"O blog da SAGA"

5. ARQUIVO AUDIOVISUAL DE ANTROPOLOXÍA DE GALICIA

VIII Xornadas sobre o Entroido de Galiza

Conferencias das VIII Xornadas sobre o Entroido da Galiza, que se levaron a cabo os días 28 e 29 de febreiro de 2020. Este ano contou con Julio I. González, Lidia Mariño e Chema Cibeiro (Rexionalista do Teo) como conferenciantes. Os veciños da Asociación de Felos e Madamas de Esgos tamén fixeron unha intervención sobre o Entroido tradicional deste concello.

Ademais, neste marco presentamos dous libros relacionados coa temática: Emi Cagiao o libro Historia e recuperación do Entroido de Samede, e Carlos X. Ares Festividades de inverno na provincia de Ourense, obra que o fixo gañador do Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais 2020.

Conferencia de Emi Cagiao. Presentación do libro Historia e recuperación do Entroido de Samede.

 

 

Conferencia da Asociación de Felos e Madamas de Esgos (Ourense), O Entroido de Esgos.

 

 

Conferencia de Julio I. González, O Mundo do revés. O teatro de Entroido en Galicia.

 

 

Conferencia de Carlos X. Ares. Presentación do libro Festividades de inverno na provincia de Ourense. Actuación do grupo musical Escaravellos.

 

 

Conferencia de Lidia Mariño, A figura da Vella no Entroido.

 

 

Conferencia de Chema Cibeiro (A Rexionalista do Teo), A Danza de Entroido na Ulla.

 


Vídeo

I Xornadas Casto Sampedro

Conferencias das I Xornadas Casto Sampedro, que se levaron a cabo en Redondela o 3 de maio  de 2019, sobre antropoloxía, etnomusicoloxía e arqueoloxía. Este ano os conferenciantes foron Xabier Groba, Beatriz Busto e Rafael Rodríguez. 

 

Apertura das Xornadas

Conferencia de Xabier Groba. Ao ronsel de Casto Sampedro: estado actual da etnomusicoloxía galega.

Conferencia de Beatriz Busto. Galicia conxelada: A necesidade da reflexión antropolóxica na actualidade.

Conferencia de Rafael Rodríguez. Entre sachadores e burócratas. Unha ollada á arqueoloxía galega actual.


IV XORNADAS DE ANTROPOLOXÍA. Viaxe e Antropoloxía: migración, turismo, expedición e introspección.

Conferencias das IV Xornadas de Antropoloxía, que se levaron a cabo en Pontevedra os 22, 23 e 24 de novembro de 2019. O tema central deste ano foi Viaxe e Antropoloxía: migración, turismo, expedición e introspección e os conferenciantes foron Cristina Valdés, Carmen Arnau Muro, José Luis Cardero, Luzia Oca, Santiago del Valle e Diego Cortijo.

 

Conferencia de Cristina Valdés, Viaxes e turismo: unha visión antropolóxica.

 

Conferencia de Carmen Arnau . 22 años de expediciones antropológicas a Siberia.

 

Conferencia de José Luis Cardero. A viaxe cara ás fronteiras e términos do Alén

 

Conferencia de Luzia Oca – Viaxes que parten o corazón: migrantes entre dous mundos.

 

Conferencia de Santiago del Valle – Galegos en Vilcabamba

 

Conferencia de Diego Cortijo – Explorando selvas y desiertos hacia Ítaca

 


CONFERENCIAS DAS “VII XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA”

Conferencia a cargo de Xosé Anxo Rosales e Guillerme Inácio co título “Achegamento ao teatro popular no Entroido de Pazos de Borbén”:

 

Conferencia a cargo de Xerardo Dasairas co título “As máscaras no Entroido ourensán:

 

Conferencia a cargo de Pedro Basalo co título “Historia recente do boteiro de Viana do Bolo”:

 

Presentación do boletín Caderno de Campo “Especial Entroido” por Rafael Quintía:

 

Conferencia a cargo de Patricia Cordeiro co título “Carnaval de Podence: de ritual comunitário a ícone nacional”:

 

Conferencia a cargo de Emilia Cagiao co título “A recuperación do Entroido de Samede”:

 

 

 

 

 


XEOGRAFÍAS MÍTICAS. Novas achegas ao “Arquivo Audiovisual de Antropoloxía Galega da SAGA”

