"O blog da SAGA"

I Mascarada Ibérica Viana do Bolo -Vilariño de Conso Día 17 e 18 Xaneiro 2015

I-Máscarada-Iberica--cartel--Tamaño-30x20--

O entroido Galego é cada día mais grande. Hai tempo que merecía un evento desta magnitude e grazas o esforzo titánico de Jorge Domínguez, especialmente, e dos membros das asociacións de Vilariño de Conso e de Viana do Bolo esto xa é unha realidade.
Se participar no entroido galego sempre é unha boa idea, nesta ocasión e dagora en adiante, facelo será ademais un acto de orgullo galego. Un orgullo aberto á todas as boas achegas e con vontade de traballar xuntos en todo o que nos une e nos fai mellores como unahparte principal da cultura Europea.

Asi precisamente o teñen considerado outros interlocutores e por iso neste ano pasado a SAGA tivo a honra de poder levar a imaxe do noso entroido a un dos mais grandes e mellores establecementos culturais de Europa, onde a calidade dos contidos do noso entroido e por ende da nosa Cultura foi obxecto de admiración e, por que non orgullo de pertencer a unha das grandes civilizacións e culturas que conformaron e conforman o panorama deste vello continente.
No xa presente 2015, e como informaremos mais adiante, estaremos tamén levando a nosa cultura galega por bandeira, no Museo de Binche, Bélxica e na Cidade Europea da Cultura de Mons, no mesmo pais.

Lembren se o desexan

https://sociedadeantropoloxicagalega.wordpress.com/2014/01/09/a-saga-aporta-parte-dos-seus-fondos-documentais-para-unha-exposicion-do-mucem-o-museo-das-civilizacions-de-europa/

https://sociedadeantropoloxicagalega.wordpress.com/2014/03/18/a-saga-e-o-museo-das-civilizacions-de-europa-e-o-mediterraneo-dende-o-26-de-marzo-ate-o-4-de-agosto-de-2014/

Os grupos que estarán presentes no gran evento de Viana e Vilariño demostran o gran catalizador de solidariedade que é o entroido. Un ideal, unha ideoloxía orientada á unión e bos sentimentos que sintetizan todo aquilo que nos fai humanos.

Imaxe e deseño do Cartaz Obra do compañeiro Pedro G. Losada (SAGA)

Está previsto que os fulións e demais grupos fagan o seu percorrido precisamente na orde na que figuran no propio cartaz.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s