"O blog da SAGA"

Arquivo para Novembro, 2019

Presentación de “Fol e Veleno nº8”

Este venres 8 de novembro ás 20h presentamos “Fol de veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza” nº8. A cita será no Local da Federación de Veciños Castelao, na rúa Gagos de Mendoza s/n, baixo a Praza da Liberdade de Pontevedra. Quedan todos e todas convidados.

 

presentacion fol de veleno 8


Publicamos o anuario “Fol de Veleno” nº8

Xa está na rúa “Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza” nº8.  Dende esta semana está disponible o nos anuario ben a través da nosa web ou solicitándoo na súa libraría de confianza. As publicacións da SAGA distribúense a través de Consorcio editorial galego (http://www.consorcioeditorial.com/).

Achegamos o sumario deste número así como a editorial.

DATOS TÉCNICOS:
ANO:2019
MEDIDAS:24×17
264 páxinas
IMPRESIÓN:Branco e negro
I.S.S.N. 2253-8437
PVP: 15 €

WhatsApp Image 2019-11-04 at 10.28.17

WhatsApp Image 2019-11-04 at 10.28.25

WhatsApp Image 2019-11-04 at 10.28.35


IV XORNADAS DE ANTROPOLOXÍA DA SAGA.”Viaxe e Antropoloxía: Migración, turismo, expedición e introspección”

Xa están aquí as IV Xornadas de Antropoloxía da Sociedade Antropolóxica Galega. Este ano dedicadas a achegar unha ollada antropolóxica ao mundo da viaxe en todas as súas dimensións, dende a migración ata a viaxe de investigación e a expedición, pasando polo turismo, as viaxes interiores ou a noción romántica da aventura.

A cita é do 22 ao 24 de novembro en Pontevedra. As charlas será no espazo cultural Nemonon, ao cal agradecemos a súa colaboración. Unhas xornadas que, un ano máis, contan coa colaboración e apoio do Concello de Pontevedra, Concellería de Patrimonio.

Este ano contaremos coa presenza das antropólogas Luzía Oca, Cristina Valdés e Carmen Arnau Muro, así como co antropólogo José Luis Cardero, o historiador Santiago del Valle e o explorador Diego Cortijo. Unhas xornadas, sen lugar a dúbidas, que serán fascinantes e agardamos sexan moi enriquecedoras para todos os asistentes..

Toda a información sobre o programa, actividades e horarios no dípticos adxuntos.

cartaz antropologia IV

programa antropologia 4 reverso

programa antropologia 4