XEOGRAFÍAS MÍTICAS E SAGRADAS DE MOURUAS E CONTORNA:

 

OS CONS DA GARDA:

A DESCUBERTA DO DEUS “LAROUCO”:

 

 


PATRIMONIO MUSICAL. Novas achegas ao “Arquivo Audiovisual de Antropoloxía Galega da SAGA”

REIS D´ALÉN

 

O CANTAR DE MICAELA

 

DANZA DE SAN ROQUE DO HÍO

 

NADAL EN CELA


DOCUMENTAL “ESTRANO POR FÓRA, SALVAXE POR DENTRO”

Audiovisual sobre os traballos en curso e relacionados co Entroido galego realizado por parte de Pedro G. Losada e Miguel Losada (SAGA), para ser proxectado no Certame Internacional de Curtametraxes de Verín en 2017.

 


ENTROIDO DE COBRES. Novas achegas ao “Arquivo Audiovisual de Antropoloxía Galega da SAGA”

BANDO DO ENTROIDO DE COBRES PERCORRENDO AS PARROQUIAS

 

O GALO NO RÍO

 

O BANDO DO ENTROIDO DE COBRES EN PONTEVEDRA

PRESENTACIÓN DO CADERNO AS MADAMAS E O SACRIFICIO DO GALO

 

 


ETNOMEDICINA. Novas achegas ao “Arquivo Audiovisual de Antropoloxía Galega” da SAGA

O REMEDIO DO AIRE. O NENO NO FORNO:

O PENEDO DAS VERRUGAS:

O ALICORNIO DA CASA DOS VALESES:

O COPO DE ALICORNIO:

 

 


VÍDEOS DAS CONFERENCIAS DAS “II XORNADAS DA MÚSICA TRADICIONAL”. Organizadas pola SAGA en 2014

Vídeos das conferencias correspondentes ás “II Xornadas de música tradicional” celebradas en Pontevedra o 23/05/2014 e organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega en colaboración co Concello de Pontevedra.

Resultado de imagen de ii xornadas da musica da saga

“Danzas do sur da provincia de Pontevedra”. Conferencia impartida por Luis Prego:

“Danzas de espadas de Redondela”. Conferencia impartida por Oli Xiráldez:

“As danzas de Cangas”. Conferencia impartida por Miguel Sotelo:

 


TRILOXÍA DOCUMENTAL “CONSTRUCIÓNS VEXETAIS” PARA VISIONADO LIBRE

Poñemos a disposición de todo o público a triloxía de documentais sobre construcións vexetais efímeras de ríos que dende a SAGA fixemos  para a Asociación medioambiental . Un traballo de realización levado a cabo polo noso compañeiro João Bieites entre os anos 2012-2014

DOCUMENTAL “METOCAS”:

DOCUMENTAL “PALLEIRO DE HERBA”:

DOCUMENTAL “CENTEEIRA. POR CADA SEMENTE CEN”:


CONFERENCIA DE ANTONIO BALBOA DENTRO DAS III XORNADAS SOBRE ANTROPOLOXÍA

Vídeo coa conferencia “As cidades asolagadas. As augas e o Alén en Galicia”, a cargo  do historiador Antonio Balboa. Conferencia enmarcada nas “III Xornadas sobre Antropoloxía” celebradas pola Sociedade Antropolóxica galega en Pontevedra durante o mes de novembro de 2018.


CONFERENCIA DE ANTONIO REIGOSA NAS “III XORNADAS SOBRE ANTROPOLOXÍA”

Vídeo coa conferencia “Os seres míticos na Mitoloxía galega”, a cargo  do mitólogo Antonio Reigosa. Conferencia enmarcada nas “III Xornadas sobre Antropoloxía” celebradas pola Sociedade Antropolóxica galega en Pontevedra durante o mes de novembro de 2018.


CONFERENCIA DE MARCIAL TENREIRO NAS “III XORNADAS SOBRE ANTROPOLOXÍA)

Vídeo coa conferencia “(PALEO)ETNOGRAFÍA JURÍDICA: OLHADAS NA FRONTEIRA ENTRE O RITO E O MITO”, a cargo  do historiador Marcial Tenreiro. Conferencia enmarcada nas “III Xornadas sobre Antropoloxía” celebradas pola Sociedade Antropolóxica galega en Pontevedra durante o mes de novembro de 2018.


