"O blog da SAGA"

Arquivo para Maio, 2022

Presentación de “Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e historia de Galiza” nº10

O vindeiro mércores 1 de xuño ás 19h presentamos o nº 10 de “Fol de Veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza“. O acto, para o que é precisa inscrición, terá lugar no Centro Asociado da UNED en Pontevedra e a SAGA comprácese en convidalos a todos/as. Máis información no seguinte enlace: https://extension.uned.es/actividad/27290&codigo=27290


Conferencia da compañeira Ana Durán

O vindeiro sábado 14 de maio ás 19h no Centro Sociocomunitario de Mañón (O Barqueiro) a compañeira da SAGA Ana Durán Penabad impartirá a conferencia “As lendas do Cristo de Mouraz”. Unha actividade organizada polo Concello de Mañón.


Xa está na rúa o noso anuario “Fol de veleno” nº10

Acabamos de publicar o novo número de “Fol de veleno. Anuario de Antropoloxía e Historia de Galiza”. Xa o podedes pedir nas librarías ou directamente á SAGA a través do email infosaga@antropoloxiagalega.org

Para máis información sobre os contidos do noso anuario deixamos aquí o sumario e a editorial deste novo número que fai xa o 10.


A compañeira Lidia Mariño nas X Jornadas Galego-Portuguesas.

Un ano máis a SAGA colabora na organización das Jornadas Galego-Portuguesas que se celebran en Pitões das Júnias os días 7 e 8 de maio. Nesta edición participa a nosa compañeira Lidia Mariño coa conferencia “Quen é a Vella? Tralas pegadas da Gran Deusa primixenia”. Toda a información e o programa aquí: http://despertadoteusono.blogspot.com/