"O blog da SAGA"

Arquivo para Xuño, 2013

Enlace

Podcast da presentación do Anuario Fol de Veleno nº 3 no Sombreiro de Merlín de Radio Obradoiro

http://www.ivoox.com/o-sombreiro-merlin-presenta-fol-veleno-audios-mp3_rf_2155924_1.html

Audio, podcast, da presentación do Anuario Fol de Veleno nº 3 no Sombreiro de Merlín de Radio Obradoiro

Nesta dirección pódese acceder ó contido da conversa arredor do Nº 3 de Fol de Veleno ademais do resto das intervencións dos contertulios.

Advertisements

Presentación Anuario fol de Veleno nº 3 no programa O Sombreiro de Merlín de Radio Obradoiro.

Miguel Losada. Secretario SAGA

Este vindeiro Sábado de 12  a 13 h, no Sombreiro de Merlín de Radio Obradoiro,  falaremos dos contidos do novo número do Anuario Fol de Veleno, publicación en papel da SAGA, e conversaremos cos demais convidados do emblemático programa dirixido por Alicia López.

O Sombreiro de Merlín é un programa literario e cultural no que se propicia o encontro das artes, as ciencias e as humanidades. É dicir, constitúe un biotopo óptimo para as actividades da SAGA.

Ademais, neste programa a música perfecciona o rito propiciatorio no que, ó redor dunha mesa redonda como aquela outra de Camelot e baixo a advocación de San Merlín, esconxuraremos as tebras que tentan toldar a cultura galega.

http://www.radioobradoiro.com/programas/?pag1=2&int1=63

A literatura artúrica foi primeiro tradición oral. As tríades da Illa da Bretaña, propias do pais de Gales, recolleron tradicións e contos que foron despois empregadas polos bardos e rapsodas da idade antiga e alto medieval naquelas terras. Así fixéronse barco para trasladar no tempo, como cápsulas inasequibles á erosión dos séculos, os materiais históricos e ideolóxicos dun tempo fuxido.

A Historia dos Britóns de Nennius de Bangor, aló polo 800 da nosa era recolle xa a figura dun dux belorum  chamado Artur. Os Annais de Gales e despois a magna obra de Geoffrey de Monmouth, Historia dos reis da Britania, de 1136, elaboran con semellantes vimbios os caracteres que hoxe son xa patrimonio mundial. Aparecen así,  Merlín e a espada Caliburn.

A litteratura artúrica devén un fenómeno colectivo, outro mais, dos pobos de Europa.   Nesta etapa destaca a labor de Cretien de Troyes  que bebendo das fontes célticas e da denominada “Materia da Bretaña”, ou sexa, as lendas e tradicións bretonas, escribe varias novelas entre as que resultará decisiva a titulada O Cabaleiro da Carreta  ( Charrette en francés ), de 1176-1181.

O derradeiro gran valedor do antigo mundo ideolóxico europeo foi  Sir Thomás Mallory, que nos derradeiros anos do século XV ca súa Mort d´Artur´( En francés medio no orixinal)  impediu o colapso do edificio da literatura artúrica.

Así as cousas Galicia ten moito que dicir neste eido. É coñecida, cando menos polos lectores de Fol de Veleno, a presenza na nosa Terra dunha verdadeira e material  Caliburn ou Excalibur e non só unha. Mais tamén nas tradicións relacionadas ca Lagoa de Antela atopamos esta “Materia da Bretaña” . Así, e segundo obra na documentación relacionada ca fundación, aló polo 1520, do mosteiro do Bon Xesús de Trandeiras, na Alta Limia, Ourense, era xa daquela unha vella e inmemorial cousa sabida, tradición oral xa que logo,  o feito de que, encantados baixo a fasquía de cínifes, fican naquelas  augas os exércitos de Artur agardando o retorno do Rei.

Imaxe

Lagoa de Antela ou Lago do Beón

Feito non menos significativo é a presenza  na cultura popular do Carbunco, extraordinario animal acuático que  mora nas súas augas galegas tal e como o fai o Carbuncle irlandés nas do  Condado de Kerry, no sur leste do país. Non é por nada que moitas fincas das costas do norte galego marxean segundo as súas escrituras, “ca illa de Irlanda”.

Así pois, en Galicia, falar dende O Sombreiro de Merlín,  é unha cousa que cando menos os da SAGA, consideramos propia e natural.

