"O blog da SAGA"

VIAXE CON NÓS AO PAÍS DOS IMAZIGHEN.

DSC_1914

DSC_1245

Como é sabido, un dos principais obxectivos da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) é a investigación e a divulgación de todos os aspectos enmarcados dentro do campo da antropoloxía social e cultural de Galicia. A etnografía, a prehistoria, a historia de Galicia, a súa cultura tradicional —tanto material como inmaterial—, entre outros, son obxecto da nosa atención. Dentro deste campo de actuación entran tamén a promoción de todas aquelas actividades, publicacións, documentais, traballos e accións que vaian en beneficio da conservación, divulgación e investigación do noso acervo cultural galego.

aldea de Zaouiat Ahnsal, en el corazón del Atlas

Pero na SAGA sabemos que o único xeito que se se valore e respecte a diversidade cultural —entre elas a nosa, a cultura dos galegos e das galegas— é a través do coñecemento. Onde non hai coñecemento cultural sementa o estereotipo, o etnocentrismo, o racismo, a xenofobia, o temor e a desconfianza ao diferente, ao “outro”. E, en consecuencia, a desvalorización da grande riqueza para a Humanidade que supón a súa diversidade cultural. Por iso, para nós, como galegos e como especialistas no campo da antropoloxía, é fundamental tamén achegármonos ao coñecemento doutras culturas.

DSC_1296

Ao longo destes últimos anos na SAGA temos realizado viaxes de investigación a outros países (Inglaterra, Gales, Marrocos, Portugal) e a outras terras da Península Ibérica co aquel de afondar no coñecemento doutros pobos, doutras culturas, doutras formas de estar no mundo. Froito das suxestións recibidas por moitos amigos e colaboradores a raíz da divulgación destas experiencias viaxeiras e froito, asemade, da nosa necesidade de compartilas con aqueles que, coma nós, aman a súa cultura pero ademais tamén aman a divesidade cultural e as viaxes de coñecemento, decidímonos a promever esta “Iª Viaxe ao País dos Imazighen” co aquel de poder facervos partícipes das nosas experiencias viaxeiras e antropolóxicas.

19

Trátase dunha viaxe diferente, allea aos luxos do turismo masivo e dos complexos hoteleiros e na que iremos nun grupo reducido dun máximo de 12 persoas máis os acompañantes da SAGA. Propomos un xeito diferente e máis íntimo de achegarse á cultura bérber, á súa mitoloxía, á súa historia, ás súas tradicións e ao pasado milenario deste nobre pobo norteafricano. Se queres participar nesta experiencia, se queres vir co nós na procura dos segredos do pobo Imazighen, agora tes a túa oportunidade.

DSC_2338

DSC_1891

Os coordinadores e acompañantes da viaxe son os antropólogos Rafael Quintía e Miguel Alonso, ademais do etnógrafo e técnico en medioambiente Miguel Losada. Todos eles son membros da  Sociedade Antropolóxica Galega, monitores e viaxeiros experimentados. A súa misión será coordinar a boa marcha da viaxe, aprender xuntos e achegarlles aos participantes todos os coñecementos necesarios sobre a cultura na que pretendemos mergullarnos e sobre as xeografías físicas e míticas que imos explorar e, se o conseguimos, sorprendervos cada día cunha experiencia, un lugar ou unha historia inesquecible.

35

Para que o viaxeiro que nos acompañe nesta experiencia conte coas máximas garantías no servizo ofrecido, a viaxe contratarase coa axencia Viajes Circe S.L., unha axencia de viaxes galega legalmente rexistrada (CG 148) e con vinte anos de experiencia en contratación, xestión e organización de viaxes ao redor do mundo. Viajes Circe S.L. é a axencia na que a SAGA deposita a súa confianza para a organización e contratación desta viaxe.

DSC_1749

A continuación podedes descargar o folleto da viaxe con toda a información necesaria para facer a vosa reserva de praza. Lembrade, só hai 12 prazas para esta primeira viaxe promovida pola Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) coa organización técnica de Viajes Circe S.L.

Viaxe ao páis dos Imazighen. Marrocos (galego)

Viaje al país do los Imazighen. Marruecos (castellano)

DSC_1753

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s