"O blog da SAGA"

Arquivo para Marzo 20, 2019

Volve a nosa revista: CADERNO DE CAMPO 2019. ESPECIAL ENTROIDO

boletin_Página_001

Tras un parón no que, debido á carga de traballo e aos múltiples proxectos nos que estabamos embarcados, nos vimos obrigados a suspender a publicación da noso revista Caderno de campo, podemos anunciar con alegría que volve á rúa “Caderno de campo. Boletín informativo da Sociedade Antropolóxica Galega”.

E facémolo cunha equipa editorial renovada e ampliada, o que nos permite recuperar este proxecto divulgativo e facémolo ao grande. Nace así este novo número e novo formato de Caderno de campo que reaparece en formato especial dedicado á nosa festa ritual máis importante do ano: o Entroido. Un número que compendia oito artigos de diferentes investigadores socios e colaboradores da SAGA, así como dúas fabulosas reportaxes fotográficas dos nosos fotógrafos colaboradores Pedro G. Losada e Roberto de la Torre, así como crónicas e seccións propias do boletín.

Non queriamos deixar pasar esta ocasión para dedicar este número especial de Caderno de campo ao nos compañeiro Ángel Gilberto Martínez “Papigil”, que tristemente nos deixou o ano pasado. Un colaborador asiduo e entusiasta do Caderno de campo e do que publicamos a súa derradeira e inédita crónica fotográfica.

Esperemos que sexa do seu interese e que gocen coa lectura deste novo Caderno de campo 2019. Especial entroido.

 

VISIONADO ON LINE E DESCARGA.CONSULTE NESTA LIGAZÓN O CADERNO DE CAMPO 2019. ESPECIAL ENTROIDO:

CADERNO DE CAMPO 2019 ESPECIAL ENTROIDO

boletin_Página_004

boletin_Página_100

Advertisements