"O blog da SAGA"

Arquivo para Outubro, 2016

I XORNADAS DE ANTROPOLOXÍA

Intermediarios do Alén: defuntos, encantos, curandeiros e chamáns”

2, 3, 4, 5 e 6 de novembro de 2016

Entrada Libre até completar aforo.

ORGANIZA:

Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA)

COLABORAN:

Concello de Pontevedra. Concellería de Cultura

cartaz-antropologia-i

PROGRAMA

rcores 2: Xornada de cinema etnográfico

-19:00h Apertura das xornadas e presentación do programa

-19:15h Proxección do documental “Em companhía da morte

-20:00h Coloquio co codirector do documental:Eduardo Maragoto e João Aveleno

Xoves 3: Xornada de cinema etnográfico

-19:00h Proxección do documental “Terra das Marabillas

-20:00h Coloquio co codirector do documental: Rafael Quintía

Venres 4:

-18:30h Apertura das do ciclo de conferencias

-18:45h Conferencia de Félix Castro: “Mouros, animas, demos e encantos nos grimorios e Ciprianillos”

-19:30h Conferencia de Buenaventura Aparicio Casado: “Petróglifos, canteiros e buscadores de tesouros”

-20:15h Mesa redonda

Sábado5:

Sesión de mañá:

-10:15h Benvida aos participantes

-10:30h Presentación do proxecto audiovisual “Palabras Secretas”, coa diretora Ana Lois.

-11:15h Conferencia de Carlos Victor Rodríguez: “Chamáns, cantores e rezadores entre os Tarahumara”

-12:00h Pausa café

-12.30h Conferencia de Marcial Gondar: “Romeiros do alén”

-13.30h Mesa redonda

Sesión de tarde:

-17:00h Conferencia de José Luis Cardero López: “Transformación e desdobramento”

-18:00h Proxección das curtas documentais da antropóloga Carmen Arnau Muro:

Los Chorses, un pueblo de la taiga de Siberia

Chamanismo siberiano: Ritual de despedida del invierno

-18:30h Conferencia de Carmen Arnau Muro: “Chamanismo siberiano”

-19:15h Mesa redonda e coloquio final

-20:00h Clausura das xornadas

Domingo 6:

10.00h. Visita guiada ao parque arqueolóxico de Tourón

Guiará a visita o antropólogo Buenaventura Aparicio Casado

Advertisements

ANUNCIARSE NO ANUARIO FOL DE VELENO

fol-de-veleno

Estamos pechando a publicación do “Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza” ano 2017.  Como sabedes todas as publicacións da SAGA son autofinanciadas pola propia organización. A inserción limitada de publicidade no anuario Fol de Veleno axúdanos a manter esta publicación que coidamos importante parta a divulgación dos temas antropolóxicos e históricos en Galicia. Se cres que merece a pena a existencia de publicacións deste tipo e queres colaborar con nós anunciándote no noso anuario, por favor, ponte en contacto a través do email infosaga@antropoloxiagalega.org e informarémosche das condicións.


PRESENTACIÓN DE ARTIGOS PARA O ANUARIO FOL DE VELENO 2017

PORTADA FOL DE VELENO 2016 N6

O vindeiro 30 de novembro remata o prazo de recepción de artigos para a nosa publicación  “Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza” ano 2017. Se tes algún artigo inédito ou traballo de investigación no eido da antropoloxía, historia ou arqueoloxía e queres publicalo agora tes unha oportunidade. Podes pórte en contacto con nós a través do email infosaga@antropoloxiagalega.org e mandarémosche as normas de publicación. Todos os artigos a publicar serán obxecto dunha revisión previa co obxecto de validar que se axustan ás normas de publicación en canto a contidos, rigor, interese, forma e obxectivos da publicación.


Berberechos da Ria de Muros e Noia. Unha paisaxe cultural de relevancia mundial.

No seu día, a SAGa colaborou activamente para acadar a declaración de  Paisaxe Cultural Patrimonio da Humanidade para a Ría de Muros e Noia. Nomeadamente, unha das xoias sobranceiras deste magno espazo de interese cultural é a actividade marisqueira realizada polas mulleres, eminentemente, desta ría. Un vídeo realizado polo fotógrafo da SAGA ó respecto, acadou unha gran relevancia nas redes e agora está dispoñible como un documento e homexe a estas mulleres traballadoras e esforzadas que manteñen viva a tradición ó tempo que contribúen á creación de riqueza mediante unha actividade tan ancestral como  é a procura do sustento no mar. Todo un orgullo para a cultura galega.

