"O blog da SAGA"

NOVA MONOGRAFÍA DA SAGA: “PETRÓGLIFOS INÉDITOS DAS COMARCAS DE OURENSE E DE ALLARIZ-MACEDA” de Jose Antonio Gavilanes

Acabamos de publicar o segundo traballo da nosa colección Monografías da Sociedade Antropolóxica Galega. Desta vez facemos unha incursión no mundo dos petróglifos da man do investigador e colaborados da SAGA José Antonio Gavilanes.

O investigador José Antonio Gavilanes achéganos neste traballo un minucioso e interesante inventario de perto dunha centena de petróglifos inéditos descubertos por el mesmo nas comarcas de Ourense e de Allariz-Maceda. Durante moito tempo existiu a idea na arqueoloxía galega de que o interior do país era pobre neste tipo de mostras de arte rupestre. Traballos como o de José Antonio Gavilanes veñen demostrarnos o errado desta crenza, comprensible polo escaso dos traballo de campo realizados neste eido. Das tipoloxías rexistradas neste libro destacan sobre todo as denominadas combinacións de coviñas ou cazoletas. Uns motivos rupestres que se estenden ao longo dunha ampla cronoloxía e presentes en moitos lugares de Europa. Dentro da humildade, agardamos que esta obra cumpra o seu obxectivo de axudar a divulgar e a coñecer  mellor o fascinante mundo dos petróglifos galegos e, deste xeito, contribuír á súa protección, conservación e posta en valor.

capa monografias 2 petroglifos gavilanes

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s