"O blog da SAGA"

2. BOLETÍN CADERNO DE CAMPO

XA ESTÁ AQUÍ “CADERNO DE CAMPO” Nº12, MAIO 2020

Acabamos de publicar o novo número de “CADERNO DE CAMPO. Boletín informativo da Sociedade Antropolóxica Galega”.  Un número de 140 páxinas cargado de artigos, novas, crónicas das nosas actividades e moitos máis contidos.

VISIONADO ON LINE:

 

 

 

 


Volve a nosa revista: CADERNO DE CAMPO 2019. ESPECIAL ENTROIDO

boletin_Página_001

Tras un parón no que, debido á carga de traballo e aos múltiples proxectos nos que estabamos embarcados, nos vimos obrigados a suspender a publicación da noso revista Caderno de campo, podemos anunciar con alegría que volve á rúa “Caderno de campo. Boletín informativo da Sociedade Antropolóxica Galega”.

E facémolo cunha equipa editorial renovada e ampliada, o que nos permite recuperar este proxecto divulgativo e facémolo ao grande. Nace así este novo número e novo formato de Caderno de campo que reaparece en formato especial dedicado á nosa festa ritual máis importante do ano: o Entroido. Un número que compendia oito artigos de diferentes investigadores socios e colaboradores da SAGA, así como dúas fabulosas reportaxes fotográficas dos nosos fotógrafos colaboradores Pedro G. Losada e Roberto de la Torre, así como crónicas e seccións propias do boletín.

Non queriamos deixar pasar esta ocasión para dedicar este número especial de Caderno de campo ao nos compañeiro Ángel Gilberto Martínez “Papigil”, que tristemente nos deixou o ano pasado. Un colaborador asiduo e entusiasta do Caderno de campo e do que publicamos a súa derradeira e inédita crónica fotográfica.

Esperemos que sexa do seu interese e que gocen coa lectura deste novo Caderno de campo 2019. Especial entroido.

VISIONADO ON LINE E DESCARGA.CONSULTE NESTA LIGAZÓN O CADERNO DE CAMPO 2019. ESPECIAL ENTROIDO:

CADERNO DE CAMPO 2019 ESPECIAL ENTROIDO

boletin_Página_004

boletin_Página_100


CADERNO DE CAMPO Nº10. DECEMBRO 2014

Novo número do<strong> CADERNO DE CAMPO</strong>, o boletín informativo da SAGA. correspondente ao último cuatrimestre do ano 2014.

Podedes consultalo tamén, ou descargalo libremente, dende  a paltaforma ISSUU:

 http://issuu.com/cadernodecampo/docs/cadernodecampo_10_b/0


CADERNO DE CAMPO Nº9

Xa está aquí o novo número do CADERNO DE CAMPO nº9, o boletín informativo da SAGA. correspondente ao último cuatrimestre.

Como nos números anteriores, podedes consultalo tamén ou descargalo libremente n a web da SAGA  ou dende a plataforma:

http://issuu.com/cadernodecampo/docs/caderno_de_campo_n__9._agosto_2014

 

 


CADERNO DE CAMPO Nº8. ABRIL 2014

Xa está publicado o novo número do boletín informativo da SAGA: “Caderno de campo” Nº8. Abril 2014. Un número onde o Entroido está moi presente. Aquí o tendes para consulta on line ou descarga.

 

 

LIGAZÓN:

http://issuu.com/cadernodecampo/docs/caderno_de_campo_n__8._abril_2014?e=4321997/7873546


CADERNO DE CAMPO Nº7. Decembro 2013

Xa está publicado o novo número do boletín informativo da SAGA: “Caderno de campo” Nº7. Decembro 2013. Desta vez vimos cargados de artigos, novas, descubrimentos e moitas cousas máis nesta edición especial de Nadal de case 50 páxinas. Aquí o tendes para consulta on line ou descarga.

LIGAZÓN

http://issuu.com/cadernodecampo/docs/caderno_de_campo_n__7._decembro_201


CADERNO DE CAMPO Nº6. AGOSTO 2013

Acabamos de publica-lo novo número do boletín informativo da SAGA: “Caderno de campo” Nº6. Agosto 2013. Aquí o tendes para consulta on line ou descarga.

LIGAZÓN:
http://issuu.com/cadernodecampo/docs/caderno_de_campo_n__6/3?e=0


CADERNO DE CAMPO Nº5. ABRIL 2013

Xa á vosa disposición o novo número do boletín informativo da SAGA: “Caderno de campo”. Recoméndovos este número polo interesante artigo do compañeiro Xabier Moure e polos novos achados de petróglifos dados a coñecer polo compañeiro José Gavilanes.

LIGAZÓN:
http://issuu.com/cadernodecampo/docs/cadernodecampo_5_web?mode=window


CADERNO DE CAMPO Nº4 Decembro 2012

Acabamos de publica-lo cuarto número de “CADERNO DE CAMPO. Boletín informativo da Sociedade Antropolóxica Galega” .
Achegámo-lo noso boletín CADERNO DE CAMPO para que o poidades consultar on line e descargar.

LIGAZÓN:
http://issuu.com/cadernodecampo/docs/caderno_de_campo_n_4_decembro_2012_alta_resoluci_n?mode=window&backgroundColor=%23222222


CADERNO DE CAMPO Nº3. SETEMBRO 2012


CADERNO DE CAMPO Nº2. ABRIL 2012


CADERNO DE CAMPO Nº1. DECEMBRO 2011


Nº 1 de “CADERNO DE CAMPO. BOLETÍN INFORMATIVO DA SAGA”

boletin CADERNO DE CAMPO Nº1 dec-2011

Tamén o pode ver na ligazón:

Fai clic para acceder a boletim_dec-2011_op.pdf