"O blog da SAGA"

ÁNGEL GILBERTO MARTÍNEZ “PAPIGIL” CONTANDO AS LENDAS DA PENA MOLEXA

Hai apenas dous meses foise o noso amigo e compañeiro Ángel Gilberto Martínez Seoane, coñecido por todos co cariñoso alcume de Papgil.  Marchou unha persoa extraordinaria deixando un fondo baleiro en todos nós. Na SAGA queremos pensar que o bo de Ángel marchou ao alén a facer traballo de campo porque o aquén xa se lle quedaba pequeno e a súa ansia por saber levouno a emprender viaxe á Terra dos Benaventurados.

Este ano, nas III Xornadas sobre Antropoloxía, rendímoslle unha pequena homenaxe dedicando estes actos á súa memoria e proxectando un vídeo inédito que lle graváramos hai xa varios anos e no que Ángel nos conta dende a Pena Molexa algunhas das fermosas lendas que atesoura esta xoegrafía mítica do noso país.

Agora queremos subir este vídeo á nosa canle de youtube para manter viva a memoria do noso compañeiro.  Un pequeno xesto que,  unido ás nosas mostras de cariño nas redes sociais ou ao artigo que fixo o compañeiro Miguel Losada na web Historia de Galicia ( http://historiadegalicia.gal/2018/09/morreu-angel-gilberto-papigil-un-dos-grandes-divulgadores-do-patrimonio-galego/?fbclid=IwAR1bvUVz4uGh-nokezeH_8LhPDFEdoiabGRMgQBs48NvLifM-GMzsSPS0rQ) sirvan para manter viva a súa lembranza, porque nós non esquecemos aos nosos e moito menos se, ademais, eran bos e xenerosos como o foi Ángel Gilberto Martínez Seoane Papigil.

Agarda por nós compañeiro, alí onde esteas.

Rafa Quintía

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s