AS PUBLICACIÓNS DA SAGA ONLINE
Na SAGA levamos anos socializando gran parte dos nosos traballos. Dende documentais, pezas audiovisuais ou fotografía etnográfica ata o noso anuario Fol de Veleno, libros, artigos e outras publicacións editadas pola nosa entidade. Un traballo a prol da nosa cultura sempre motivado polo ánimo de divulgar o coñecemento antropolóxico, no seus senso máis amplo, e de achegarche á cidadanía o maior número de materiais, actividades e cotidos culturais que nós consideramos de interese e importancia para o coñecemento, conservación e valorización do acervo cultural galego e da diversidade cultural do Mundo, en xeral. A continuación deixamos nun só post todas as ligazóns para o visionado en liña de moitas destas publicacións:
ACTAS DAS XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA
FOL DE VELENO. Anuario de Antropoloxía de Historia de Galiza
CADERNO DE CAMPO. Boletín informativo da Sociedade Antropolóxica Galega
XA ESTÁ AQUÍ “CADERNO DE CAMPO” Nº12, MAIO 2020
Acabamos de publicar o novo número de “CADERNO DE CAMPO. Boletín informativo da Sociedade Antropolóxica Galega”. Un número de 140 páxinas cargado de artigos, novas, crónicas das nosas actividades e moitos máis contidos.
VISIONADO ON LINE:
“ACTAS II XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA”. Dispoñibles online
Libro coas actas das II Xornadas sobre o Entroido de Galiza, celebradas pola Sociedade Antropolóxica Galega no ano 2014. Contén os textos de todas as conferencias así como outros contidos e artigos extra.
VISIONADO ONLINE:
LINK DE DESCARGA: