"O blog da SAGA"

Arquivo para Maio, 2015

PUBLICAMOS AS “ATAS DAS JORNADAS DAS LETRAS GALEGO-PORTUGUESAS 2012-2014”

capa atas galego-portugues

Para a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) publicar as actas das Jornadas das Letras Galego Portuguesas que cada ano, dende o 2012, se celebran en Pitões das Junias supón unha oportunidade para cumprir e afondar no noso obxectivo da divulgación dos diferentes aspectos vencellados á antropoloxía e á historia de Galiza. Este labor editorial, ofrécenos, asemade, a posibilidade de apoiar e dar respaldo ao traballo que Desperta do teu sono (DTS) vén realizando, nos últimos anos, con tanta ilusión e entrega, para o fomento das relacións galaicoportuguesas e do coñecemento do noso pasado e cultura comúns. É por elo de xustiza recoñecer e apoiar con esta publicación o traballo dun colectivo como o DTS.

A través desta nova publicación poñemos a disposición do lector interesado os traballos expostos nas diferentes e sempre ilustrativas palestras que durante as edicións dos anos 2012, 2013 e 2014 se desenvolveron neste encontro internacional xa de referencia obrigada para todo aquel que queira achegarse e coñecer ese marabilloso universo cultural compartido entre galegos e portugueses.

Datos técnicos desta Publicación:

Editorial: Sociedade Antropolóxica Galega

Impresión: branco e negro

Tamaño: 24×16 cm

268 páxinas

I.S.B.N. 978-84-16121-28-1

Depósito legal: OU 128-2015

PVP: 15 €

Advertisements

PRESENTACIÓN DO NOSO ANUARIO “FOL DE VELENO” EN LUGO

Este venres 22 de maio, ás 19.00, preséntase na librería Trama de Lugo a nosa publicación ” Fol de Veleno, Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza” 2015.

capa fdv 5

FOTO DO ACTO:

11350621_469803443174435_8404651203280629577_nDe esquerda a dereita:Joseé M. Álvarez, Rafael Quintía e Miguel Losada


A SAGA NA “Á RAIA: I MOSTRA DE CINEMA IBÉRICO”

A Sociedade Antropolóxica Galega está presente nesta “Á RAIA. I Mostra de Cinema Ibérico” que se organiza en Portugal. O compañeiro e realizador da SAGA João Bieites presentará nesta mostra que se celebra na vila portuguesa de Chaves o noso último documentario “Centeeira. Por cada semente, cen”. Un audiovisual dirixido por João Bieites e realizado pola SAGA para o colectivo Vaipolorío. É para nós un auténtico pracer en honra ter sido convidados pola organización para participar neste evento cinematográfico transfronteirizo. Muito obrigado também a Sandra Pinho.

Programa Mostra À Raia

centeeira-por-cada-semente-cen

INFORMACIÓN DA ORGANIZACIÓN:

O Cineclube de Chaves encontra-se em funcionamento no Teatro Experimental Flaviense e traz até si a primeira edição da Mostra “À Raia!”, por onde passarão filmes portugueses e galegos. O programa inclui curtas-metragens de ficção e documentais, com um rico percurso por festivais de cinema. Haverá também momentos de discussão em mesa redonda sobre o acesso ao cinema no interior do país.

Entrada livre.

Mais informações: http://www.facebook.com/cineclubedechaves

Organização: Cineclube de Chaves
Apoio: Teatro Experimental Flaviense, INDIEROR