"O blog da SAGA"

Vídeo

Imaxes da SAGA 2013

Remata este ano 2013, mais unicamente para deixar paso o seguinte ciclo. Non consideramos que sexa día nin hora para fondas cavilacións diante dunha pantalla e por iso neste derradeiro post queremos agradecer enormemente a toda a xente que fi posible que a SAGA faga todo aquilo que fai. As súas viaxes, escritos, visitas e charlas; Grazas a todos os que tiveron a ben escoitarnos, lernos e acompañarnos polos recunchos da poliédrica realidade de Galicia e o seu lugar non mundo.
Grazas a toda as persoas que abriron as súas portas e prenderon o lume, real ou figurado, das lareiras para nos. Grazas diante de todo a toda a xente que permitiu que escoitaramos o que tiñan que dicir.
Grazas compañeiros da SAGA, por da-la cheda nas encostas.

E xa imos dar a despedida,
xa imos da-la derradeira
que de hoxe antes dun ano
compre da-la recibida

xa imos dar a despedida,
xa imos da-la derradeira
verémonos cando nos vexamos
e se non é antes… até a primeiraaa!

Advertisements

2 Respostas

  1. O voso Labor e promulgación cultural resulta ben e moi apreciado amáis de Ilustrativo -con maiúscula-. Fico agradecido da causalidade do encontro neste cruce de camiños e vieiros que é a Vida das persoas, deste apretón de mans entre “locos Marabillosos” (tal e como eu denomino con todo o agarimo e respeto que ben merece o persoal) con inquedanzas comúns de atención, investigación e interese pola Creación e Desenrolo da Cultura e Sociedade desta raza humana á que pertencemos ao longo do devenir do tempo e na especial procura de ir desvelando e rexistrando aquelo que os devanceiros e ancestros legáronnos mediante o procedimento cotián das súas propias vidas nos seus propios Tempos.

    É de seguro que o Horizonte ao longo dos séculos e ate miles de anos cara atrás pouco a pouco, paso a paso, conversa tras conversa, achado tras achado, limpeza tras limpeza…vai despexando a súa néboa dando lugar á nitidez e claridade que compren para coñecernos a nós mesmos e comprender o papel que xogamos no noso universo e microuniversos localizados.

    Os nosos fillos, herdeiros e xeracións que xa están na crianza e as que están por vir han sentirse orgullosos, e canto menos, agradecidos, por esta Actividade de Legado e Coñecemento que se lles otorga a pracer gracias á existencia das persoas que saben e/ou intúen que onde se achan “pedras vellas” e “cousas antigas” existe un xeito de Pensamento, Crenzas e desenrolo da Cotidianidade daqueles que nos precederon e representan a cadea de datos socio-culturais impresos no noso subconsciente colectivo.

    Noraboa aos “locos Marabillosos” por seren como son.

    Xaneiro 1, 2014 ás 8:49 am

    • Moitas grazas Ángel! Aceptamos, asumimos e mesmo presumiremos de sermos presos da tolemia pola cultura de Galicia. Moitas grazas polo teu comentario.
      Un pracer.
      SAGA

      Xaneiro 2, 2014 ás 5:18 pm

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s