"O blog da SAGA"

A SAGA celebra as III Xornadas do Entroido de Galiza.

Miguel Losada

Secretario SAGA

Será outra vez na cidade de Pontevedra, desta Volta no Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA). Como de costume contaremos cunha importante escolma de poñentes con moito que aportar sobre o tema do entroido, xunto cunha nutrida exposición de traxes e elementos propios deste ciclo festivo e ritual galego, que se complementará cunha non menos interesante e valiosa exposición fotográfica.

A entrada é de balde, coma sempre, e haberá visitas guiadas pola exposición. Nela, e grazas ó formato da mostra, poderemos dialogar con quen queira facelo dende dentro dun contexto que evoca, na medida do posible, aquilo que trata de representar, todo elo co gallo de animar á participación das persoas nas súas comunidades locais antes que a trasladarse a participar, moitas veces como meros espectadores, nos espectáculos doutros lugares.

Así pois, o obxectivo é recoñecer -recoñecer, segundo os casos- a esencia do local dentro do fenómeno amplo do entroido de Galicia. O albo é lembrar, saír con máis preguntas que respostas xa que as preguntas, as boas preguntas adoitan ser máis motivadoras que as pretendidas respostas.

Vexan, se o desexan,  e participen na exposición e nas charlas. Preparen en cadanseu entorno, aldea, parroquia, ou vila, o entroido do vindeiro ano. Investiguen, procuren, pregunten e inventen sobre a base da tradición e terán o éxito asegurado.

cartaz entrudo 3_001

Programacion prevista

Programacion prevista

O noso agradecemento ao concello de Pontevedra pola súa colaboración a estas xa terceiras xornadas sobre o entroido, especialemnte á Concellería de Festas que, como cada ano apoia este proxecto, e este ano tamén á Concellería de Patrimonio por cedernos o uso do Centro de Interpretación das Torres Arcebispais. Grazas tamén ás amigas de Etnoga (xestora do CITA) por porse á nosa enteira disposición para levar a bo porto este evento.

Advertisements

2 Respostas

  1. Pingback: O CITA acolle as III Xornadas do Entroido da SAGA | CITA

  2. Pingback: O CITA acolle as III Xornadas do Entroido da SAGA | CITA

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s