"O blog da SAGA"

8. PRESENTACIÓNS, CHARLAS, CONFERENCIAS

I XORNADAS DE ANTROPOLOXÍA

cartaz-antropologia-i

Intermediarios do Alén: defuntos, encantos, curandeiros e chamáns”

2, 3, 4, 5 e 6 de novembro de 2016

Entrada Libre até completar aforo.

ORGANIZA:

Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA)

COLABORAN:

Concello de Pontevedra. Concellería de Cultura

cartaz-antropologia-i

PROGRAMA

rcores 2: Xornada de cinema etnográfico

-19:00h Apertura das xornadas e presentación do programa

-19:15h Proxección do documental “Em companhía da morte

-20:00h Coloquio co codirector do documental:Eduardo Maragoto e João Aveleno

Xoves 3: Xornada de cinema etnográfico

-19:00h Proxección do documental “Terra das Marabillas

-20:00h Coloquio co codirector do documental: Rafael Quintía

Venres 4:

-18:30h Apertura das do ciclo de conferencias

-18:45h Conferencia de Félix Castro: “Mouros, animas, demos e encantos nos grimorios e Ciprianillos”

-19:30h Conferencia de Buenaventura Aparicio Casado: “Petróglifos, canteiros e buscadores de tesouros”

-20:15h Mesa redonda

Sábado5:

Sesión de mañá:

-10:15h Benvida aos participantes

-10:30h Presentación do proxecto audiovisual “Palabras Secretas”, coa diretora Ana Lois.

-11:15h Conferencia de Carlos Victor Rodríguez: “Chamáns, cantores e rezadores entre os Tarahumara”

-12:00h Pausa café

-12.30h Conferencia de Marcial Gondar: “Romeiros do alén”

-13.30h Mesa redonda

Sesión de tarde:

-17:00h Conferencia de José Luis Cardero López: “Transformación e desdobramento”

-18:00h Proxección das curtas documentais da antropóloga Carmen Arnau Muro:

Los Chorses, un pueblo de la taiga de Siberia

Chamanismo siberiano: Ritual de despedida del invierno

-18:30h Conferencia de Carmen Arnau Muro: “Chamanismo siberiano”

-19:15h Mesa redonda e coloquio final

-20:00h Clausura das xornadas

Domingo 6:

10.00h. Visita guiada ao parque arqueolóxico de Tourón

Guiará a visita o antropólogo Buenaventura Aparicio Casado


MEGALITISMO E ANTROPOLOXÍA. CONFERENCIA DE ANGEL GILBERTO.

O noso compañeiro Angel Gilberto dará este martes unha conferencia sobre megalitismo e antropoloxía no Monte de San Antón, Irixoa.  Un acto roganizado pola A.C. Muíño do Vento. Ás 20h na Sociedade Galega de Historia Natural, en Canido.

IMG-20160605-WA0006


Imaxe

ESTREA DO DOCUMENTAL “MUÍÑOS. A MEMORIA DA AUGA”.

estrea moinhos


IV XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA

Temos pracer de convidarlles ás IV Xornadas sobre o Entroido de Galiza que, como cada ano, organiza a Sociedade Antropolóxica Galega coa colaboración do concello de Pontevedra. Este ano as conferencias terán lugar na Casa da Luz, sita na Praza da Verdura.

Se teñen interese por coñecer os aspectos máis relevantes da nosa celebración máis senlleira non perdan esta ocasión de achegarse ao mundo do Entroido galego.

cartaz IV Xornadas do entroido

programa IV Xornadas do entroido  reverso

programa IV Xornadas entroido


A SAGA NAS “I XORNADAS DO ENTROIDO” DA ASOC. ETNOGÁFICA A MERDEIRA

Este sábado 30 a partir das 18 h os compañeiros da SAGA Rafael Quintía e Xosé Anxo Rosales estarán dando sendas conferencias nas “I Xornadas do Entroido” organizadas pola Asociación Etnográfica A Merdeira.  Con estas xorndas os amigos de A Merdeira celebran os 10 anos de recuperación da figura do Merdeiro, tradicional do entroido de Vigo ata comezos do pasado século XX. Ademais a SAGA colabora na exposición cedendo o seu traxe de Labrego, figura típica do entroido tradicional dalgunhas parroquias da comarca de Pontevedra.

