"O blog da SAGA"

3. ACTIVIDADES

VI Xornadas do Entroido da SAGA

27654758_1571377076245188_2383438475536349466_n

27458905_1571377049578524_4401367888148444439_n

Advertisements

II XORNADAS DE ANTROPOLOXÍA DA SAGA: “O SAGRADO E O PROFANO”

cartaz antropoloxía

Xa están aquí as II Xornadas de Antropoloxía que organiza a Sociedade Antropolóxica Galega coa colaboración do Concello de Pontevedra. Este ano o tema a tratar será  “O sagrado e o profano”. Unha nova oportunidade ara mergullarnos nos segredos da antropoloxía e gozar e formarnos con algúns dos mellores expecialistas galegos na materia. A continuación o programa e toda a información necesaria sobre as datas, horas e lugar para que ninguén se perda estas xornadas.

 

II XORNADAS DE ANTROPOLOXÍA 

O sagrado e o profano: relixiosidade, santuarios, deidades e rituais

24, 25, 26 de novembro de 2017

PROGRAMA

Venres 24:

Lugar: NEMONON. Espacio multidisciplinar creativo en torno a la arquitectura

R/ Marqués de Riestra nº11, 1º. Pontevedra

-18:30h Apertura das do ciclo de conferencias

-18:45h Conferencia de Xosé M. Vázquez Rodríguez: “As vésperas: Introdución á festa e á romaría”

-19:30h Conferencia de Xosé Ramón Mariño Ferro: “A relixión tradicional de Galiza”

-20:15h Mesa redonda

Sábado 25:

Lugar: Casa da Luz

Praza da Verdura, Pontevedra.

Sesión de mañá:

-11:00h Benvida aos participantes

-11:15h Conferencia de Cristina Sánchez-Carretero:“Santuarios improvisados e espazo público: unha visión transnacional”

-12:00h Pausa café

-12.30h Conferencia de Buenaventura Aparicio Casado: “Ritos de iniciación. O mito da viaxe do heroe ao Inframundo”

-13.30h Mesa redonda

Sesión de tarde:

-17:00h Conferencia de Antón Malde: Escavación e estudo do santuario de Penafurada de Coirós

-18:00h Conferencia de José Luis Cardero López: Os camiños desde o Numinoso e o Sagrado: Homo Necans e crise sacrificial”

19:00h Mesa redonda e coloquio final

19:30h Clausura das xornadas

Domingo 26:

10.00h. Visita guiada ao Parque de Arte Rupestre de Tourón, Ponte Caldelas. Guiarán a visita o historiador Buenaventura Aparicio Casado.

programa antropoloxia II

programa antropoloxia I


A SAGA na Euskal Herría Kultur Festa 2017 en Barakaldo.

Miguel Losada. Secretario SAGA

Este vindeiro día 29 de Setembro na SAGA teremos a honra de participar na Heuskal Herria Galiza Kultur Festa en Arteagabeitia-Zuazo, en Barakaldo. Ese día, ás 19h, xunto con Aitor Gorostiza, do grupo de danzas da Ibarra-kaldu elkartea e grande coñecedor da cultura tradicional. Compre expresar o noso agradecemento tanto á Asociación de Veciños de Arteagabeitia-Zuazo, ó Concello da cidade de Barakaldo, ó Centro Galego de Biscaia e ó resto de colaboradores. Tamén á Biblioteca Pública Municipal de Verín, valedores da cultura galega, pola proposta e as xestións realizadas neste sentido xa que, coma sempre, contan connosco coma colaboradores.

Desta volta e despois de facelo varias veces na BPMV e noutros foros, compre falarmos de “Entroidos en Euskal Herria e Galizia”, cousa que faremos, pois, no Centro Galego de Bizkaia diante da nosa xente de por aló e quen decida achegarse pola Asociación de Veciños de Arteagabeitia-Zuazo.

EHgaliza2017triptikobaja_002

 

EHgaliza2017triptikobaja_001

Galicia é un vello país abarloado a babor de Eurasia. Aparenta terra firme, mais pode que en realidade sexa unha gran dorna fondeada na beira do vello continente. Un navío, como aquel imaxinado por Saramago, xestionado por unha cultura propia respecto da cal, e como en calquera caso de insularidade, resultan moito mais complexas as dinámicas Dentro-dentro que aquelas derivadas dos circuítos Dentro-fora.

