"O blog da SAGA"

A SAGA na Primeira edición da Mascarada Ibérica en Viana do Bolo e Vilariño de Conso 2015

Nesta pasada fin de semana de xaneiro de 2015, tivo lugar a I Mascarada Ibérica en Viana do Bolo e Vilariño de Conso. As vellas montañas das Terras Altas tremeron de novo co son dos Folións no medio da invernía. A cor e o ritmo encheron a paisaxe ancestral, os espazos poboáronse da cultura que xurdiu e correu, como un cachón, dende as tan simbólicas alturas da serra.

O folión encarna de maneira excelente os valores da sociedade tradicional como son a solidariedade, o esforzo colectivo e calidade humana. Todos eles ficaron ben defendidos e actualizados nestes dous días de xenerosidade e orgullo, nos que o Fulión creou de novo ó seu redor un espazo en un tempo para compartir, expresarse e comunicar.

A carón dos bombos, das musicais aixadas e gadañas tamén, o mundo dobra e adquire propiedades diferentes e mellores das que tiña en orixe. Ó redor do folión o mundo é mellor. Os viaxeiros adquiren a condición de veciños e estes viaxan cara o interior de si mesmos para rescatar o verdadeiro espírito da natureza humana: A comunidade sostida polos seus símbolos.

Nos, a SAGA, podemos dicir que aló estivemos. Nun evento de primeira magnitude que só é posible como produto dunha tradición poderosa e fonda desenvolvida directamente, sen intermediarios, pola xente. Eles son os verdadeiros e únicos expertos e responsables da súa xestión cultural.

Jurrus, Caretos, Volantes, Piliqueiros, Mázcaras e Sidros valeron tanto como os anfitrións Boteiros  de Viana do Bolo e Vilariño de Conso. Crearon xuntos un espazo e un tempo máxicos no que todos xuntos reforzaron quen é cada un, todos son imprescindibles.

Nesta histórica primeira edición do evento quedou patente unha verdade. Xa o temos dito: O autenticamente valioso é ser parte dunha realidade común na que cada un, co seu xeito e verdade, é imprescindible para entender a totalidade. O contrario levaría a ficar reducido á categoría de anécdota ou capricho cun valor local.

Así pois, para a SAGA foi unha honra extraordinaria a de poder sentirse partícipe da alegría desta xente, a nosa xente, e queremos agradecer o feito de que nos quixeran facer entrega dun precioso símbolo da nosa relación.  Para nos a entrega deste agasallo significa : “ A SAGA progresa adecuadamente na súa aprendizaxe”.

Así pois, xente dos Folións e Fuliós, moitas grazas por permitirnos observar, axudar, e aprender. Para iso estamos.

Eis un pequeno video montado con son ambiente do día 18 en vilariño.

Poden contemplar tamén algunhas outras imaxes no novo albúm de Pedro G. Losada para a SAGA.

https://www.facebook.com/pedro.g.losada/media_set?set=a.4967637644610.1073741867.1709266045&type=1&pnref=story

Advertisements

Unha resposta

  1. Pingback: A SAGA no Alalá especial Entroido. | SOCIEDADE ANTROPOLÓXICA GALEGA

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s