CONFERENCIA DE ANA RUÍZ BLANCH NAS “III XORNADAS SOBRE ANTROPOLOXÍA”

Intervención de Ana Ruiz Blanch nas “III Xornadas sobre Antropoloxia” da Sociedade Antropolóxica Galega coa palestra “A Raíña Lupa: tan lejos, tan cerca. Mito, historia y memoria” o 17 de novembro de 2018 na Casa da Luz de Pontevedra.

 


CONFERENCIA DE CLODIO GONZÁLEZ NAS “III XORNADAS SOBRE ANTROPOLOXÍA”

Vídeo coa conferencia “Un mito universal: serpes e dragóns. A tradición da Coca”, a cargo  do etnógrafo Clodio González Pérez. Conferencia enmarcada nas “III Xornadas sobre Antropoloxía” celebradas pola Sociedade Antropolóxica galega en Pontevedra durante o mes de novembro de 2018.


CONFERENCIA DE ANA FILGUEIRAS NAS “III XORNADAS SOBRE ANTROPOLOXÍA”

Vídeo coa conferencia “Cartografía mítica: estrutura, sentido e poética do territorio da mourindade”, a cargo  da arqueóloga Ana Filgueiras. Conferencia enmarcada nas “III Xornadas sobre Antropoloxía” celebradas pola Sociedade Antropolóxica galega en Pontevedra durante o mes de novembro de 2018.


ÁNGEL GILBERTO MARTÍNEZ “PAPIGIL” CONTANDO AS LENDAS DA PENA MOLEXA

Hai apenas dous meses foise o noso amigo e compañeiro Ángel Gilberto Martínez Seoane, coñecido por todos co cariñoso alcume de Papgil.  Marchou unha persoa extraordinaria deixando un fondo baleiro en todos nós. Na SAGA queremos pensar que o bo de Ángel marchou ao alén a facer traballo de campo porque o aquén xa se lle quedaba pequeno e a súa ansia por saber levouno a emprender viaxe á Terra dos Benaventurados.

Este ano, nas III Xornadas sobre Antropoloxía, rendímoslle unha pequena homenaxe dedicando estes actos á súa memoria e proxectando un vídeo inédito que lle graváramos hai xa varios anos e no que Ángel nos conta dende a Pena Molexa algunhas das fermosas lendas que atesoura esta xoegrafía mítica do noso país.

Agora queremos subir este vídeo á nosa canle de youtube para manter viva a memoria do noso compañeiro.  Un pequeno xesto que,  unido ás nosas mostras de cariño nas redes sociais ou ao artigo que fixo o compañeiro Miguel Losada na web Historia de Galicia ( http://historiadegalicia.gal/2018/09/morreu-angel-gilberto-papigil-un-dos-grandes-divulgadores-do-patrimonio-galego/?fbclid=IwAR1bvUVz4uGh-nokezeH_8LhPDFEdoiabGRMgQBs48NvLifM-GMzsSPS0rQ) sirvan para manter viva a súa lembranza, porque nós non esquecemos aos nosos e moito menos se, ademais, eran bos e xenerosos como o foi Ángel Gilberto Martínez Seoane Papigil.

Agarda por nós compañeiro, alí onde esteas.

Rafa Quintía


VISIONE LIBREMENTE O DOCUMENTAL “COMUNEIROS”

O documental “Comuneiros. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo” é unha produción da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa Comunidade de Montes Salcedo. O audiovisual, dirixido por Rafael Quintía e realizado por João Bieites, fai un percorrido por un século de vida e de explotación tradicional do monte comunal e polos aconteceres e desgrazas que, co cambio dos tempos e co gallo das distintas usurpacións do monte comunal, tiveron que sufrir os veciños da parroquia pontevedresa de San Martiño de Salcedo.

O 5 de novembro do 2011 presentouse o documental con motivo das “II Xornadas sobre Monte Comunal” que organiza a Comunidade de Montes de Salcedo. O documental tivo unha grande acollida e repercusión mediática pois, xunto co xa clásico “O Monte é Noso” de Llorenç Soler (1978) foi pioneiro nos traballos audiovisuais dedicados ao monte comunal en Galicia.

