"O blog da SAGA"

A SAGA PARTICIPARÁ NO PROXECTO DO CASTRO DE MALLOU

cropped-logo_mallou1

A Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) participará como entidade colaboradora na marabilloso aventura do castro de Mallou. Un proxecto de arqueoloxía social promovido polo concello de Carnota, dirixido polo arqueólogo Antón Malde e coordinado a nivel de comunicación e produción por Manuel Gago

A parte de colaborar nos labores de escavación, os compañeiros da SAGA Rafael Quintía e Miguel Losada levarán a cabo un traballo de recollida de tradición oral xunto con Sole Felloza.

Como broche de ouro deste proxecto organizaremos tamén dúas actividades:

1º) Unha mostra de escultura en directo, onde o escultor e canteiro Marcos Escudero realizará no propio castro de Mallou e durante toda a xornada do sábado 27 a escultura da cabeza de porco que, segundo a tradición veciñal, foi baixada do castro e que luciu na aldea, no muro dun veciño, ata que foi roubada hai uns anos.

marcos escuderoO escultor Marcos Escudero

Na web e no blog de Marcos Escudero poderedes descubiri algunha das marabillas que saen das mans deste artista de Mos, entre elas a reprodución do desu Xano.

 Web de Marcos Escudero:

http://www.m-arte.eu/

 Blog de Marcos Escudero:

http://aspedrasquefalan.blogspot.com.es/

2º) Un recital de zanfona, violín e nyckelharpa que correrá a cargo dos músicos Carmen Gallego e Cesar Loureiro. O fantástico recital farase na croa do propio castro o sábado 27 á tardiña e suporá unha auténtica viaxe polo tempo e polo espazo a través da zanfona e da nyckelharpa, unindo coas súas notas o mundo atlántico galego co mundo atlántico escandinavo, unha viaxe por Jacobsland dende o castro de Mallou ata a Torre dos Mouros, un percorrido musical pola nosa historia dende os célticos supertamáricos que habitaron estas terras á sombra do sagrado Monte Pindo ata os homes do dragón que chegados dende as incógnitas terras do norte asolaron estas costas cabalgando o indómito mar de Fisterra cos seus temibles drakkars viquingos.

carmen e cesarOs músicos Cesar Loureiro e Carmen Gallego na I Xornada sobre música tradicional da SAGA

Carmen Gallego Otero é violinista profesional graduada no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Membro da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra e colaboura tamén coa Orquestra Vigo 430, ademais toca con diferentes grupos de música tradicional e clásica. Ademais do violín toca a nykelharpa, instrumento tradicional de orixe sueca, e estuda arpa céltica na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo.

César Loureiro é músico tradicional e luthier. A sua traxectoria como luthier comenzou no 1999 formándose na Escola de Artes e Oficios de Vigo co mestre Antón Corral. Dende hai uns anos ten o seu propio obradoiro en Marín, onde fabrica zanfonas, arpas celtas e axiña sacará o seu novo modelo de nykelharpa.

A SAGA quere agradecer expresamente ós amigos Marcos Escudero, Cesar Loureiro e Carmen Gallego a súa desinteresada colaboración nestas actividades e a súa xenerosidade para con nós ó non dubidar en apuntarse a este proxecto cando así llelo propuxemos. Moitas grazas compañeiros, por bos e xenerosos.

 

Cesar Loureiro á zanfona, Carmen Gallego cantando e o compañeiro da SAGA Toño Vázquez ó pandeiro. I Xornada de música tradicional da SAGA: a zanfona na música galega.

Cesar Loureiro e Carmen Gallego na I Xornada de música tradicional da SAGA: a zanfona na música galega.

A campaña do castro de Mallou durará 10 días divididos en dous períodos de traballo: do 17 ó 21 e do 24 ó 28 de xullo. Dende aquí animamos a todo o mundo interesado neste innovador e exemplarizante proxecto a que participe como voluntario nesta oportunidade de ser actores na aventura da descuberta do noso pasado e da nosa historia, en definitiva, afondar no coñecemento de quen somos. Vémonos en Mallou!!

Tendes toda a información necesaria na web do proxecto:

http://castrodemallou.net/

Tamén podedes segui-las novas sobre o proxecto no blog do xornalista Manuel Gago:

http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2013/07/09/un-novo-proxecto-de-arqueoloxia-social-o-castro-de-mallou/

Advertisements

2 Respostas

  1. Pingback: …e o porco volve a Mallou!

    • Para nós é un auténtico pracer poder colaborar neste proxecto que, como no caso da Torre dos Mouros ou a Pena Furada, está a demostrar a importancia que ten e o protagonismo que debe ter a sociedade civil na xestión, conservación, recuperación e posta en valor do noso patrimonio. Graciñas polo voso labor, compañeiros.

      Xullo 17, 2013 ás 9:58 am

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s