VIII Xornadas sobre o Entroido de Galiza
Conferencias das VIII Xornadas sobre o Entroido da Galiza, que se levaron a cabo os días 28 e 29 de febreiro de 2020. Este ano contou con Julio I. González, Lidia Mariño e Chema Cibeiro (Rexionalista do Teo) como conferenciantes. Os veciños da Asociación de Felos e Madamas de Esgos tamén fixeron unha intervención sobre o Entroido tradicional deste concello.
Ademais, neste marco presentamos dous libros relacionados coa temática: Emi Cagiao o libro Historia e recuperación do Entroido de Samede, e Carlos X. Ares Festividades de inverno na provincia de Ourense, obra que o fixo gañador do Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais 2020.
Conferencia de Emi Cagiao. Presentación do libro Historia e recuperación do Entroido de Samede.
Conferencia da Asociación de Felos e Madamas de Esgos (Ourense), O Entroido de Esgos.
Conferencia de Julio I. González, O Mundo do revés. O teatro de Entroido en Galicia.
Conferencia de Carlos X. Ares. Presentación do libro Festividades de inverno na provincia de Ourense. Actuación do grupo musical Escaravellos.
Conferencia de Lidia Mariño, A figura da Vella no Entroido.
Conferencia de Chema Cibeiro (A Rexionalista do Teo), A Danza de Entroido na Ulla.
Deixar unha resposta