Hoxe poñémolo a disposición de todo o público para o seu visionado libre a través da nosa canle de youtube. Agardamos sexa do seu interese.

 

comuneiros

SINOPSE:
“Comuneiros. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo” é unha produción da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa Comunidade de Montes Salcedo. O audiovisual fai un percorrido por un século de vida e de explotación tradicional do monte comunal —verdadeira e única fonte de subsistencia para moitas xeracións de galegos— e polos aconteceres e desgrazas que, co cambio dos tempos e co gallo das distintas usurpacións do monte comunal, tiveron que sufri-los veciños da parroquia pontevedresa de San Martiño de Salcedo.

FICHA ARTÍSTICA:
DIRECCIÓN: Rafael Quintía
GUIONISTA: Rafael Quintía
REALIZACIÓN: João Bieites,
PRODUCIÓN: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa Comunidade de Monte de San Martiño de Salcedo

FICHA TÉCNICA:
PRODUTORA: Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) en colaboración coa Comunidade de Monte de San Martiño de Salcedo
SUBVENCIÓN OU AXUDA PÚBLICA: Ningunha
TÍTULO ORIXINAL: “COMUNEIROS. Cen anos de vida e loita polo monte de Salcedo”
TIPO: Documental
XÉNERO: Etnográfico e social
Produción propia realizada a cor
ANO: 2011
DURACIÓN: 87 minutos aprox.
ORIXE: Galiza
IDIOMA V. O.: Galego

diario

el-pac3ads-comuneros

faro-de-vigo-1

faro-de-vigocomuneiros-la-voz-de-galicia


Berberechos da Ria de Muros e Noia. Unha paisaxe cultural de relevancia mundial.

No seu día, a SAGa colaborou activamente para acadar a declaración de  Paisaxe Cultural Patrimonio da Humanidade para a Ría de Muros e Noia. Nomeadamente, unha das xoias sobranceiras deste magno espazo de interese cultural é a actividade marisqueira realizada polas mulleres, eminentemente, desta ría. Un vídeo realizado polo fotógrafo da SAGA ó respecto, acadou unha gran relevancia nas redes e agora está dispoñible como un documento e homexe a estas mulleres traballadoras e esforzadas que manteñen viva a tradición ó tempo que contribúen á creación de riqueza mediante unha actividade tan ancestral como  é a procura do sustento no mar. Todo un orgullo para a cultura galega.

Imaxes relacionadas

https://www.facebook.com/pedro.g.losada/media_set?set=a.10200845572217478.1073741910.1709266045&type=3

Malia todo, non foi posible acadar os apoios necesarios para evidenciar unha vontade colectiva de acadar este obxectivo. Eis, agora, no blog da SAGA, en cualidade de promotores da proposta e para que así conste, o vídeo e a nosa posición ó respecto xunto co resumo da proposta presentada.

En 1972 a Conferencia Xeral da UNESCO aproba a “Convención sobre la protección del patrimonio mundial cultural y natural”.

O Organismo que inscribe os bens que integran este partimonio mundial é o Comité do Patrimonio Mundial. España é un do membros deste organismo, que é quen dita as instrucións para inscribir cada ben de interese.

Hai varios organismos independentes que asesoran no expediente de cada inscrición:

  • Consello Internacional de Monumentos e Sitios (ICOMOS)
  • A Unión Internacional para a Conservación da Naturaleza (IUCN)
  • Centro Internacional para o Estudo da Preservación e Restauración dos Bens Culturais (ICCROM).

11999646_10200845577337606_3024946186412282725_o

Para ser declarado Patrimonio da Humanidade os bens culturais deben cumprir algunha destas características:

  • Representar unha obra mestra do xenio creativo humano.
  • Ser a manifestación dun intercambio considerable de valores humanos durante un determinado período ou nun área cultural específica,(…) a planificación urbana ou o deseño paisaxístico.
  • Ser e aportar unha testemuña única ou excepcional, dunha tradición cultural(…).
  • Ser un exemplo sobresainte (…) ou de paisaxe que ilustre unha etapa significativa da historia da humanidade.
  • Constituir un exemplo sobresainte de hábitat ou establecemento humano tradicional, representativo de una cultura o de culturas agora vulnerables polo impacto dun cambio irreversible.
  • Estar directa e perceptiblemente asociado con acontecementos ou tradicións vivas, ideas ou crenzas de importancia, ou con obras artísticas ou literarias de significado universal excepcional.

