"O blog da SAGA"

Albión Galaica. Unha viaxe de regreso polas antigüidades e tradicións de Gales e Inglaterra.

capa albion galaica_001

Cando no inverno do ano 2013 visitamos a Illa da Gran Bretaña non estaba no noso alvo tanto tender unha ponte como mais ben percorrer a que outros tenderan xa nun pasado remoto.
Sabemos que os camiños volven ó mato do que saíron cando deixan de seren honrados polos que amasan cos pes as súas paisaxes. Cegos os camiños, xa non habería perspectivas, referentes ou diversidade e ficaría instaurado un mundo, ominoso, de verdades absolutas e sen matices.
É por elo que a nosa viaxe á Illa pretendeu ser unha a prol das verdades relativas, abertas, diferentes das pechadas sobre si mesmas, aquelas, pois, que teñen unha natureza poliédrica e, xa que logo, o poder de establecer viortos con outras dentro de cadanseu contexto.
Este libro quere botar un guizo para manter acesa a lapa da aventura. Inclue debuxos tomados das notas de campo e de gabinete, imaxes sobre o terreo e impresións tiradas das notas que atesoura o viaxeiro curioso. Esta acción editorial quere ser en si mesma tanto unha mensaxe como un factor de escala e acto de coherencia formal para unha obra que quere interpelar dende o mesmo plano que calquera persoa pode empregar para leela ou libremente como guizo en si mesma, para prender ó seu xeito e se así cumprise, calquera lapa ventureira.

Con esta viaxe encetamos unha liña de traballo que poderiamos sintetizar en algo así como “afirmación e importancia do propio en función de que o compartimos cos demais”. Se estes tamén posúen unha versión instalada dos “nosos” contidos e a consideran valiosa, entendemos que iso mesmo reforza o valor daquelo que nos caracteriza xa que, así, forma parte dunha diversidade da que é unha peza fundamental para entender a totalidade. Se os pobos dos paises de Europa foran xuntos de merenda, malia que cumprise unha boa aira, e todos levaran algo propio, característico de cada un; se nesa festa todos contasen contos e tocasen música, quen se sentiría alleo?

Este libro quere botar un guizo para manter acesa a lapa da aventura. Inclue debuxos tomados das notas de campo e de gabinete, imaxes sobre o terreo e impresións tiradas das notas que atesoura o viaxeiro curioso. Esta acción editorial quere ser en si mesma tanto unha mensaxe como un factor de escala e acto de coherencia formal para unha obra que quere interpelar dende o mesmo plano que calquera persoa pode empregar para leela ou libremente como guizo en si mesma, para prender ó seu xeito e se así cumprise, calquera lapa ventureira.

En breve anunciaremos as datas e lugares das vindeiras presentacións desta obra do compañeiro da SAGA, Miguel Losada.

Como exemplo dos contidos, e tono xeral desta obra, Eis un anaco dun dos capítulos da mesma.

” Outro caso moi interesante e practicamente descoñecido é o do lugar coñecido como “ A Igrexiña dos Mouros” na parroquia de Cabreiroá, no Concello de Verín. Este enigmático lugar está moi preto, do nacente das famosas augas minero medicinais. A tradición local, certificada pola denominación que lle ten atribuído, relaciona esta estrutura non investigada cun contexto cutual a través da palabra “igrexiña”. O mesmo micro topónimo indica a escuridade e antigüidade que agachan as orixes da edificación predicando dela que é “dos mouros”.

A forma que revela a imaxe dixital, e o extraordinario contexto doutros restos que fican na contorna mais inmediata, levan a pensar que se cadra pode haber unha relación entre o significado da “Igrexiña do Mouros” e o significado doutros xacementos estudados na Gran Bretaña.

O Templo a Coventina, a carón do Muro de Adriano, e a planta do enigmático edificio á beira dos nacentes de Cabreiroá, Verín.

O Templo a Coventina, a carón do Muro de Adriano, e a planta do enigmático edificio á beira dos nacentes de Cabreiroá, Verín. Debuxo SAGA e imaxe a partires dunha de Elixo Vieites.

Seguindo neste punto as investigacións de Díez de Velasco[1], sobre o tema da auga e a relixión, ou da teoloxía termal, na súa propia denominación, podemos dicir que dado que por todo o continente existiu un culto ás divindades dos nacentes termais é moi probable que nunha fonte tan importante como a de Cabreiroá  puidera ter existido un culto semellante ó testemuñado polos achados e datos verificados noutros lugares.

