"O blog da SAGA"

Arquivo para Maio 15, 2019

CELEBRANDO A DEDICATORIA A ANTÓN FRAGUAS DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2019

Dende a Soceidade Antropolóxica Galega (SAGA) queremos amosar a nosa ledicia porque este ano 2019 a Real Academia da Lingua Galega tivese a ben dedicarlle o “Día das Letras Galegas”  a quen foi, e segue a ser, un dos representantes máis senlleiros da antropoloxía galega, un dos seus fundadores. Un persoeiro fundamental para o coñecemento etnográfico da nosa cultura, un auténtico referente e exemplo cuxa pegada sigue viva hoxe en día.

anton fraguas con firma digital

Por todo iso, como xeito de celebración deste día e como homenaxe a Don Antón Fraguas, durante os vindeiros 10 días iremos sacando á luz horas de material audiovisual inédito do noso arquivo propio da SAGA.  Vídeos, documentais, conferencias e outros contidos irán sendo diariamente colgados nesta nosa bitácora para disfrute de todos e achega ao  coñecemento da nosa cultura.

Esperemos que os materiais sexan do seu interese e que teñan o vindeiro 17 de maio un moi feliz Día das Letras Galegas… e que a promoción e revalorización da nosa lingua e da nosa cultura non remate nese día senón que perdure todo o ano e todos os anos.

 

Advertisements