Imaxes relacionadas

https://www.facebook.com/pedro.g.losada/media_set?set=a.10200845572217478.1073741910.1709266045&type=3

Malia todo, non foi posible acadar os apoios necesarios para evidenciar unha vontade colectiva de acadar este obxectivo. Eis, agora, no blog da SAGA, en cualidade de promotores da proposta e para que así conste, o vídeo e a nosa posición ó respecto xunto co resumo da proposta presentada.

En 1972 a Conferencia Xeral da UNESCO aproba a “Convención sobre la protección del patrimonio mundial cultural y natural”.

O Organismo que inscribe os bens que integran este partimonio mundial é o Comité do Patrimonio Mundial. España é un do membros deste organismo, que é quen dita as instrucións para inscribir cada ben de interese.

Hai varios organismos independentes que asesoran no expediente de cada inscrición:

  • Consello Internacional de Monumentos e Sitios (ICOMOS)
  • A Unión Internacional para a Conservación da Naturaleza (IUCN)
  • Centro Internacional para o Estudo da Preservación e Restauración dos Bens Culturais (ICCROM).

11999646_10200845577337606_3024946186412282725_o

Para ser declarado Patrimonio da Humanidade os bens culturais deben cumprir algunha destas características:

  • Representar unha obra mestra do xenio creativo humano.
  • Ser a manifestación dun intercambio considerable de valores humanos durante un determinado período ou nun área cultural específica,(…) a planificación urbana ou o deseño paisaxístico.
  • Ser e aportar unha testemuña única ou excepcional, dunha tradición cultural(…).
  • Ser un exemplo sobresainte (…) ou de paisaxe que ilustre unha etapa significativa da historia da humanidade.
  • Constituir un exemplo sobresainte de hábitat ou establecemento humano tradicional, representativo de una cultura o de culturas agora vulnerables polo impacto dun cambio irreversible.
  • Estar directa e perceptiblemente asociado con acontecementos ou tradicións vivas, ideas ou crenzas de importancia, ou con obras artísticas ou literarias de significado universal excepcional.

En calquera caso, serán tamén moi importantes os criterios de autenticidade e de estado de conservación do ben relevante dende o punto de vista patrimonial.

11754724_10200847156017072_2337816623534192626_o

Cada Estado, establece unha lista indicativa e de revisión periódica, de bens que poden, eventualmente, ser inscritos. Este inventario de bens, expresa o recoñecemento internacional dos valores universais. Entrégase oficialmente no Centro do Patrimonio Mundial da UNESCO.

En España, o órgano responsable delo é o “Consejo del Patrimonio Histórico” como máximo ente consultivo na materia, e no que están representadas todas as Comunidades Autónomas. Este Consello eleva ó Goberno a lista indicativa, xustificada e contextualizada, de bens aspirantes.

10630570_10200848228603886_1823690890049567254_o

É competencia estatal a determinación da orde de prioridade e a oportunidade das inscricións. Para elo seguirá as recomendacións que figuran nas “Orientaciones operacionales para la aplicación de la Convención del patrimonio mundial “. Os expedientes deben enviarse ó Centro do Patrimonio Mundial antes do 1º de febreiro para ser sometido ó dictamén do Comité del patrimonio mundial da sesión do seguinte ano, no mes de xuño.

12002356_10200845574257529_5843919569584334528_o

Existen uns Órganos Consultivos que interveñen gracias co seu grupo de expertos para avaliar in situ cada proposición. Emitirán uns informes que serán estudados polo Comité del Patrimonio Mundial, primeiro na súa reunión de Xuño, e despois na sesión do mes de decembro, cando se completará e definirá cada posible inscrición, decidindo así a inclusión ou non no inventario.

Os criterios que entran en xogo con carácter xeral e son os de excepcionalidade, autenticidade e relevancia universal, como vimos. Ademais, primarán os valores de significado histórico, antropolóxico e etnolóxico. Serán especialmente importantes polo seu carácter previo perante outras consideracións, a autenticidade e a existencia acreditada dos sistemas de protección e xestión suficientes que garantan a conservación do ben.

12006429_10200845573697515_2495683701674142276_o

Os sitios ou paisaxes culturais, deberán ter entidade suficiente para representar a totalidade da paisaxe cultural que ilustran. Será ademais, posible propoñer zonas asociadas a grandes liñas ou redes de transporte y comunicación.

O Comité intenta, en xeral, acadar un equilibrio entre os bens culturais e naturais, ademais dunha axeitada distribución xeográfica de todos eles.