O denominado Antigo Réxime (finais do século XV a mediados do XIX) púxolle sitio e, non podendo asimilala, ficou illada, desbotada dende “a Terra-de-fora” e mais aló, de xeito que o que foi o primeiro reino de Europa aló no século V, a próspera e vizosa cultura medieval, nai de dous estados, ficou fermosa no alto mar, atendendo o seu amigo.

A insularidade galega é algo referendado tanto pola historiografía como por outras disciplinas, entre elas as ciencias sociais, que sempre lle deron á Galiza un tratamento selectivo que tivo o efecto de agachar o rol da cultura galega dentro do contexto peninsular e europeo. Neste contexto, moitas veces definido como arcaizante, non só o Entroido senón moitos outros acenos da cultura galega permaneceron, e inda fican, fieis a si mesmos grazas a teren as súas raigañas fundidas na cerna da estrutura da sociedade tradicional. Sobre a idea da xestión dos espazos comunais – os físicos e os simbólicos – desenvolveuse todo o ciclo ritual galego até finais dos anos 60 do pasado século. Dende aquela, a nave galega vai cinguindo ó vento dos tempos cara un rumbo incerto. Eis o Entroido, do que agora falaremos, en tanto que epítome dunha cultura digna dunha boa empopada.

O Travador Emilio Arias e a escritora Toti Martinez de Lezea na BPMV, o pasado 9 de xuño de 2017.

Efectivamente, aló fomos e temos que dicir que moitas grazas pola proposta de falarmos de Entroido Galego no Centro Galego de Barakaldo . Abofé que foi unha emocionante oportunidade de compartirmos inquedanzas a prol da nosa Cultura nun senlleiro solar galego no mundo. Un Centro cunha historia e traxectoria impresionante, tal e como poidemos coñecer de primeira man, o mais antigo do continente e o segundo do mundo tra-lo de Montevideo. Contades co máximo respecto por parte da nosa entidade, a Sociedade Antropolóxica Galega, SAGA.
Moi satisfeito tamén por podermos compartir mesa e conversa con xente de tanta valía e coñecemento como Aitor Gorostiza. E moi agradecidos tamén á Biblioteca Pública Municipal de Verín polas xestións, pola proposta e polo apoio recibido para esta actividade de encontro Vasco Galaico, no Heuskal Herria Galiza Kultur Festa 2017. Eskerrik asko eta elkar ikusi arte!
Moi agradecido e até sempre. Avante toda, para a Cultura Galega!


“AMÉRIKA PROHIBIDA”:CONFERENCIA DO INVESTIGADOR ECUATORIANO MANUEL PALACIOS VILLAVICENCIO

Coincidindo coa súa estadía en Europa, o investigador ecuatoriano Manuel Palacios Villavicencio dará este mércores 6 ás 20h unha conferencia en Pontevedra na que falará das súas 11 expedicións á coñecida Cueva de los Tayos, así como doutros enigmas arqueolóxicos de América

Manuel Palacios ofrecerá os resultados das súas investigacións e achegará a súa particular visión sobre o pasado da América precolombina e das súas primeiras civilizacións. Unha oportunidade para coñecer investigacións e olladas diferentes sobre a historia de America.

Manuel Palacios é investigador de Patrimonio Cultural e asesor científico para programas de divulgación científica, epigrafista e experto en proto-escrituras e petróglifos, membro honorario do Indian Board of Alternative Medicines e do SKC-Medicine Research Center, L.A. California.

A conferencia, organizada pola Sociedade Antropolóxica Galega, terá lugar na Casa das Campás ás 20h.

cartaz_amerika

 


CRÓNICA FOTOGRÁFICA DAS “V XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA”

Xa remataron estas V Xornadas sobre o Entroido e con elas un intenso e interesantísimo ciclo de conferencias onde poidemos compartir coñecementos e sentimentos sobre o noso Entroido con oito especialistas na materia. A continuación unha pequena crónica fotográfica destas xornadas.

