"O blog da SAGA"

EAA Maastricht 2017. Theme 6: Interpreting the Archaeological Record. Sesión #410. Language in European Prehistory. E moito mais.

large_5030_0

http://www.eaa2017maastricht.nl/themes

 

Miguel Losada, Secretario SAGA

Arqueoloxía é Cultura e interpretar é a cuestión. Comprendermos os significados sen caer no erro de deixar que o coñecemento tolde o panorama e o método sexa un substituto da sabedoría. Construírmos pontes, lle chaman neste congreso, que está vertebrado por seis liñas de traballo que vistas dende Galicia semellan unha interpelación directa ó noso panorama. Algo construído para dar conta cumprida da situación en Galicia.

Esta pareidolia ben pode ser unha consecuencia da situación actual do patrimonio cultural galego, incluído ó arqueolóxico, como no caso da pretendida salvagarda do conxunto da Arte Rupestre Galega que tan escaso interese social e administrativo semella ter suscitado.

PZhIAxyjQTlGYHF-800x450-noPad

https://www.facebook.com/SOS-Arte-Rupestre-Galega-877792378989242/

https://assets.change.org/photos/0/hi/ax/PZhIAxyjQTlGYHF-800×450-noPad.jpg?1479136792

Na prensa
http://pontevedraviva.com/xeral/31298/reclaman-declaracion-arte-rupestre-gallego-patrimonio-humanidad/?lang=es

http://historiadegalicia.gal/2017/05/o-ppdeg-di-non-que-arte-rupestre-sexa-patrimonio-da-humanidade/
http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/49341-reclaman-xunta-inicie-tramites-declarar-petroglifos-galegos-patrimonio-humanidade
http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/56673-pleno–ppdeg-rexeita-xunta-inicie-tramites-arte-rupestre-sexa-patrimonio-humanidade

As anteditas liñas de traballo:
– As actuais políticas europeas e os procesos centrípetos asociados con elas en relación co patrimonio cultural e a actividade arqueolóxica.

– A Convención da Valleta, Malta, ou European Convention on the Protection of the Archaeological Heritage, do Consello de Europa e que é efectiva dende maio de 1995, pretende a protección do patrimonio cultural arqueolóxico en tanto que fonte da memoria colectiva europea. Un tratado que, por exemplo, abrangue ó conxunto da arte rupestre galega. Farase unha análise comparativa da situación e de cómo ten sido aplicada nos diferentes espazos administrativos do continente.

– A conexión entre a sociedade e definición do enfoque, do método de investigación ou mesmo de publicación dos estudos e resultados.

– A teoría e a práctica arqueolóxicas vistos á luz das novas tecnoloxías, ou da “Terceira Revolución”. Como aproveitar ó máximo as actuais posibilidades sen instituílas en trincheira reducionista.

– Cal é a relación entre a escala temporal e espacial ampla e os resultados locais? Pódense establecer relacións?

– Interpretar implica establecer relacións, tender pontes pois, entre moitas perspectivas e enfoques. Escollemos como exemplo a sesión #410 Language in European Prehistory.

Eis os resumos das intervencións.

Abstracts Book

Programa xeral provisional en xlsx.

EAA 2017 Programme 15052017 1636 hrs for publication

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s