"O blog da SAGA"

Vídeo

SUBIDA Ó CASTELO DE CERVEIRA: NA PROCURA DUNHA FORTALEZA ESQUECIDA. 1ª parte

DSC_3476

As glaciacións deixaron extraordinarias paisaxes, pouco coñecidas, en Galicia. Unha delas é a do espectacular teso chamado Castelo de Cerveira, no corazón da Serra da Queixa, no Macizo Central Galego.

Este lugar é un escenario de dimensións épicas ó cal o paso dos séculos e da Historia engadiron excepcionais e enigmáticos restos arquitectónicos que fican hoxe varados, como aqueles outros que seica están no cúmio do Ararat. No caso do Castelo de Cerveira os restos son tan obxectivos como extranos. Unha gran fortificación ben conservada e “náufraga” no cimo dun monte que semella unha xigantesca proa.

Este é o video que acompaña ó relato da ascensión da SAGA a este curuto e do que aló atopamos.

LIGAZÓN DO ARTIGO:

https://sociedadeantropoloxicagalega.wordpress.com/2013/10/15/o-enigma-do-castelo-de-cerveira/

SUBIDA Ó CASTELO DE CERVEIRA: NA PROCURA DUNHA FORTALEZA ESQUECIDA. 1ª parte

Advertisements

2 Respostas

  1. Realmente curiosa a costrucción, moita xentiña e moito traballo ou pouca xente con máis traballo aínda para preparar e montar tanto pizarrín, ¿onde irán as ferramentas de traballo?. Seguro resultaría de valiosa axuda realizar unha prospección en condicíons no solo do recinto na procura de calquera obxeto ou restos deles a prol do coñecemento dos usos e costumes dos seus pobladores, incluso tamén nas paredes do monte descendendo cara á base (moito choio e moito orzamento, ou moito Voluntariado}, neste senso a zona terriza baixo o precipicio podería ser que tamén aportase algunha cousiña de interese. Dá moita cousa a pensar, imaxinar e ter en conta… Todo un Misterio, tal e como indicades.

    Outubro 22, 2013 ás 6:06 pm

    • Amigo Ángel, tes razón. De feito ese debería ser o xeito ordinario de proceder, dende hai moito tempo, tanto para a salvagarda dos tesouros da Cultura galega como para facer deles tesouros que reditúan beneficios para toda a sociedade. Grazas a tamén por comentar.

      Outubro 28, 2013 ás 2:08 pm

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s