21 DE MARZO: CELABRÁMO-LO DÍA MUNDIAL DA ÁRBORE COA PLANTACIÓN SIMBÓLICA DE ÁRBORES AUTÓCTONAS

DSC_3740

A Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) celebrará o Día Mundial da Árbore plantando unha árbore autóctona en cada provincia de Galicia como acto simbólico a prol da recuperación dos nosos bosques autóctonos e da nosa paisaxe tradicional, aquela sobre a que se forxaron moitos dos nosos mitos, das nosas lendas e da nosa propia historia e identidade.

Se queres colaborar con nós neste acto simbólico tan só tes que mandarnos un correo electrónico dicindo en que lugar do país vas plantar unha árbore autóctona, que tipo de árbore é e enviarnos unha foto para que a colguemos no noso blog.

Tamén queremos animar a tódolos galegos que vivan fóra para que se unan a esta proposta e planten unha árbore —que non sexa especie foránea da zona— alí onde estean e nos manden a súa foto.

Lembrade a cita: próximo xoves 21 de marzo.

Porque todo bosque comezou cunha árbore!!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s