12032654_10200847155857068_532531364604699215_o

En calquera caso, o obxecto de cada expediente que dea lugar á cada declaración de inscrición, será evidenciar o feito de que a inscrición fará posible que o elemento considerado chegue a cumprir cando menos unha das seguintes funcións:

  • Testemuñar (…) acerca dalgunha tradición cultural de relevancia humana global ou xa desaparecida. (…)Ou da influencia moi marcada e singular dentro dun área cultural concreta, con extensións sobre acenos arquitectónicos, urbanísticos, paisaxísticos os cales resultan positivamente condicionados.
  • Ou constitúe un exemplo sobresainte do establecemento humano ou da ocupación do territorio, sendo isto representativo da prevalencia das culturas tradicionais, sobre todo cando son vulnerables fronte a mudanzas irreversibles.
  • Ou ofrece un exemplo sobranceiro (…) dunha paisaxe que ilustre un período significativo da historia humana.
  • Ou representa una obra mestra do xenio creador das comunidades humanas.
  • Ou aparece directa ou materialmente asociado con acontecementos ou tradicións vivas, ideas, crenzas ou obras artísticas e literarias que teñan unha significación excepcional.

12034462_10200851552086971_607066853804221188_o

Das paisaxes culturais

En 1992 a Convención do Patrimonio da Humanidade transformouse no primeiro instrumento legal internacional para o recoñecemento e a protección dos paisaxes culturais

Estes representan as “obras combinadas da naturaleza e do ser humano” designadas no Artigo 1º da Convención.

Son ilustrativas da evolución da sociedade e dos asentamentos humanos no tempo, baixo a influencia das restricións físicas e/ou as oportunidades que brindaba o seu entorno natural e as sucesivas forzas sociais, económicas e culturais, tanto internas como externas.

Reflicten técnicas específicas do uso sostible da Terra, tendo en conta as características  e os límites do entorno natural no que fican establecidas, ademais dunha relación espiritual específica ca natureza.

Neste sentido, son formas tradicionais do uso  útil para o mantemento da diversidade biolóxica.

A paisaxe organicamente evolutiva, é o resultado dun imperativo inicial social, económico, administrativo, e/ou relixioso que desenvolveu a súa forma actual en asociación con, e en resposta a, o seu entorno natural. Estas paisaxes testemuñan ese proceso de evolución na súa forma e nas características dos seus compoñentes.

Unha paisaxe viva é aquela que mantén un papel social activo na sociedade contemporánea, asociado co modo de vida tradicional, e no que o proceso de evolución está inda en progreso. Ó mesmo tempo amosa evidencias materiais significativas da súa evolución no tempo.

12038923_10200848227523859_2818535647575342133_o

Das condicións de viabilidade e sucinto DAFO ó respecto.

A actividade marisqueira na Ría de Noia posúe, pois, calidades antropolóxicas, históricas, etnográficas e vitais mais que acreditadas que fan dela unha acreedora obxectiva a seren declarada patrimonio mundial do xénero humano. Destacan entre eles:

  • A súa autenticidade en tanto que fenómeno vivo e ancestral que comunica directamente a realidade económica actual cos estadíos mais inveterados do proceso de sucesión cultural do noso xénero. Neste sentido dase a singularidade de que esta actividade constitúe unha paisaxe de estrutura relicta mais posta ó día polas xeracións sucesivas de mariscadoras da Ria de Noia, neste caso.
  • O feito de representar un insuperable exemplo da importancia e transcendencia da visibilización exitosa da actividade económica e cultural da muller, e un modelo de desenvolvemento exportable como modelo de organización a escala local. O factor antropolóxico de “xénero”, en definitiva actuaría a prol deste proxecto.
  • O carácter tradicional da actividade, desaparecida en xeral no resto do mundo e claramente ameazada a escala global e orientada dende os seus inicios con criterios sustentables.
  • A forte personalidade do fenómeno mesmo dentro da súa área cultural inmediata, Galicia.
  • A natureza endóxena, da comunidade local, do deseño, xestión e adaptación ós tempos da actividade, manifestada na xeometría cultural marcadamente horizontal da mesma.
  • A capacidade de influencia da actividade sobre outros acenos culturais dentro do marco da interface maritimo-terrestre de referencia, os cales fican positivamente condicionados (adaptados) dentro dunha órbita arredor da explotación do recurso marisqueiro.

12038722_10200848228403881_5901745585460478559_o

Son déficits que cumpriría subsanar:

  • Acreditar de xeito convincente, a existencia dos sistemas de protección e xestión suficientes que garantan a conservación do ben.

 

Referencias adicionais

http://whc.unesco.org/en/culturallandscape

http://ip51.icomos.org/landscapes/index2esp.htm#

 

12038730_10200845574457534_6793852737696995500_o

12032883_10200858128251371_1111188466029098190_o