"O blog da SAGA"

Imaxes da presentación da oferta editorial da SAGA na Biblioteca pública de Verín. 27 de Novembro de 2014.

Unha vez mais fomos acollidos na biblioteca Pública do Concello de Verín. Esta vez tivemos a oportunidade de presentar a nosa xa amplia oferta editorial. Tamén avanzamos en primicia algún dos temas que levamos ó prelo co novo número de Fol de Veleno, o Anuario da SAGA nº 5, que sairá ás rúas a primeiros do ano 2015 cunhas 250 páxinas de artigos sobre a cultura galega. Queremos pois agradecer tanto á multipremiada biblioteca pública de Verín – Varios premios María Moliner de animación á lectura, entre outros – no só por acollernos dentro da súa variada programación senón por facelo sen apenas tempo de reacción pola súa parte. Coidamos que a súa eficacia organizativa debería ser premiada tamén. Sen dúbida un gran exemplo do bo traballo que fan moitas das bibliotecas públicas galegas.

Esta é unha pequena mostra das imaxes desta actividade. Agradecemos especialmente os veciños das terras de Monterrei e tamén á Concelleira do Concello de Verín Corona Meixeira a súa presenza no acto.

Inicio da presentación. Foto Biblioteca de Verín

Inicio da presentación. Foto Biblioteca de Verín

SAM_4007

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s