"O blog da SAGA"

As III Xornadas do Entroido da SAGA en Imaxes.

Grazas ó noso compañeiro Miguel Ângelo Bieites, sempre na primeira liña de traballo e persoa de vital importancia na SAGA xa que é o deseñador de capas de publicacións como Fol de Veleno, entre outras, podemos agora dispor destas imaxes dos relatorios que se desenvolveron nestes dous días no CITA de Pontevedra.

Entroido 2015

Luis Bará, Concellal de Movilidade, Patrimonio cultural e etnográfico e do Centro Histórico, na introdución do primeiro día.

Entroido 2015

Bará, Rafa Quintía e Xosé Fuentes Alende a piques de comezar a primeira intervención. A Corrida da Rosca foi o tema central da exposición do investigador.

Entroido 2015

Entroido 2015

Falando do entroido de Campañó.

Entroido 2015

Hector Salgado, de Laza, Ourense, construtor e deseñador de instrumentos de percusión. Salgado é o responsable do obradoiro tradicional “Morenita percusión”.

Entroido 2015

O compañeiro da SAGA Miguel Losada, termando dun “power point vintage”

Entroido 2015 Entroido 2015

O colaborador da SAGA o escritor e investigador Carlos Ares transmitiu o espírito do entroido de Viana do Bolo, no oriente galego.Entroido 2015 Entroido 2015

O compañeiro Xosé Anxo Rosales no comezo do segundo día de charlas, falando do entroido de Marcón e a súa posibilidade de recuperación plasmada no novo número das Monografías da SAGA, o nº3,  xa dispoñible, e da cal é autor o propio Rosales.

Entroido 2015 Entroido 2015

Entroido 2015

Entroido 2015

Carmela Sanchez, responsable da empresa ETNOGA Patrimonio Cultural e colaboradora de Patrimonio Galego.net, entre outras outras moitas cousas, presentou unha unidade didáctica deseñada para os escolares de infantil e primaria. A calidade do futuro depende do esforzo do presente.

Entroido 2015 Entroido 2015

Xerardo Santomé, autor do xa case mítico libro Treboada Galega, todo un referente para o coñecemento da música de Galicia, expoñendo o seu traballo sobre o Entroido de Hio.

Entroido 2015 Entroido 2015

Suso Fariñas que veu dende Xinzo da Limia, presidente da Asociación A Pantalla,  fixo unha emotiva e sabia presentación do entroido Limiao. Ca súa intervención transportou ós presentes ó interior do traxe de Pantalla.

Entroido 2015

Para rematar, Carme Gallego, Cesar Loureiro e Xan Aparicio fixeron levitar ó edificio mediante a máxia da corda frotada. Impresionante regalo co que xa é a terceira vez que nos agasallan nestas Xornadas do entroido da SAGA

Advertisements

Unha resposta

  1. Pingback: San Xonás patrón putativo do entroido. Actividades da SAGA no Entroido 2016 | SOCIEDADE ANTROPOLÓXICA GALEGA

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s