"O blog da SAGA"

ESTREA DO DOCUMENTAL “CENTEEIRA”

Este  venres 13 de marzo do do 2015 ás 20 h no Centro Social de Cabanas – Salcedo –Pontevedra preséntase o documental “CENTEEIRA-Por cada semente, cen”.

Este traballo audiovisual realizado polo compañeiro da SAGA João Bieites completa a triloxía de CONSTRUCIÓNS VEXETAIS EFÉMERAS NO VAL DO RÍO TOMEZA (GAFOS), un proxecto audiovisual de tres documentales realizados pola Sociedade Antropolóxica Galega para os amigos da asociación Vaipolorío que tanto e tan ben fan pola conservación e divulgación do noso patrimonio natural, neste caso o venecellado ao val do río Tomeza.

10993489_412145928952671_1716206672482968540_n


Neste documental poderemos ver traballos como:
•SEMENTEIRA “á manta”
•CONTRUCIÓN DE INSTRUMENTOS VEXETAIS “gaitas de ferrán”
•SEGA con fouciño ( faise entre San Xoán e San Pedro)
•ELABORACIÓN DE ODIAS PARA FACER AS MOLLOS
•ENMEDADO ( construcción das medas )
•MALLA( separar a palla do gran) de dous xeitos: con mallos e sobre barricas

PRODUCIDO POLA SOCIEDADE ANTROPOLÓXICA GALEGA (SAGA) PARA VAIPOLORÍO.
Este documental foi realizado coa colaboración da Comunidade de montes de Salcedo

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s