"O blog da SAGA"

Carro de doce bías na Romaría da Malla.

Podemos dicir que, na SAGA, preferimos estar onde está a acción. Iso quere dicir que consideramos que a fondura, forza e complexidade da Cultura Galega falan por si mesmas para quen saiba ou queira escoitar. Xa que logo, gastar, consumir ou actualizar permanentemente os seus mecanismos e procesos que a caracterizan como produto dunha sociedade tradicional, fan que esta siga inscrita no ciclo do tempo. Esa é unha tarefa que require o concurso colectivo de todas as persoas interesadas, incluída pois, a SAGA.

Por iso estivemos nesta pasada fin de semana vivindo dentro do pobo de Punxeiro, nas alturas das serras orientais ourensás. Aló desenvolveuse unha iniciativa singular, xa que a Romeria da Malla 2015 non pretendía “representar” a malla tradicional do pan e o seu programa de contidos asociados, senón que foi verdadeiramente unha seitura desenvolvida polas persoas que hai corenta anos inda a facían pero aberta á participación de calquera persoa interesada. Cunha preciosa parella de bois de raza Vianesa aportados polo gran Mario Nogueira carretouse nun carro do pais unha carrada de doce bías que foi parar á aira para que a mallasemos a man e tirar dela o pan que encheu os sacos. Xogos tradicionais, os mesmos que acompañan a unha actividade tan importante como a seitura, e unha comida popular co seu baile baixo os varias veces centenarios castiñeiros de Punxeiro, foron todo o que se precisou para que a xornada fose como unha medicina para a nosa cultura. A posibilidade de transmitir ós mais novos, directamente dende o saber dos mais respectados da comunidade, o orgullo de sermos galegos no ten prezo xa que contribúe a garantir a continuidade da identidade galega. Polo tanto, na SAGA debemos agradecer, ás xentes de Punxeiro semellante iniciativa así como a hospitalidade que nos fixeron sentir. Tamén a todos os que axudaron para que fose posible, especialmente ós de Quintela do Pando e amigos, que deron a cheda especialmente, coma sempre, demostrando o que valen os mozos e mozas de Galicia.

A seguir, apenas unhas imaxes e un pequeno video como pálido reflexo do gran ambiente que se viviu esta fin de semana en Punxeiro. Para ver mellores imaxes recomendamos a visita do perfil da SAGA nas redes sociais.

https://www.facebook.com/pages/Sociedade-Antropol%C3%B3xica-Galega/282578825125026?ref=hl

e, en breve, no do fotógrafo da SAGA Pedro G. Losada

https://www.facebook.com/pedro.g.losada?fref=ts

Comeza a sega na seara.

Comeza a sega na seara.

Xurden os mollos

Xurden os mollos

A SAGA observa e aprende para documentar.

A SAGA observa e aprende para documentar.

A decisiva tarefa do atado.

A decisiva tarefa do atado.

Rematando o a ata.

Rematando o a ata.

Mario Nogueira e os seus magníficos bois

Mario Nogueira e os seus magníficos bois

Bois da prestixiosa raza Vianesa

Bois da prestixiosa raza Vianesa

Carro cargado. Doce bías ben asentadas.

Carro cargado. Doce bías ben asentadas.

Carro na aira.

Carro na aira.

Xogo da ra.

Xogo da ra.

A Rá á espera..

A Rá á espera..

Lendas da sega.

Lendas da sega.

Sega ca fouce.

Sega ca fouce.

Preparando o concurso.

Preparando o concurso.

Comezan os xogos no gran lameiro.

Comezan os xogos no gran lameiro.

Lanzamento.

Lanzamento.

Lanza Emilio

Lanza Emilio

DSC_0452DSC_0453

Un home libre.

Un home libre.

Estilo Fariñas

Estilo Fariñas

Carreira de carretillos.

Carreira de carretillos.

DSC_0524DSC_0561DSC_0581DSC_0612

Saída dos sacos.

Saída dos sacos.

Homes sen medo.

Homes sen medo.

DSC_0913DSC_0925

Polos mesmos motivos aproveitamos para convocar tamén no pobo de Punxeiro, as persoas interesadas en coñecer e gozar dunha festa das adegas que é xa un imprescindible para calquera axenda ben aviada. Será o vindeiro día 10 de Outubro de 2015. Para garantir o calidade da festa, en relación ó tamaño do pobo de Punxeiro, o número de entradas é limitado. Xa saben…

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s