"O blog da SAGA"

A SAGA no Alalá especial Entroido.

Recentemente,  a SAGA vén de participar nun dos programas emblemáticos da TVG, o Alalá. Desta volta este espazo de divulgación da canle galega está dedicado ó Entroido e nel interveñen grandes coñecedores do tema coma o señor Juan Antonio Pinza, Emilio de Quintela, ou Xan Carlos González e Jorge Minas entre outros igualmente importantes.

Fonte: www.crtvg.es
Fonte: http://www.crtvg.es

Sitio do programa onde se pode visionar este especial:

http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/alala

O espazo da TVG viaxa cara á primeira Mascarada Ibérica, en Vilariño de Conso e Viana do Bolo, onde folións e fulións de Viana, Vilariño, Manzaneda, Chantada, O Bolo, Maceda, Portugal, León, Asturias poideron compartir e traballar xuntos a prol dunha cultura que se reivindica como común e solidaria.

https://sociedadeantropoloxicagalega.wordpress.com/2015/01/20/a-saga-na-primeira-edicion-da-mascarada-iberica-en-viana-do-bolo-e-vilarino-de-conso-2015/

I-Máscarada-Iberica--cartel--Tamaño-30x20--

O Alalá visita Verín, Oímbra, Xinzo, Maceda, Laza, Castro de Laza, Vilariño de Conso, Viana do Bolo, Manzaneda, Ourense, Pontevedra, As Eiroás, Cobres, O Ulla, Sarreaus, Covelo, Salcedo, Hío, Aldán entre outros lugares con importantes Entroidos.

Participan Rafael Quintía, Miguel Losada e Xosé Anxo Rosales, da Sociedade Antropolóxica Galega, SAGA. Pablo Carpintero, Antonio Reigosa e Félix Castro, investigadores musicais e culturais e tamén bos amigos que colaboran coa SAGA. Lois Pardo, activista cultural de Ourense que impulsou a creación do entroido da Pita; con numerosos traballos de divulgación relacionados coa etnografía, a mitoloxía popular e a literatura oral, ademais de José o Ghaitas, o Gaiteiro do Piñeiro, do Entroido de Aldán.

As intervencións de Federico Cocho ou dos colaboradores da SAGA constitúen motivos máis que de sobra para ver o programa.

Aparecen pois, os compañeiros da SAGA, dando a cheda e tratando de aportar unha parte cando menos, da nosa visión deste elemento absolutamente fundamental para entendermos boa parte da cultura dos galegos.

Inda así, pode que o mellor motivo para ver o programa sexa atender a todos os demais participantes tanto ós que falan como os que o fan inda máis alto e claro que os demais, cos seus feitos a prol da nosa cultura,  vestíndose, tocando, sendo e estando en clave galega, como O Gaiteiro de Escornabois ou O Xastre de Castro xa finados. No caso do “Xastre”, Don Francisco Añel, precisamente nas II Xornadas do Entroido de Galiza, organizadas pola SAGA, celebradaso ano pasado tivemos a honra de dedicarlle unha pequena homenaxe.

Mais a verdadeira protagonista deste programa especial do Alalá é precisamente a cultura galega, unha vez máis. Calquera achega ó respecto dela non pode ser máis que unha respectuosa homenaxe, tamén, á súa fondura de contidos e solidez e actualidade da súa mensaxe.

O noso agradecemento ao programa e produtora do Alálá, da TVG, ós compañeiros que interveñen no programa, á paisaxe galega por arrouparnos coa súa beleza e ó Bar do Jorge en Tintores, Verín Ourense, onde un home que coñece a máxica linguaxe das árbores abriunos a porta para gravar a cuberto.

Dende aquí así o dicimos, animando tanto a ver o programa e inda máis a gastar cultura galega participando no vindeiro entroido do ano 2016 cos ollos postos na singular maneira que os habitantes do vello solar galego tivemos sempre de relacionármonos con ese universo paralelo e mellor que é o Entroido Galego.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s