DSCF8672

Anxo Rosales intervindo durante a presentación do documental “Madams e Galáns. Historia do Entroido de  Cobres”DSCF8679

De esquerda a dereita, Camilo Fernández, Daniel Domínguez e Rafa QuintíaDSCF8686

Intervención de  Camilo FernándezDSCF8693

Daniel Fernádez facendo unha demostración da danza das Mázcaras de ManzanedaDSCF8689

Demostración do toque do fuliónDSCF8698

De esquerda a dereita, Jorge Minas, Iván Fernández e Rafa QuintíaDSCF8699

Intervención de  Jorge MinasDSCF8702

Intervención de  Iván Fernández DSCF8710

Intervención de  Eloi Alonso DSCF8714

DSCF8718

Intervención de  Queta Otero-MolasDSCF8729

DSCF8725

Intervención de  Carolina NeiraDSCF8739

DSCF8743

Intervención de  Pedro Peón


V XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

Rematado o Entroido e como cada ano, chega o tempo de falar e reflexionar sobre esta nosa fascinante celebración. Na vindeira semana celebraránse en Pontevedra as  V Xornadas sobre o Entoido de Galiza, organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega coa colaboración da concellería de Festas do concello de Pontevedra. Este ano inauguramos as xornadas o xoves 9 coa estrea en Pontevedra do documental “Madamas e Galáns. Historia do Entroido de Cobres”. Durante toda a semana teremos na Casa da Luz aberta a nosa exposicón fotográfica sobre o Entroido e o venres 10 e sábado 11 será o turno para o ciclo de conferencias. Este ano, entre outros temas, prestaremos especial atención ao aspecto satírico do Entroido. Ademais, os entroidos das nosas serras orientais -Manzaneda e Viana do Bolo- terán un grande protagonismo xa que poderemos achegarnos ao seu mundo da man da xa xente que o sinte e mantén vivo cada ano.  Por certo, o protagonismo do cartaz vai nesta edición para os Volantes do Entroido Ribeirao, sirva como a nosa homenaxe a Juan Carlos González Pérez, Marisé Rey Álvarez e toda a súa familia polo magnífico e impagable traballo e dedicación a prol do noso Entroido e, xa que logo, da nosa cultura. A continuación toda a información e o programa das xornadas.

cartaz-entrudo-5

programa-entrudo-5


I XORNADAS DE ANTROPOLOXÍA

Intermediarios do Alén: defuntos, encantos, curandeiros e chamáns”

2, 3, 4, 5 e 6 de novembro de 2016

Entrada Libre até completar aforo.

ORGANIZA:

Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA)

COLABORAN:

Concello de Pontevedra. Concellería de Cultura

cartaz-antropologia-i

PROGRAMA

rcores 2: Xornada de cinema etnográfico

-19:00h Apertura das xornadas e presentación do programa

-19:15h Proxección do documental “Em companhía da morte

-20:00h Coloquio co codirector do documental:Eduardo Maragoto e João Aveleno

Xoves 3: Xornada de cinema etnográfico

-19:00h Proxección do documental “Terra das Marabillas

-20:00h Coloquio co codirector do documental: Rafael Quintía

Venres 4:

-18:30h Apertura das do ciclo de conferencias

-18:45h Conferencia de Félix Castro: “Mouros, animas, demos e encantos nos grimorios e Ciprianillos”

-19:30h Conferencia de Buenaventura Aparicio Casado: “Petróglifos, canteiros e buscadores de tesouros”

-20:15h Mesa redonda

Sábado5:

Sesión de mañá:

-10:15h Benvida aos participantes

-10:30h Presentación do proxecto audiovisual “Palabras Secretas”, coa diretora Ana Lois.

-11:15h Conferencia de Carlos Victor Rodríguez: “Chamáns, cantores e rezadores entre os Tarahumara”

-12:00h Pausa café

-12.30h Conferencia de Marcial Gondar: “Romeiros do alén”

-13.30h Mesa redonda

Sesión de tarde:

-17:00h Conferencia de José Luis Cardero López: “Transformación e desdobramento”

-18:00h Proxección das curtas documentais da antropóloga Carmen Arnau Muro:

Los Chorses, un pueblo de la taiga de Siberia

Chamanismo siberiano: Ritual de despedida del invierno

-18:30h Conferencia de Carmen Arnau Muro: “Chamanismo siberiano”

-19:15h Mesa redonda e coloquio final

-20:00h Clausura das xornadas

Domingo 6:

10.00h. Visita guiada ao parque arqueolóxico de Tourón

Guiará a visita o antropólogo Buenaventura Aparicio Casado


MEGALITISMO E ANTROPOLOXÍA. CONFERENCIA DE ANGEL GILBERTO.

