"O blog da SAGA"

Arquivo para Abril, 2013

O TRAXE E A MÁSCARA DE CIGARRÓN. INTERVENCIÓN DE BENITO SALGADO nas Xornadas sobre o Entrodio de Galiza

Intervención de Benito Salgado nas “Xornadas sobre o Entroido de Galiza” organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA). Ano 2013.

Advertisements

PROXECCIÓN DO DOCUMENTAL DA SAGA “SETE CAMIÑOS, ENCRUCILLADA DO TEMPO”

Este xoves 25 de abril ás 20h proxectarase o documental “Sete camiños, encrucillada do tempo” dentro das “I Xornadas sobre patrimonio”.  O acto terá lugar na Biblioteca Municipal de Marín. Alí estaremos os realizadores deste documental da SAGA e os membros da Comisión Técnica para a creación do Espazo Natural e Arqueolóxico dos Sete Camiños para explicarlles  a quen acuda ó acto este proxecto de posta en valor do noso patrimonio.

35025_511178542251531_984803845_n


jornadas-patrimonio


Imaxe

PRESENTACIÓN DOS PROXECTOS DA SAGA E DO ANUARIO “FOL DE VELENO” NO CENTRO GALEGO DE LISBOA

CG Antropologos


CONFERENCIA DA SAGA NA UNIVERSIDADE DE LISBOA

Os compañeiros da SAGA Rafael Quintía e Miguel Losada foron convidados pola Facultade de Ciências Socias e Humanas e o Centro de Estudos Galegos de Lisboa para dar este venres 19 de abril ás 16h unha conferencia na Universidade Nova de Lisboa que levará por título “Galiza-Norte de Portugal: un universo simbólico compartido”. Lisboa Antropólogos 2


VIDEO DA EXPOSICIÓN DA SAGA SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

Video da exposición sobre o entroido que organizou a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) co gallo das súas “Xornadas sobre o Entroido de Galiza”. Ano 2013.


PRESENTACIÓN DO ANUARIO “FOL DE VELENO” NAS I XORNADAS SOBRE PATRIMONIO

Este martes día 9 de abril ás 20h presentaremos en Marín “Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia”. O acto enmárcase dentro das “I Xornadas sobre patrimonio” que organiza a asociación Queremos Galego Marín.

Fol-de-Veleno


A SAGA NAS “I XORNADAS SOBRE PATRIMONIO”

No transcurso das tres semanas que duran estas xorndas organizadas pola asociación Queremos Galego Marín presentarémo-lo anuario “Fol de Veleno”, proxectarémo-lo documental “Sete camiños, encrucillada do tempo” e poderemos guiar a quen así o queira polo patrimonio e as lendas do roteiro dos Sete camiños. Parabéns ós organizadores pola iniciativa.

CARTAZ-XORNADAS

xornadas patrimonio marín