"O blog da SAGA"

Arquivo para Agosto, 2020

NACE “CANXAR. REVISTA DE FOTOGRAFÍA ETNOGRÁFICA”. A nova publicación da SAGA

Durante Os meses de confinamento dende a SAGA estivemos aproveitando estes tempos raros e difíciles para madurar novas ideas e facelas realidade, sempre con ese afán de traballar a prol da divulgación e do fomento da Antropoloxía en todas as súas formas posibles. Nace así  “Canxar. Revista de fotografía etnográfica”. Unha publicación da Sociedade Antropolóxica Galega fundada co fin de promocionar, valorizar e divulgar a fotografía etnográfica e o traballo dos seus autores e autoras, así como visibilizar o campo da antropoloxía visual, en xeral. A revista ten unha vocación internacional, por iso se edita en formato dixital e en tres idiomas (galego, español e inglés), buscando chegar ao maior número de público interesado posible. Ademais, seguindo a nosa filosofía de intentar achegar o coñecemento á sociedade “Canxar”  é de visionado libre na web http://antropoloxiagalega.org e na plataforma ISSUU. Tentamos con este proxecto chegar a canta máis xente posible, achegar a nosa cultura galega a outros recunchos do mundo e, asemade, achegármonos a outras culturas e a outras formas de ollar e de estar no mundo.

Queremos dar as grazas publicamente a todas as autoras e a todos os autores que colaboraron neste proxecto cos seus traballos. Tamén ao Museo Etnolóxico de Ribadavía e ao Museo Etnográfico Casa do Patrón polas súas desinteresadas achegas e, como non, ao doutor en Historia da Arte Carlos Arturo Fernández Uribe polo seu magnífico artigo.

Se está interesado en publicar os seus traballos na revista pode pórse en contacto connosco no email: infosaga@antropoloxiagalega.org

 

DATOS EDITORIAIS:

DIRECCIÓN: Rafael Quintía Pereira

DESEÑO ARTÍSTICO: Ana Durán Penabad

EDICIÓN: Dixital

IDIOMAS: galego, español e inglés

COLOR

PERIODICIDADE: Semestral

ENTIDADE EDITORA: Sociedade Antroplóxica Galega (SAGA)

LUGAR DE EDICIÓN: Galicia (edición dixital)

ISSN: en xestión

DEPÓSITO LEGAL: OU 139-2020

 

DESCARGA LIBRE:

CANXAR. Revista de fotografía etnografica Nº1 2020

 

VISIONADO EN LIÑA: