"O blog da SAGA"

Novo libro da SAGA: “ACHEGAS AO PATRIMONIO INMATERIAL GALEGO”

A SAGA vén de publicar un novo traballo: “Achegas ao Patrimonio Inmaterial galego”.

A presente obra conforma un libro coral que compendia nove traballos de diferente autoría, diversos en canto a temática, estilo e enfoque pero que comparten todos eles o denominador común de tratar temas do noso Patrimonio Inmaterial. Áreas de coñecemento que van dende a mitoloxía, ata a relixiosidade popular pasando polas festas tradicionais, as crenzas ou os ritos aínda vivos na cultura tradicional.

O libro foi coordinado polo antropólogo Rafael Quintía, creador e docente do curso da UNED  “Mitoloxía, crenzas, rituais e manifestacións festivas da cultura tradicional galega. Un achegamento antropolóxico ao patrimonio inmaterial de Galicia“, ao abiero do cal naceu este libro que contén unha escolma de traballos de investigación ao redor do Patrimonio Inmaterial galego feitos polos seguintes autores e autoras: Sara Alonso Mallo, Lina Álvarez Iglesias, Carlos X. Ares Pérez, Víctor Caride Abalde, Ana Durán Penabad, Pilar López Vilas,  Lidia Mariño Ventoso, Natividad Rey Ordóñez e Cruz Vázquez Torres.

portada api

Características técnicas:

Coordinador: Rafael Quintía Pereira
Autores/as: Sara Alonso Mallo, Lina Álvarez Iglesias, Carlos X. Ares Pérez, Víctor Caride Abalde, Ana Durán Penabad, Pilar López Vilas,  Lidia Mariño Ventoso, Natividad Rey Ordóñez e Cruz Vázquez Torres.
Editorial: Sociedade Antropolóxica Galega
Impresión: Branco e negro
Tamaño:23×16
202 páxinas
Ano: 2018
I.S.B.N.: 978- 84-948682-1-4
PVP: 15€

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s