"O blog da SAGA"

Ciclo sobre Crenzas Antigas e Mitoloxía organizado pola Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Hoxe, 04 de maio de 2016, dará comezo o Ciclo sobre Crenzas Antigas e Mitoloxía organizado pola Biblioteca Pública Municipal de Verín.

 13100928_1062094833868260_54143229987068245_n

A cita de hoxe será co prestixioso investigador Felix Castro, corresponsable do gran traballo reflectido, por exemplo, a traverso do Arquivo Castro Vicente.

No salón de Actos do Concello ás 19:30 h

 

Sobre o equipo de traballo integrado por Cástor e Félix Castro Vicente

(Ourense, 1970) licenciados en Dereito pola Universidade de Salamanca, avogados, músicos e investigadores en música tradicional e etnografía galega. Félix Castro é ademais licenciado en Antropoloxía pola UNED.

Fundadores do grupo de folk asturiano Felpeyu e membros da AOFT Gomes Mouro de Ourense, Música Rabeosa e Sólidos Galicianos. Investigan o toque pechado na gaita, xeito antigo de tocar, e a recuperación da memoria dos gaiteiros e músicos ourensáns, principalmente Faustino Santalices. Tamén estudan o acordeón diatónico e a frauta de chaves na tradición galega. Teñen colaborado nunha vintena de discos e recopilatorios nacionais e internacionais.

No tocante a publicacións, son destacables O Catálogo de música tradicional da Limia, olibro-cd “Sons da Limia”, a exposición e cátalogo “Faustino Santalices. Tradición musical galega” e o congreso e actividades no seu homenaxe do ano 2011, do que se publicaron o libro de Actas (Difusora 2012). Colaboradores do proxecto Ronsel de recuperación do patrimonio inmaterial galego e do programa europeo “Oralities” de tradición oral, asesores musicais do programa Alalá da TVG.  Contan cunha boa colección de discos de xisto e antigos e pregos de cordel.

Noutros temas, a súa investigación está centrada actualmente na figura de Manuel Blanco Romasanta, o Home lobo de Esgos, lévaos a descubrir en 2011 un retrato del e a nova do seu falecemento no presidio de Ceuta en 1863, destino final descoñecido ata ese momento. Están especializados no Libro de San Cipriano e bibliografía ocultista do s.XIX e XX, do que Félix ten realizado diversos artigos e exposicións como “Libros do Demo” no museo da Deputación de Pontevedra, os libros do demo e o desencanto de tesouros en revistas de etnografía e bibliofilia galegas e españolas (revista Lethes, revista Hibris etc). Mesmo é reclamado de todo o orbe para desencantar tesouros e asesoramento máxico. Neste eido os plaxios superan con creces a súa produción.

Tamén son colaboradores da SAGA, especialmente do Anuario Fol de Veleno, e hoxe teremos o pracer de facer a presentación do seu impresionante traballo. 

Arquivo Castro Vicente

https://arquivocastrovicente.wordpress.com/que-e-o-arquivo-castro-vicente/

Ciclo Crenzas Antigas e Mitoloxía

https://www.facebook.com/Biblioteca-P%C3%BAblica-Municipal-de-Ver%C3%ADn-104133986331021/

Advertisements

Unha resposta

  1. Ana G.Rguez.

    Estimados amigos: Supoño que se poderán seguir vía streaming para os que lamentablemente non podíamos estar ahí. Será un pracer seguirlas! Un bico grande Ana El 4/5/2016 12:58, SOCIEDADE ANTROPOLÓXICA GALEGA escribió:

    sociedadeantropoloxicagalega posted: “Hoxe, 04 de maio de 2016, dará comezo o Ciclo sobre Crenzas Antigas e Mitoloxía organizado pola Biblioteca Pública Municipal de Verín. A cita de hoxe será co prestixioso investigador Felix Castro, corresponsable do gran traballo reflectido, por exempl”

    Maio 4, 2016 ás 3:01 pm

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s