En calquera caso, serán tamén moi importantes os criterios de autenticidade e de estado de conservación do ben relevante dende o punto de vista patrimonial.

11754724_10200847156017072_2337816623534192626_o

Cada Estado, establece unha lista indicativa e de revisión periódica, de bens que poden, eventualmente, ser inscritos. Este inventario de bens, expresa o recoñecemento internacional dos valores universais. Entrégase oficialmente no Centro do Patrimonio Mundial da UNESCO.

En España, o órgano responsable delo é o “Consejo del Patrimonio Histórico” como máximo ente consultivo na materia, e no que están representadas todas as Comunidades Autónomas. Este Consello eleva ó Goberno a lista indicativa, xustificada e contextualizada, de bens aspirantes.

10630570_10200848228603886_1823690890049567254_o

É competencia estatal a determinación da orde de prioridade e a oportunidade das inscricións. Para elo seguirá as recomendacións que figuran nas “Orientaciones operacionales para la aplicación de la Convención del patrimonio mundial “. Os expedientes deben enviarse ó Centro do Patrimonio Mundial antes do 1º de febreiro para ser sometido ó dictamén do Comité del patrimonio mundial da sesión do seguinte ano, no mes de xuño.

12002356_10200845574257529_5843919569584334528_o

Existen uns Órganos Consultivos que interveñen gracias co seu grupo de expertos para avaliar in situ cada proposición. Emitirán uns informes que serán estudados polo Comité del Patrimonio Mundial, primeiro na súa reunión de Xuño, e despois na sesión do mes de decembro, cando se completará e definirá cada posible inscrición, decidindo así a inclusión ou non no inventario.

Os criterios que entran en xogo con carácter xeral e son os de excepcionalidade, autenticidade e relevancia universal, como vimos. Ademais, primarán os valores de significado histórico, antropolóxico e etnolóxico. Serán especialmente importantes polo seu carácter previo perante outras consideracións, a autenticidade e a existencia acreditada dos sistemas de protección e xestión suficientes que garantan a conservación do ben.

12006429_10200845573697515_2495683701674142276_o

Os sitios ou paisaxes culturais, deberán ter entidade suficiente para representar a totalidade da paisaxe cultural que ilustran. Será ademais, posible propoñer zonas asociadas a grandes liñas ou redes de transporte y comunicación.

O Comité intenta, en xeral, acadar un equilibrio entre os bens culturais e naturais, ademais dunha axeitada distribución xeográfica de todos eles.

12032654_10200847155857068_532531364604699215_o

En calquera caso, o obxecto de cada expediente que dea lugar á cada declaración de inscrición, será evidenciar o feito de que a inscrición fará posible que o elemento considerado chegue a cumprir cando menos unha das seguintes funcións:

  • Testemuñar (…) acerca dalgunha tradición cultural de relevancia humana global ou xa desaparecida. (…)Ou da influencia moi marcada e singular dentro dun área cultural concreta, con extensións sobre acenos arquitectónicos, urbanísticos, paisaxísticos os cales resultan positivamente condicionados.
  • Ou constitúe un exemplo sobresainte do establecemento humano ou da ocupación do territorio, sendo isto representativo da prevalencia das culturas tradicionais, sobre todo cando son vulnerables fronte a mudanzas irreversibles.
  • Ou ofrece un exemplo sobranceiro (…) dunha paisaxe que ilustre un período significativo da historia humana.
  • Ou representa una obra mestra do xenio creador das comunidades humanas.
  • Ou aparece directa ou materialmente asociado con acontecementos ou tradicións vivas, ideas, crenzas ou obras artísticas e literarias que teñan unha significación excepcional.

12034462_10200851552086971_607066853804221188_o

Das paisaxes culturais

En 1992 a Convención do Patrimonio da Humanidade transformouse no primeiro instrumento legal internacional para o recoñecemento e a protección dos paisaxes culturais

Estes representan as “obras combinadas da naturaleza e do ser humano” designadas no Artigo 1º da Convención.

Son ilustrativas da evolución da sociedade e dos asentamentos humanos no tempo, baixo a influencia das restricións físicas e/ou as oportunidades que brindaba o seu entorno natural e as sucesivas forzas sociais, económicas e culturais, tanto internas como externas.