O noso compañeiro Angel Gilberto dará este martes unha conferencia sobre megalitismo e antropoloxía no Monte de San Antón, Irixoa.  Un acto roganizado pola A.C. Muíño do Vento. Ás 20h na Sociedade Galega de Historia Natural, en Canido.

IMG-20160605-WA0006


Imaxe

ESTREA DO DOCUMENTAL “MUÍÑOS. A MEMORIA DA AUGA”.

estrea moinhos


Ciclo sobre Crenzas Antigas e Mitoloxía organizado pola Biblioteca Pública Municipal de Verín.

Hoxe, 04 de maio de 2016, dará comezo o Ciclo sobre Crenzas Antigas e Mitoloxía organizado pola Biblioteca Pública Municipal de Verín.

 13100928_1062094833868260_54143229987068245_n

A cita de hoxe será co prestixioso investigador Felix Castro, corresponsable do gran traballo reflectido, por exemplo, a traverso do Arquivo Castro Vicente.

No salón de Actos do Concello ás 19:30 h

 

Sobre o equipo de traballo integrado por Cástor e Félix Castro Vicente

(Ourense, 1970) licenciados en Dereito pola Universidade de Salamanca, avogados, músicos e investigadores en música tradicional e etnografía galega. Félix Castro é ademais licenciado en Antropoloxía pola UNED.

Fundadores do grupo de folk asturiano Felpeyu e membros da AOFT Gomes Mouro de Ourense, Música Rabeosa e Sólidos Galicianos. Investigan o toque pechado na gaita, xeito antigo de tocar, e a recuperación da memoria dos gaiteiros e músicos ourensáns, principalmente Faustino Santalices. Tamén estudan o acordeón diatónico e a frauta de chaves na tradición galega. Teñen colaborado nunha vintena de discos e recopilatorios nacionais e internacionais.

No tocante a publicacións, son destacables O Catálogo de música tradicional da Limia, olibro-cd “Sons da Limia”, a exposición e cátalogo “Faustino Santalices. Tradición musical galega” e o congreso e actividades no seu homenaxe do ano 2011, do que se publicaron o libro de Actas (Difusora 2012). Colaboradores do proxecto Ronsel de recuperación do patrimonio inmaterial galego e do programa europeo “Oralities” de tradición oral, asesores musicais do programa Alalá da TVG.  Contan cunha boa colección de discos de xisto e antigos e pregos de cordel.

Noutros temas, a súa investigación está centrada actualmente na figura de Manuel Blanco Romasanta, o Home lobo de Esgos, lévaos a descubrir en 2011 un retrato del e a nova do seu falecemento no presidio de Ceuta en 1863, destino final descoñecido ata ese momento. Están especializados no Libro de San Cipriano e bibliografía ocultista do s.XIX e XX, do que Félix ten realizado diversos artigos e exposicións como “Libros do Demo” no museo da Deputación de Pontevedra, os libros do demo e o desencanto de tesouros en revistas de etnografía e bibliofilia galegas e españolas (revista Lethes, revista Hibris etc). Mesmo é reclamado de todo o orbe para desencantar tesouros e asesoramento máxico. Neste eido os plaxios superan con creces a súa produción.

Tamén son colaboradores da SAGA, especialmente do Anuario Fol de Veleno, e hoxe teremos o pracer de facer a presentación do seu impresionante traballo. 

Arquivo Castro Vicente

https://arquivocastrovicente.wordpress.com/que-e-o-arquivo-castro-vicente/

Ciclo Crenzas Antigas e Mitoloxía

https://www.facebook.com/Biblioteca-P%C3%BAblica-Municipal-de-Ver%C3%ADn-104133986331021/