"O blog da SAGA"

Contra a Morte das Linguas: Presentación do novo libro de Miguel Moreira Barbeito. O vindeiro 06 de marzo, ás 19.30 horas, na Biblioteca Pública Municipal de Verín

CARTAZmIGUEL_001

O vindeiro 06 de marzo, ás 19.30 horas, a Biblioteca Pública Municipal de Verín acollerá a presentación do libro “Contra a morte das linguas. O caso do galego ” do escritor naronés Miguel Moreira Barbeito.

Baixo este título, editado por Xerais, preséntase unha perspectiva anovadora para a interpretación de dúas realidades interdependentes: a diminución da diversidade lingüística, no nivel planetario, e a situación do galego, no local. Devandito ensaio é resultado da tese de doutoramento de Moreira Barbeito (Ferrol, 1983) dirixida pola escritora e profesora Teresa Moure; e a mesma supón unha aproximación ecolóxica ao proceso de morte de linguas mediante o emprego dun modelo metodolóxico que vai do xeral ao particular, alén de facer fincapé en cuestións fundamentais como o concepto de dereito lingüístico ou os procesos de normalización.

Este novo enfoque advirte, entre outras cousas, da perda de falantes da lingua galega e enfatiza sobre a importancia de establecer pautas normalizadoras que garantan o porvir tanto deste coma dos outros idiomas do mundo. Pero a pesar de este eido da sociolingüística ser considerado tradicionalmente como pesimista, a obra enmárcase na liña do entusiasmo comprometido e de liberación. Polo tanto, trátase dunha proposta de análise en chave positiva que desbota as visións catastrofistas e que pretende, neste momento crítico, tirar proveito dos argumentos que sinalan unha alternativa de futuro para as linguas minorizadas nos innúmeros contextos de conflito lingüístico.

Todos/as os/as usuarios/as poden informarse tanto na web da Biblioteca , como no perfil da mesma en Facebook

https://www.facebook.com/pages/Biblioteca-P%C3%BAblica-Municipal-de-Ver%C3%ADn/104133986331021?fref=ts

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s