"O blog da SAGA"

Imaxe

Cartaz da V andaina popular polas abas do Monte Larouco. Pola ruta dos castros.

Cartaz da V andaina popular polas abas do Monte Larouco. Pola ruta dos castros.

Como xa saben, a SAGA ten colaborado co concello de Cualedro e con outras persoas e entidades, no esforzo colectivo necesario para que a magnífica cidade prehistórica galega do Castro da Saceda e a súa contorna, volva a facer parte dos circuítos normais de aproveitamento do noso rico patrimonio cultural.

Neste sentido poden lembrar este post anterior.

https://sociedadeantropoloxicagalega.wordpress.com/2014/02/02/a-acropole-do-castro-da-saceda-e-a-sua-fantastica-contorna-inmediata/
Poder achegarse a estes lugares e gozalos e respectalos coma a sociedade galega merece é o noso obxectivo. O mellor coñecemento dos elementos da nosa cultura beneficiará á conservación destes e tamén ampliará as posibilidades do conxunto dos cidadáns.
Dentro deste contexto queremos colaborar especialmente na difusión dunha actividade que transcorre por unha das paisaxes mais suxerentes de Galicia. As beiras do Monte Larouco, o deus deitado.
Acudan se poden e o desexan a esta andaina popular patrocinada polo concello de Cualedro e ca colaboración tamén da Cruz Vermella e sintan de primeira mau os beneficios de gastar cultura galega.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s