Grazas pois  Mag@, a ti é mailo teu chapeu.


A SAGA ORGANIZA A SÚA “I XORNADA SOBRE MÚSICA TRADICIONAL”. ESTE ANO O TEMA SERÁ “A ZANFONA NA MÚSICA GALEGA”

Continuando co noso labor a prol da investigación e da divulgación dos diferentes aspectos antropolóxicos da cultura galega, a SAGA pon en marcha a súa “I Xornada sobre música tradicional” co ánimo de axudar a divulga-los distintos apectos do que posiblemente sexa un dos máis ricos e variados folclores de Europa. Este primeiro ano adicarémolo á zanfona na música galega.

A xornada terán lugar o venres 5 de xullo na Casa das campás de Pontevedra. Agardámo-la vosa participación neste acto que conta cun interesante programa de charlas e actuacións e un elenco de participantes de primeiro nivel. Dende aquí queremos dá-las grazas a todos eles pola súa desinteresada participación, así como ó concello de Pontevedra polo súa colaboración e á Universidade de Vigo por cedérno-las instalacións da Casa das Campás.

cartaz xornadas zanfona

programa sanfona


CRÓNICA FOTOGRÁFICA DA NOSA PARTICIPACIÓN NO “VII ENCUENTRO INTERCULTURAL” DA FUNDACIÓN CARMEN ARNAU (TOLEDO)

TOLEDO
Vista panorámica de Toledo

TRES BARBUDOS
Os membros da SAGA Rafael Quintía, Antonio Vázquez e Miguel Losada en Toledo

CARTEL

BANIA
Miguel Losada, Antonio Vázquez e Rafael Quintia xunto á bania (sauna siberiana)

CABANA

MIGUEL IURTA
Miguel Losada na iurta

TIPIS
Tendas nómades

NO BALAGÁN
Toño Vázquez e Rafa Quintia xunto ó balagán (casa comunal chorse)

TRIA IURTA
Grupo de música tradicional da SAGA

TOCANDO
Actuación do Grupo de música tradicional da SAGA

BAILANDO
A antropóloga toledana Carmen Arnau Muro bailando unha muiñeira

EN MARCHA

COS RUSOS
Co Coro do Centro Ruso de Ciencia e Cultura

GRUPO RUSO
Actuación do Coro do Centro Ruso de Ciencia e Cultura

RUSA

COROS NENOS
Actuación do Coro da Escola Musical de San Petesburgo

COS FLAMENCOS
Co grupo folclórico da asociación cultural Algazara

CANTAOR
Cantaor

CON CARMEN
Coa antropóloga Carmen Arnau Muro


A SAGA NO “VII ENCUENTRO INTERCULTURAL” DA FUNDACIÓN CARMEN ARNAU, TOLEDO

escanear0007

A antropóloga toledana Carmen Arnau (especializada en pobos siberianos) convidounos a SAGA ó VII Encuentro Intercultural que se celebra este sábado no seu etnomueseo de Las Ventas con peña Aguilera (Toledo), así que aló imos unha representación da SAGA e aproveitaremos tamén agasallar-los participantes no encontro cunha pequena mostra da nosa música tradicional. O evento é libre así que se alguén quere achegarse será unha boa ocasión para vérmonos todos e para que coñezan a Carmen Arnau e o seu magnífico traballo a prol da investigación e divulgación da cultura dos pobos siberianos. é para a SAGA un auténtico placer poder colaborar neste evento e poder representa-la nosa terra neste interesante encontro intercultural.

Achegámo-las ligazóns da súa web, da súa fundación e do seu etnomuseo:

http://www.carmenarnaumuro.com/
http://www.etnomuseosiberia.org/
http://www.fundacioncarmenarnaumuro.org/

Artigo sobre o labor de Carmen Arnau no blog do compañeiro Rafa Quintía:

http://asombradebouzapanda.wordpress.com/2012/07/27/o-etnomuseo-dos-pobos-de-siberia-e-o-labor-da-antropologa-carmen-arnau-muro/

Cartel


A RECUPERACIÓN DA FIGURA DO MERDEIRO. INTERVENCIÓN DE XERARDO SANTOMÉ nas Xornadas sobre o Entrodio de Galiza

“Xornadas sobre o entroido de Galiza”, organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega SAGA. Pontevedra, 2013. Intervención de Xerardo Santomé: “A recuperación da figura do Merdeiro”