"O blog da SAGA"

Simposio en Lisboa: “A evolución e a sociedade. Tralas pegadas de Mandela”. O 18 de Xullo na Facultade de Ciencias da Universidade de Lisboa.

Miguel L. Secretario SAGA

A evolución non é un feito individual e a cultura tampouco. O ser humano é a súa mente, sen ela xa non podería ser recoñecido como tal. Mais a mente humana é o conxunto de significados que dan conta das propiedades dunha urde simbólica tramada por calquera sociedade considerada, xa sexa no espazo ou no tempo.

Así pois a cultura – cada cultura –  é una construción significativa feita sobre unha base simbólica ampla e axeitada que xurdiu co ser humano – co xénero homo – e que sempre fixo parte da nosa equipaxe como especie. A cultura é un proceso crónico da natureza humana que tende á continua reelaboración ou reciclaxe dos materiais simbólicos como resposta á continua erosión que o feito gregario, ou social se se quere, ocasiona nesta equipaxe. Os recursos culturais son vitais para cada sociedade humana, xa que en calquera delas o natural é o cultural.

Por todo elo calquera aceno cultural considerado non pode ser a obra de calquera proceso interno e individual, senón que sempre será o resultado do referendo social. Algo público, que diría C. Geertz, ou “negociado” segundo J. Bruner .

É por iso que o fenómeno da natureza humana é un fenómeno total. Un feito que pola súa propia dinámica interna, desbota a existencia de “razas” humanas ou de culturas “primitivas” ou de persoas “cultas e sen cultura”.

Todo isto ten moito que ver co programa do cal lles facemos partícipes a seguir. Nelson Mandela vai ser o fío condutor dunha serie de relatorios que dende a xenética, a lingüística, a xenómica ou a antropoloxía do humanismo tentarán dar conta cumprida do feito da dimensión simbólica do fenómeno humano global.

Así pois, recomendamos esta interesante actividade organizada  con motivo do Día internacional de Nelson Mandela e á que fumos convidados mais, desgrazadamente e por motivos de axenda, non poderemos asistir desta volta . Dende aquí facémonos eco da proposta e ampliamos a invitación a todos aqueles interesados:

O Núcleo de Educação e Divulgação da Evolução da Associação Portuguesa de Biologia Evolutiva (NEDE-APBE) convida todos os interessados a participar no*Simpósio em Evolução e Sociedade – No Rasto de Mandela* no dia 18 de Julho, o “Dia Internacional Nelson Mandela”.

Programa resumido:

1st SESSION. HUMAN DIVERSITY Human origins and genetic diversity – David Comas (UPF, Barcelona) The evolution of human cultural diversity as exemplified by languages- Nathalie Gontier (FCUL) 2nd SESSION. RACISM AND PREJUDICE: MANDELA’S FIGHT Controversy about the use of the concept of “race” in the genomic era: can genetic diversity promote equality? – Joana Inês Pontes (IFilosofia, UP) Integrated view of UNESCO about the problem of racism- José M. Álvarez-Castro (USC, Santiago de Compostela, IGC) 3rd SESSION. RECONCILIATION AND COOPERATION: MANDELA’S DREAM The concept of race: for an anthropology of humanism – Rosa Maria Perez (ISCTE-IUL) “Only free men can negotiate” (Mandela). Racism as social structure – Miguel Vale de Almeida (ISCTE-IUL) Local: Faculdade de Ciências da Universidade de Lisboa, anfiteatro 6.1.36, dia 18 de Julho das 12.30 às 19 horas A entrada é gratuita, mas a inscrição é obrigatória. Inscrições em: https://sites.google.com/site/norastodemandela/inscricoes Mais informações em: https://sites.google.com/site/norastodemandela/ Contamos com a vossa presença, Pelo NEDE-APBE Susana Varela, José Alvarez-Castro, Rita Ponce e Inês Orfão — Núcleo de Educação e Divulgação da Associação Portuguesa de Biologia Evolutiva (NEDE-APBE) http://www.apbe.pt/ https://www.facebook.com/nede.apbe

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s