Reflicten técnicas específicas do uso sostible da Terra, tendo en conta as características  e os límites do entorno natural no que fican establecidas, ademais dunha relación espiritual específica ca natureza.

Neste sentido, son formas tradicionais do uso  útil para o mantemento da diversidade biolóxica.

A paisaxe organicamente evolutiva, é o resultado dun imperativo inicial social, económico, administrativo, e/ou relixioso que desenvolveu a súa forma actual en asociación con, e en resposta a, o seu entorno natural. Estas paisaxes testemuñan ese proceso de evolución na súa forma e nas características dos seus compoñentes.

Unha paisaxe viva é aquela que mantén un papel social activo na sociedade contemporánea, asociado co modo de vida tradicional, e no que o proceso de evolución está inda en progreso. Ó mesmo tempo amosa evidencias materiais significativas da súa evolución no tempo.

12038923_10200848227523859_2818535647575342133_o

Das condicións de viabilidade e sucinto DAFO ó respecto.

A actividade marisqueira na Ría de Noia posúe, pois, calidades antropolóxicas, históricas, etnográficas e vitais mais que acreditadas que fan dela unha acreedora obxectiva a seren declarada patrimonio mundial do xénero humano. Destacan entre eles:

  • A súa autenticidade en tanto que fenómeno vivo e ancestral que comunica directamente a realidade económica actual cos estadíos mais inveterados do proceso de sucesión cultural do noso xénero. Neste sentido dase a singularidade de que esta actividade constitúe unha paisaxe de estrutura relicta mais posta ó día polas xeracións sucesivas de mariscadoras da Ria de Noia, neste caso.
  • O feito de representar un insuperable exemplo da importancia e transcendencia da visibilización exitosa da actividade económica e cultural da muller, e un modelo de desenvolvemento exportable como modelo de organización a escala local. O factor antropolóxico de “xénero”, en definitiva actuaría a prol deste proxecto.
  • O carácter tradicional da actividade, desaparecida en xeral no resto do mundo e claramente ameazada a escala global e orientada dende os seus inicios con criterios sustentables.
  • A forte personalidade do fenómeno mesmo dentro da súa área cultural inmediata, Galicia.
  • A natureza endóxena, da comunidade local, do deseño, xestión e adaptación ós tempos da actividade, manifestada na xeometría cultural marcadamente horizontal da mesma.
  • A capacidade de influencia da actividade sobre outros acenos culturais dentro do marco da interface maritimo-terrestre de referencia, os cales fican positivamente condicionados (adaptados) dentro dunha órbita arredor da explotación do recurso marisqueiro.

12038722_10200848228403881_5901745585460478559_o

Son déficits que cumpriría subsanar:

  • Acreditar de xeito convincente, a existencia dos sistemas de protección e xestión suficientes que garantan a conservación do ben.

 

Referencias adicionais

http://whc.unesco.org/en/culturallandscape

http://ip51.icomos.org/landscapes/index2esp.htm#

 

12038730_10200845574457534_6793852737696995500_o

12032883_10200858128251371_1111188466029098190_o

 


A II Mascarada Ibérica en imaxes.

Primeiro avance da II Mascarada Ibérica en imaxes. Haberá mais.

O Cazador de imaxes da SAGA seica apañou un bo feixe de documentos cos que queremos axudar a poñer de manifesto a importancia cultural deste gran evento que foi posible, outra vez, grazas ó extraordinario esforzo organizador da xente de Viana do Bolo e de Vilariño de Conso e dos bos amigos que foron gañando, co tempo e bo facer, por boa parte da península.

O oriente galego é un claro referente continental, cando menos, nesta materia, xa que proporciona contidos culturais que falan do fenómeno humano en conxunto. Por elo, eses contidos e a súa autenticidade resultan apreciados e considerados relevantes por persoas e entidades dotadas dunha repercusión global.

Dende a SAGA, a nosa mais ampla felicitación a todos e todas elas. Agradecidos por manter vivo, para todos, o Entroido Galego.

 

 

 


Video da Malla na Aira de Punxeiro 2015


Carro de doce bías na Romaría da Malla.

