"O blog da SAGA"

Soesto Capital de Galicia. Cabodano do rei Afonso IX.

Miguel Losada SAGA

Un dos ritos, verdadeira institución de feito, da cultura galega son os cabodanos. A morte, os antes-pasados, os defuntos en definitiva, fan a meirande das nosas parroquias e como tal ocupan un senlleiro lugar dentro do noso pensamento colectivo.  Este xeito de ve-lo mundo maniféstase nun impulso que procede da forza da tradición e é quen de suplir os baleiros e lasitudes cos que moita xente vive instalada no vixente e mais estendido modelo relixioso.

Así, en Galicia, podemos atopar persoas que non practican certos ritos oficiais, como pode ser a misa dominical, mais que si seguen as rutinas que consideran propias e axeitadas como pode ser a asistencia ós enterros, os velorios ou os cabodanos.

Así pois hoxe, 24 de Setembro de 2014, podemos lembrar que é o día no que se cúmpre o 784 cabodano do pasamento de quen chegou a ser rei dos galegos, Afonso IX.

Fonte: http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Alfonso_IX_de_Le%C3%B3n_(Ayuntamiento_de_Le%C3%B3n).jpg

Fonte: http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Alfonso_IX_de_Le%C3%B3n_(Ayuntamiento_de_Le%C3%B3n).jpg

A natureza política e simbólica dun rei daquel tempo é ben diferente do rol que puidera desenvolver un monarca actual. O rei Afonso IX acabou en Sarria e foi sepultado na catedral de Compostela. Era neto do emperador Afonso VII que nacera en Caldas de Reis, fillo de Fernando II e foi pai do nomeado Fernando III, o santo, e avó do inda mais sonado Afonso X, o sabio.

Todos eles constitúen unha verdadeira saga chea de peripecias militares, amorosas e políticas. Varios matrimonios, incontables amantes e ducias de fillos. Polo medio arcebispos como Xelmirez ambicioso, movendo as súas fichas polo taboleiro da Historia. Ataques vikingos, revoltas populares, potentados coma o Conde de Traba, construtores de catedrais e guerreiros de fronteira como Xerardo sen pavor.

Xeraldo Sen medo Seguidor das antigas tradicións.

Xeraldo Sen medo Seguidor das antigas tradicións.

Fonte http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/18/GeraldoGeraldesSemPavor.jpg/330px-GeraldoGeraldesSemPavor.jpg

Retrato de Diego Xelmirez visto por Francis de Blas, nesta páxina.

http://www.francisdeblas.com/retratos/diego-gelmirez-obispo-de-santiago/

Mais sobre todo houbo moita paisaxe, humana e cultural, galega. Así, se hai pouco houbo un “raposo de Arteixo” tamén pode ser que ó rei das Cantigas de Santa María se lle puidera chamar o “sabio de Allariz” ou algo así. De neno – a vila ourensá foi a parroquia do fillo de Afonso IX. É sabido que a infancia é a patria certa da xente, como dixo o Rilke. Por algo sería cando o pai mandou o cativo a Galicia para ser educado en galego e “troquelado” coma persoa e futuro magnate.

Este detalle do Afonso pai, xunto con varios outros que denotan a súa personalidade, fan del unha personaxe galega a medio camiño das creacións de Valle-Inclán e Cunqueiro. En efecto, Afonso IX convocou no ano 1188 as primeiras cortes representativas, ou modernas se se quere, de Europa e tamén do mundo xa que a elas foron chamados por vez primeira os representantes das cidades.

Foi tamén un gran viaxeiro xa que, en realidade, toda a corte de conselleiros, nobres, diplomáticos, e toda caste de xentes, transhumaban dun castelo a outro; dun pazo a outro, dunha Casa Grande a outra. E aló onde estaba o rei, aló estaba a capital do reino. Tamén lle interesou a agricultura,

Un deses lugares que poden chamarse por dereito propio “Antigas Capitais Galegas” é Soesto, no actual concello de Laxe, onde foi veciño (en varias ocasións) do casal do Arrueiro, pode que no mesmo solar onde hoxe fica inda un importante pazo galego: O Pazo de Leis.

DSC_0141

O pazo de Leis en soesto, Laxe.

Así pois toda a corte estivo instalada mesmo a carón do castro de Castrelo, onde no ano 2009 apareceu un achado tan monumental como enigmático, que xa fora analizado no seu día por Manuel Gago en http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2009/08/18/importante-achado-arqueoloxico-na-ampliacion-da-estrada-a-laxe/

DSC_0137

Areal de Soesto.

Por todo o que se pode entrever na biografía deste personaxe,  non podemos por menos que preguntármonos que tiña Soesto para ser escollido polo rei? Por que decidiu instalarse tan preto dun castro monumental ou o que é o mesmo, canto de monumental e prestixioso tiña o castro e o seu solar como para que o rei o escollera coma tela de fondo da súa actividade rexia? Toda esta zona, en realidade, chegou a ser o epicentro da lexitimidade política de gran escala galega, xa que nela asentaba as súas raigañas morais e ideolóxicas aquel que firmaba como “Principis Gallaecie” Pedro Froilaz, Conde de Traba que tanto axudara ó avó de Afonso IX.

É doado imaxinar o rei dando un paseo até o inmediato Castro de Castrelo, acompañado dos seus logo de ter despachado cos nobres, arranxado asuntos e comido unha empanada de maragota con viño de Ribadavia. Leva inda faragullas na barba. Á volta, xa no pazo, unha vella  pasaralle un alicornio por mor dunha pezoña que ten nunha perna dende que sendo neno tocara unha toupa.

CAM00676

O poder do Alicornio. Foto X. A. Gavilanes 2013

Mais información sobre a corte itinerante do Rei nestas páxinas

http://e-spania.revues.org/18626

http://www.concellodelaxe.com/turismo/info.php?id_seccionweb=121&id_info=3

Advertisements

Unha resposta

  1. Elixio Vieites

    Bo artigo Miguel. Mira unha cousa ..e tería que ver algo con este rei O Monte do Castro da Torre . ( moi cerca do Castro de Castrelo) ,na foto do voo americano do 56 parece adiviñarse aínda os restos dunha construción. http://patrimoniogalego.net/index.php/48977/2013/08/monte-do-castro-da-torre/
    Saúdos

    Setembro 25, 2014 ás 11:53 am

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s