"O blog da SAGA"

Chantados no Fulión de Viana do Bolo. Sangue, suor e gloria en Lisboa.

Por Miguel Losada Secretario SAGA

Algunha das crónicas mais antigas recollen xa a existencia de informantes integrados en colectivos de diversa caste, nomeadamente os militares. Soldados como Jenofonte ou o mesmo Xulio Cesar, actuaron como observadores privilexiados na campaña contra os Persas e a guerra das Galias. Actuaron coma cronistas dende unha atalaia moi principal dentro daqueles procesos. Moito mais recentemente reporteiros gráficos coma “ Robert Capa” – E.E. Friedman, en realidade –  participaron no desembarco aliado das praias normandas.

Finalmente, durante os derradeiros conflitos bélicos do século XX e debido probablemente ó rol xogado polos medios de comunicación, cobrou gran popularidade o concepto de “empotrado” referido especialmente á profesión periodística. Lembren a guerra do Golfo Pérsico.

A nosa vivencia desta situación non pode ser obxectivamente comparada ca intensidade vital destes exemplos. Mais si que é verdade que, subxectivamente, coñecer dende dentro a dinámica do Fulión, compartir a ilusión deste colectivo e ver de primeira man a capacidade que ten a nosa cultura para ser un referente a escala mundial foi impresionante.

Sangue,suor e gloria en Lisboa. Foto Pedro G. Losada. SAGA.

Sangue,suor e gloria en Lisboa. Foto Pedro G. Losada. SAGA.

Puidemos constatar que o fulión da Asociación de Fulións rurais de Viana do Bolo constitúe un grupo humano de calidade excepcional. A entrega e paixón desta xente polo seu entroido de Viana do Bolo enriquece a toda a cultura de Galicia e mais aló. O seu traballo destes anos está axudando á consolidación  do entroido galego como un dos fenómenos culturais mais importantes do noso continente.

Tamén foi moi ilustrativo comprobar a extraordinaria labor de promoción de Galicia e da súa excepcional cantidade e calidade de contidos culturais. Milleiros de persoas ateigaban as rúas de Lisboa. Ó paso dos de Viana non houbo mais olladas que as que atraía o excepcional despregue de forza, folgos, e corazón que move o fulión. Os bombos atronaban entre as beirarrúas ateigadas de xente que deixaba ás consumicións nas mesas das terrazas para achegarse á ver e abraiarse co descomunal espectáculo. Treboadas de disparos de cámaras de fotos renderon culto ó esforzo despregado nunha monumental cidade chea de visitantes e turistas de todo o mundo.

Non podo imaxinar mellor campaña publicitaria para Galicia que a que desempeñou nese día o Fulión da Asociación de Fulións  Rurais.

E todo elo, dou fe, cos medios materiais e económicos mais precarios. A modesta, inda que valiosa, imprescindible e lóxica axuda do Concello de Viana do Bolo, o auto financiamento das persoas do fulión e poucos mais medios materiais. O importante foi, coma case que sempre, o “corazón” e orgullo que a xente deste fulión lle puxo ó asunto.

Aplomo Boteiro en Lisboa. Foto Pedro G. Losada SAGA

Aplomo Boteiro e cinto de doble volta en Lisboa. Foto Pedro G. Losada SAGA

Sen iso, de pouco valerían os mellores medios posibles.

Un aloxamento nun cámping, un par de humildes comidas de autoservizo e pouco mais, foron todo ó proporcionado pola organización que debeu tratar en igualdade de condicións a tódolos grupos. Unha mágoa que dentro do programa non houbera espazo nin tempo para intercambiar impresións, coñecer a cultura do demais grupos, facer unha foto de todos xuntos ou unha comida/convivio – ó bo xeito portugués – entre todos. Non se concedeu, dende a organización, tempo para un café. Un paseo distendido polas rúas. Unha visita, mesmo fugaz, a calquera dos moitos sitios que iluminan Lisboa.

Non hai dúbida de que a xente de Viana – e representantes –  mereceu moito mellor trato do que recibiu.

A xente da Asociación de Fulións Rurais de Viana do Bolo.

A xente da Asociación de Fulións Rurais de Viana do Bolo. Foto Pedro G. Losada. SAGA

O proxecto da máscara ibérica é o marco xeral do evento. Este está sustentado, en grande medida, pola idea de unidade cultural no contexto ibérico. Os seus responsables farían moito ben ó obxectivo que sustenta esta financiamento se procurasen o necesario para que os grupos participantes non foran meros instrumentos ó servizo do acto senón que o contexto actúe ó servizo dos que fan posible a existencia da actividade. Ou sexa, que se o acto tivese sido mais cálido, a calidade xeral e o prestixio derivado tamén terían sido meirandes.

Así pois, sen dúbida que os galegos tamén podemos achegar bos exemplos neste tipo de eventos onde a posta en común das experiencias e a confraternización entre iguais son dúas bazas que a nosa cultura sabe xogar moi ben. En Galicia e tamén en Portugal, a hospitalidade e o saber facer á hora de facer festas veñen de serie, é o normal.

Boteiro e Jarramplas. Foto Pedro G. Losada.