Podemos dicir que, na SAGA, preferimos estar onde está a acción. Iso quere dicir que consideramos que a fondura, forza e complexidade da Cultura Galega falan por si mesmas para quen saiba ou queira escoitar. Xa que logo, gastar, consumir ou actualizar permanentemente os seus mecanismos e procesos que a caracterizan como produto dunha sociedade tradicional, fan que esta siga inscrita no ciclo do tempo. Esa é unha tarefa que require o concurso colectivo de todas as persoas interesadas, incluída pois, a SAGA.

Por iso estivemos nesta pasada fin de semana vivindo dentro do pobo de Punxeiro, nas alturas das serras orientais ourensás. Aló desenvolveuse unha iniciativa singular, xa que a Romeria da Malla 2015 non pretendía “representar” a malla tradicional do pan e o seu programa de contidos asociados, senón que foi verdadeiramente unha seitura desenvolvida polas persoas que hai corenta anos inda a facían pero aberta á participación de calquera persoa interesada. Cunha preciosa parella de bois de raza Vianesa aportados polo gran Mario Nogueira carretouse nun carro do pais unha carrada de doce bías que foi parar á aira para que a mallasemos a man e tirar dela o pan que encheu os sacos. Xogos tradicionais, os mesmos que acompañan a unha actividade tan importante como a seitura, e unha comida popular co seu baile baixo os varias veces centenarios castiñeiros de Punxeiro, foron todo o que se precisou para que a xornada fose como unha medicina para a nosa cultura. A posibilidade de transmitir ós mais novos, directamente dende o saber dos mais respectados da comunidade, o orgullo de sermos galegos no ten prezo xa que contribúe a garantir a continuidade da identidade galega. Polo tanto, na SAGA debemos agradecer, ás xentes de Punxeiro semellante iniciativa así como a hospitalidade que nos fixeron sentir. Tamén a todos os que axudaron para que fose posible, especialmente ós de Quintela do Pando e amigos, que deron a cheda especialmente, coma sempre, demostrando o que valen os mozos e mozas de Galicia.

A seguir, apenas unhas imaxes e un pequeno video como pálido reflexo do gran ambiente que se viviu esta fin de semana en Punxeiro. Para ver mellores imaxes recomendamos a visita do perfil da SAGA nas redes sociais.

https://www.facebook.com/pages/Sociedade-Antropol%C3%B3xica-Galega/282578825125026?ref=hl

e, en breve, no do fotógrafo da SAGA Pedro G. Losada

https://www.facebook.com/pedro.g.losada?fref=ts

Comeza a sega na seara.

Comeza a sega na seara.

Xurden os mollos

Xurden os mollos

A SAGA observa e aprende para documentar.

A SAGA observa e aprende para documentar.

A decisiva tarefa do atado.

A decisiva tarefa do atado.

Rematando o a ata.

Rematando o a ata.

Mario Nogueira e os seus magníficos bois

Mario Nogueira e os seus magníficos bois

Bois da prestixiosa raza Vianesa

Bois da prestixiosa raza Vianesa

Carro cargado. Doce bías ben asentadas.

Carro cargado. Doce bías ben asentadas.

Carro na aira.

Carro na aira.

Xogo da ra.

Xogo da ra.

A Rá á espera..

A Rá á espera..

Lendas da sega.

Lendas da sega.

Sega ca fouce.

Sega ca fouce.

Preparando o concurso.

Preparando o concurso.

Comezan os xogos no gran lameiro.

Comezan os xogos no gran lameiro.

Lanzamento.

Lanzamento.

Lanza Emilio

Lanza Emilio

DSC_0452DSC_0453

Un home libre.

Un home libre.

Estilo Fariñas

Estilo Fariñas

Carreira de carretillos.

Carreira de carretillos.

DSC_0524DSC_0561DSC_0581DSC_0612

Saída dos sacos.

Saída dos sacos.

Homes sen medo.

Homes sen medo.

DSC_0913DSC_0925

Polos mesmos motivos aproveitamos para convocar tamén no pobo de Punxeiro, as persoas interesadas en coñecer e gozar dunha festa das adegas que é xa un imprescindible para calquera axenda ben aviada. Será o vindeiro día 10 de Outubro de 2015. Para garantir o calidade da festa, en relación ó tamaño do pobo de Punxeiro, o número de entradas é limitado. Xa saben…


DANZA DE FITAS