Neste sentido, a deidade COHVETENA aparece na zona galaica. Téñense atopado aras[2] dedicadas a ela no “Agro dos Curveiros” na parroquia de Parga, Friol, Lugo, e tamén en Santa Cruz de Loio Paradela, Lugo. O interesante do caso é que os achados galaicos puideron ser relacionados co culto acuático –culto ás Ninfas-  cando os traballos de Monteagudo e Lambrino a mediados do século XX, completan o seu contexto cos achados británicos, onde á mesma entidade esencial aparece de-nominada como COVENTINA, CONVETI(NAE), ou COVONTINE, entre outras variantes. Efectivamente, nun sitio concreto do norte da illa, no Muro de Adriano, en Carrawburgh na estación Brocolitia, apareceron catorce inscricións desta clase. En palabras de Diez de Velasco sobre o significado da relación entre as dúas zonas:

“La importación a la zona galaica en época romana de una divinidad indígena britana por parte de soldados hispanos que hubiesen servido en el Muro de Adriano no parece una actuación lógica. El préstamo religioso suele cumplir funciones sociológicas como la de identificación que limitan las posibilidades de elección restringiendo el ámbito de la piedad personal”

 O autor explica á seguir como o mais probable e admisible e que:

 “la única explicación para la presencia del mismo teónimo (aunque con disparidad de grafías) provendría de una identidad prerromana de los pobladores de ambos territorios”.

 Esta hipótese deriva de feitos como o de que  os galaicos tiñan un sobrado elenco de dioses locales (Sic.) ós que recorrer; tamén de que á grafía do nome da divindade varía un pouco, tal como faría unha variante cultural respecto de outra e tal como NON faría un empréstito relixioso; ademais, se se tratase dun síntoma mais do proceso xeral de aculturación, aqueles indíxenas, postos a incorporar unha deidade, probablemente terían adoptado unha que fose romana en lugar daquela pertencente a outra cosmovisión alóctona e non dominante mais aló do seu ámbito. Tamén neste sentido, compre ter en conta que as manifestacións publicas dun culto, como son estas de Lugo, cumpren unha función social que non poderían asumir mediante o expediente de recorrer a unha deidade non homologada pola comunidade.

Trátase, en definitiva, de saber de que era avogosa ou padroeira Cohvetena/Coventina, ou de saber cal ou cales eran os seus elementos naturais nativos atribuídos, antes que de dubidar da súa identidade compartida. Se cadra, se algún día se estuda este lugar do sur de Galicia, poida confirmarse que o xacemento da conta da existencia dunha continuidade do culto ás augas salutíferas ou “santas”, tan común por todo o país galego, como é notorio. Dadas as condicións obxectivas da contorna de Cabreiroá, a bo seguro que reuniu tamén as subxectivas para poder exercer de morada dunha divindade. Cohvetena/Coventina é unha candidata “natural”. Se cadra algún día poderase saber.” 

[1] Monografía 1 de Ilu. Revista de Ciencias de las Religiones, Madrid, 1998, 180 pp. (ISSN 1138.4972) cap.2

[2] Actualmente no Museo Provincial de Lugo

Para mais información sobre o xacemento británico:

http://theses.univ-lyon2.fr/documents/getpart.php?id=lyon2.2009.beck_n&part=159235

Un interesante estudo de M. Alberro ó respecto

http://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab2004PDF/2004%20071-090%20ALBERRO.pdf

O contexto do Muro de Adriano

https://richlyevocative.wordpress.com/2013/08/17/heading-west-in-the-north-east-a-walk-along-hadrians-wall/

O Campamento de Brocolitia

http://www.roman-britain.org/places/brocolitia.htm

E mesmo un retrato da mesma Deusa Coventina…

https://ericwedwards.wordpress.com/2014/04/11/the-goddess-coventina-of-northumbria/

Advertisements

Unha resposta

  1. Uns traballos moi bos, Losada; alégrome moito
    Xonche pra ler con máis calma
    [A pena é que tras esas novas verbas fican agochadas as máis antergas.
    É o raio do sincretismo que de tanto fagocitalo o enterra e saen as novas]
    Saúdos :)´

    Setembro 28, 2015 ás 8:28 am

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s