Boteiro e Jarramplas. Foto Pedro G. Losada. SAGA

A pesares de todo e por se fose pouco estar durante horas tocando os bombos aixadas, gadañas e demais, inda houbo o intre para que os nenos que quixeron puideran tocar nun bombo. Tamén os vellos ou calquera. Coma o señor Antonio Évora que se detivo a ensinarnos o toque do Sao Joao do seu Cabo Verde natal. Todas estas cousas aconteceron porque o intre, o espazo máxico para a convivencia, foi creado por este excepcional colectivo.

Respondéronse preguntas e procurouse atopar ós antigos amigos doutros grupos para tomar unha sidra con eles, por exemplo. Así pois, a función didáctica do fulión engadiu un plusc á vosa presenza na cidade.

En Galicia hai moitos outros folións. O mellor espírito de irmandade e orgullo galego de calquera deles está tamén representado dentro do fulión da Asociación de Fulións rurais de Viana do Bolo. Por elo, nos sentimos que todos eles poden sentirse moi satisfeitos pola mais que digna representación que se fixo nestes días mediante a defensa da cultura do fulión da que todos participan.

O fulión triunfou en Lisboa. A idea de Fulión como máquina ou instrumento coral catalizador da verdadeira convivencia. Confirmou o respecto acumulado despois de moito traballo e, literalmente, mediante o sangue, a suor, a forza e a ilusión exhibidas na beira do Texo, acadou as cotas mais elevadas de recoñecemento público.

Atronando as rúas da vella cidade. Foto Pedro G. Losada. SAGA

Atronando as rúas da vella cidade. Foto Pedro G. Losada. SAGA

A SAGA ten como un dos seus albos o de colaborar no desenvolvemento de iniciativas de expresión cultural baseadas nos recursos e contidos en xeral, propios do contexto galego. Con este horizonte houbo tempo para comprendermos unha cousa importante para nos e que ó tempo, explica o poder catalizador que posúe este fulión grazas ó traballo acumulado nestes anos pasados. O que constatamos de primeira man foi que calquera proxecto de recuperación tradicional, calquera iniciativa de desenvolvemento local, calquera esforzo colectivo de mellora do propio entorno e circunstancias, pasa polo deseño e realización de tales proxectos “dende dentro”. É dicir, que compre primeiro coñecer en fondura o propio. Levalo á práctica pensando en como se faría se soamente se fixera para os do pobo, ou comunidade en cuestión. Facelo con autenticidade e sen preocuparse por “vender un produto” o acomodalo para que o gocen con comodidade outras persoas. Sen iso, calquera iniciativa será apenas un sucedáneo do posible orixinal. Un pastiche se se quere.

A diferenza entre un produto cultural de calidade e outro radica en que o orixinal interpela e eleva a outro nivel ás percepcións. Actúa dende o seu propio marco de referentes e por iso é útil ou interesante para os demais. A súa “verdade” ten vocación universal. Pola contra o sucedáneo humíllase perante as conveniencias alleas; o que achega non permanece; é sustituible por algunha outra cousa semellante que non conmove ou fai mellor a quen o recibe. É prescindible no seu rango.

Moitas veces, ante o “éxito” e traxectoria deste fulión, hai quen se pon en contacto con eles para que acudan a facer a festa nalgún outro lugar. Tamén é habitual que se lles solicite algo así como  “un_manual_para_facer_o_mesmo_noutra_parte”. Isto acontece dende dentro e fora de Galicia, por certo. A resposta sempre é a mesma. “Non actuamos en festas patronais” ten que respostar amablemente Jorge Minas portavoz do fulión. “ primeiro desenvolvei os vosos contidos, estudádeos, consultade cos vellos ou cos que coñecen o tema dende dentro. Despois imos e falamos, expoñeremos o que nos facemos como e por que. Vos tendes que desenvolver o voso sistema. Entón contai connosco para o que vos faga falla”

Todo un decálogo que na SAGA estariamos dispostos a subscribir.

O noso mais sincero agradecemento ás persoas do Fulión da Asociación de Fulións Rurais de Viana do Bolo. O tempo que compartimos foi todo un master en xestión cultural.

Para un coñecemento preciso do contexto destes fulións e o lugar que ocupan na cultura musical galega, recomendamos a lectura dos libros do colaboradores da SAGA Pablo Carpintero[1] e de Xerardo Santomé[2].

 

 

[1] Os instrumentos musicais na tradición galega, Carpintero Arias, Pablo. Con dibujos de Xosé Ramón Marín Martínez. coedición de Proxecto Ronsel y Difusora de Letras, Artes e Ideas, S.L. ISBN: 9788492958054 2ª ed.Esgotado. Versión dixital do libro no consello da Cultura Galega http://www.consellodacultura.org/asg/instrumentos/

 

[2] Treboada Galega. Xerardo Fernández Santomé. Ed.Asoc. folc. Gaiteros de Xistra; Vigo, 2012; ISBN V.G.637-2012

 

A seguir, unha pequena reportaxe fotográfica da viaxe. Fotos SAGA 2014.

SAM_3094

No camiño de Lisboa.

 

SAM_3092

Un alto entre o ceo e a terra. Castro_daire.

Imaxe

Imaxe

Imaxe

Imaxe

 

SAM_3112

Preparando os bombos.

SAM_3105

Tensando cordas e músculos.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s