"O blog da SAGA"

PUBLICAMOS “O USO DAS PEDRAFITAS NO NEOLÍTICO GALEGO”, PRIMEIRO NÚMERO DA NOSA COLECCIÓN MONOGRAFÍAS DA SAGA

Co traballo “O USO DAS PEDRAFITAS NO NEOLÍTICO GALEGO”  do investigador X. Alberte Alonso inauguramos unha nova liña editorial da SAGA: a colección Monografías da Sociedade Antropolóxica Galega. Cunha periodicidade cuadrimestral iremos publicando esta nova colección na que pretendemos dar a coñecer diferentes traballos de investigación que, ao noso entender, achegan novas ideas e datos interesantes para a reflexión e o coñecemento do mundo cultural galego no seu sentido máis amplo e antropolóxico.

capa pedrafitas sem lapelas

Datos técnicos:

Autor: X. Alberte Alonso Fernández

Editorial:Sociedade Antropolóxica Galega

Impresión:branco e negro

Tamaño:21×15

74  páxinas

I.S.S.N. 2341-0353

PVP: 10 €

Con esta nova colección completamos a nosa oferta editorial de xeito que podamos cubrir os distintos formatos que nos faciliten o noso labor de divulgación, tanto de artigos de investigación como de traballos máis amplos ou incluso de monografías. Ademais dos nosos documentais e dos dous libros publicados, xa están dispoñibles, xa que logo, o noso anuario Fol de Veleno, as nosas revistas dixitais Caderno de Campo e SAGA. Revista dixital de Investigación, o nº1 da nosa colección de Cadernos da  Sociedade Antropolóxica Galega e o nº1 da nosa colección Monografías da Sociedade Antropolóxica Galega.

En breve informaremos da data de presentación deste traballo de X. Alberte Alonso.

Advertisements

6 Respostas

  1. Rubén.

    Pódense facere comandas vía postal?

    Marzo 17, 2014 ás 8:16 pm

  2. anuncia

    Onde se pode adquirir?

    Marzo 17, 2014 ás 8:52 pm

  3. pedro parra carbajo

    quisiera saber como puedo obtener el libro Gracias me gusta mucho el tema
    saludos Pere

    Xullo 13, 2014 ás 10:41 pm

    • Estimado Pedro, podes mercalos nalgunhas libraerías do país ou pedilo por correo. Pode mandarnos un email a infosaga@antropoloxíagalega.org decindo en que vila vives e che dicimos onde adquirilo ou se non podemos mandarcho a casa. Un saúdo e grazas polo interese.

      Xullo 28, 2014 ás 8:44 pm

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s