"O blog da SAGA"

A PLANTACIÓN SÍMBOLICA DA SAGA: ÁRBORES PARA UN BOSQUE, BOSQUES PARA UN FUTURO

DSC_0173

EN PONTEVEDRA

CERDEIRA

Plantando unha cerdeira do país.

CERDEIRA 2
Unha cerdeira da SAGA

180997_10151398526074794_161126775_n

De esquerda a dereita: os compañeiros da SAGA Toño Vázquez e Rafa Quintía xunto con Miguel da Comunidadde de Montes de San Martiño de Salcedo a carón da cerdeira que plantaron no monte de San Martiño de Salcedo.

Fermoso video dos amigos da SAGA Rosalía Rodríguez e Xosé Feijóo plantando un carballo no Monte da Fracha, Pontevedra

————————————————————————————————————————————————–

NA CORUÑA

2
Plantando un carballo

1 - copia
Un carballo da SAGA

EUGENIO
O amigo da SAGA Eugenio Karkallón xunto o carballo que plantou no Monte Das Arcas, parroquia de Morás.

_MG_0180TeixoPedro
Pedro G. Losada e colegas poñendo un teixo, (Taxus bacatta L.) perto de Santo André de Teixido.

————————————————————————————————————————————————–

EN LUGO

P1010536
Bran plantando un teixo

P1010521
Un teixo da SAGA

P1010526
O compañeiro David Outeiro e o seu can Bran a xunto ó teixo que plantaron en terras de Bullón.

David achéganos ó seguinte texto sobre o teixo:

A elección non é casual,posto que o Teixo está vencellada a estas terras. As Terras de Burón teñen a súa orixe etimolóxica no nome dunha antiga tribo galaica, posiblemente a dos Eburóns. A súa testemuña aparece nun fragmento cerámico achado no castro do Chao de Sanmartin; ” Os (E?)buroflavienses desexan sorte aos de Ocela”. O nome céltico,compartido cunha tribo gala, significa “Os do Teixo”. A árbore está moi presente nas crenzas,mitos e ritos célticos. Coñecido é o episodio do Monte Medullio, no que aqueles que ainda resistían ao invasor romano decidiron suicidarse empregando un preparado do teixo( presenta sustancias tóxicas). César conta na Guerra das Galias que o rei Catuvolco dos Eburóns suicidouse bebendo un preparado de teixo,nun episodio similar ao galaico. O deus Ogma(O camiño)co epíteto galaico de Bandua(O que ata) era un deus guerreiro e psycompompo asociado a fratrias guerrerias,estaba vencellado ao teixo. Por iso, o seu compañeiro Dagda, tiña o nome de Eochu, epíteto que significa “o que combate co teixo”. Mais Ogma tamén era un deus sabio,creador do alfabeto Ogham, que era grabado en polas de teixo. O teixo tamén aparece en lugares sagrados, nas antigas Oenach ou asambleas. A Fundación do Dominio de Tara,antigo texto irlandés, fálanos da xénese deste tipo de territorios en relación a distribución territorial. Conta que Fintan plantou catro bagas, da que plantou ao noreste xerminou un teixo.

Hoxe en día o simbolismo do teixo pervive nos eidos sagrados e de tránsito ao alén, estando presente ao carón de varias igrexas das Terras de Burón. E non esquezamos que por algo San Andrés é de Teixido.

————————————————————————————————————————————————–

EN OURENSE

DSC_7752
Os colegas e amigos da SAGA, X.R. Reigada; X. L. Lozano; P. Carballo; R. Castro; E. Castro; C. Videferre, tamén fixeron plantacións rituais.

Neste caso reintroduciron especies autóctonas (Xesta mansa, Osyris alba L. e Avelaira, Corylus Sp.) en áreas que tiñan sido empobrecidas na súa diversidade botánica co gallo de facilita-lo aproveitamento económico dos terreos dentro do lexítimo contexto cultural vixente até finais do século pasado.


Actualmente estas terras poden e deben recuperar o potencial biolóxico que poida render conta dos valores e beneficios, outros no contexto actual, respecto dos cales a sociedade no seu conxunto, é lexitima acredora. A verdadeira xestión é a que resulta coherente co marco cultural de aproveitamento dos recursos. É, pois, aquela que exerce, sempre, a xestión en base ós criterios que o marco cultural de referencia considera relevantes e non esquece que a ausencia de xestión non significa que sexa posible deixala en suspenso, pola contra, significa mala xestión.

Nipisplanta13
O amigo da SAGA Nipis (O Home da Pedra) e os seus colegas plantando aveleiras no regato de Rivas no val do Támega.

SAM_0384
O membro da SAGA Miguel Losada e compañeiros plantando Carballos (Quercus robur L. coñecido nestas terras como carballo veriño) no Monte Meda, alto Támega, Ourense.

Axudando pois, á reintroduci-la complexidade nos degradados biótopos deste monte, que ten sido un importante centro mineiro: estaño, volframio, tantalio e mesmo probablemente outros minerais, dende hai séculos.
As repoboacións forestais feitas polo “icona” nos anos 50 do S. XX. contribuíron á transformación da paixaxe, aínda que non sempre mediante impactos positivos sobre ela. Os lumes e o desleixo na xestión completan un panorama que, como membros activos da sociedade, podemos e debemos contribuír a mellorar.

.facebook_-2128436604
Amigos da SAGA facendo a súa plantación no concello de Vilar de Barrio.

Advertisements

Unha resposta

  1. Pingback: POST-DÍA DA ÁRBORE | DEFENDE O MONTE PITUCO (Pornedo)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s