Xornadas do Merdeiro 3


a SAGA na mellor Biblioteca Pública de Galicia

Este vindeiro día 21 de Outubro e para ir entrando en situación, falaremos da morte, as ánimas e os defuntos na cultura galega. E será nun foro moi ben querido por nos, nada menos que na mellor biblioteca pública de Galicia, a Biblioteca Pública Municipal de Verín.

cartel-actividades-mes-outu

Pode que semellante afirmación resulte sorprendente para algúns, mais baséase no feito de que existe unha convocatoria á que concorren bibliotecas de todo o estado para optar a uns premios consistentes en lotes de libros. Trátase do Premio María Moliner de animación á lectura. Dende 2008, a B.P.M. de Verín leva gañando lotes que melloran os seus fondos bibliográficos cada ano. Este feito sitúa a esta biblioteca entre as 250 mellores de todo o estado. Mais vimos de saber que, en realidade, a B.P.M. de Verín acadou 96 puntos de 100 posibles despois do cómputo do méritos aportados. Isto significa que é a mellor puntuada de Galicia e a décima mellor do estado.

Un exemplo da dinámica desta biblioteca neste resumo de actividades de 2015, en curso pois, onde teremos a honra, e a responsabilidade, de intervir cun tema clásico despois da charla do prestixioso antropólogo galego Manuel Mandianes.

Tamén neste ano tivemos a honra de presentar nesta tribuna ó libro do filólogo Miguel Moreira “Contra a morte das linguas: o caso do Galego” ou a publicación da SAGA “ O uso simbólico do Cuarzo na cultura galega” de Rafael Quintía.

Todo elo en http://www.bibliotecadeverin.es/?page_id=457

O traballo dos seus responsables – parabéns Aurora e Vicente – e o esforzo de todas as persoas voluntarias que colaboran ca B.P.M. de Verín son as claves dun éxito que queremos contribuír a divulgar en xusto agradecemento á axuda que esta institución sempre nos ten prestado á hora de facer divulgación dos contidos da SAGA, prestando ós seus espazos públicos para as nosas intervencións e tendo a ben dispoñer das nosas edicións nun estante intitulado “Sociedade Antropolóxica Galega SAGA”.

Eis o sitio da B.P.M. de Verín

http://www.bibliotecadeverin.es/

E unha mención especial para todas as persoas usuarias e ás que exercen o voluntariado nesta biblioteca. Parabéns e o noso respecto vai para todas elas.

http://www.bibliotecadeverin.es/?gallery=voluntaris

Ganadores por puntuación_001fachada5


Imaxes da presentación da Guía de Petróglifos de J.A. Gavilanes no Concello de Baños de Molgas.

unnamed

O noso agradecemento ás persoas que se achegaron á presentación da Guía de Petróglifos de Gavilanes. Tamén ó Concello de Baños de Molgas por acoller e desenvolver esta iniciativa na que un veciño da terra foi profeta nela. Que cunda o exemplo.

N.B.
É de xustiza agradecer tamén os xóvenes fotógrafos da saga gavilanes o seu traballo que nos permite facer este post.
unnamed (1) unnamed (2)

unnamed (3) unnamed (4) unnamed (5) unnamed (6) unnamed (7) unnamed (8) unnamed (9) unnamed (10) unnamed


Imaxe

PRESENTACIÓN EN CAMBRE DO ANUARIO “FOL DE VELENO” 2015

cartaz fol de veleno 2015


A SAGA NA “Á RAIA: I MOSTRA DE CINEMA IBÉRICO”

A Sociedade Antropolóxica Galega está presente nesta “Á RAIA. I Mostra de Cinema Ibérico” que se organiza en Portugal. O compañeiro e realizador da SAGA João Bieites presentará nesta mostra que se celebra na vila portuguesa de Chaves o noso último documentario “Centeeira. Por cada semente, cen”. Un audiovisual dirixido por João Bieites e realizado pola SAGA para o colectivo Vaipolorío. É para nós un auténtico pracer en honra ter sido convidados pola organización para participar neste evento cinematográfico transfronteirizo. Muito obrigado também a Sandra Pinho.

Programa Mostra À Raia

centeeira-por-cada-semente-cen

INFORMACIÓN DA ORGANIZACIÓN:

O Cineclube de Chaves encontra-se em funcionamento no Teatro Experimental Flaviense e traz até si a primeira edição da Mostra “À Raia!”, por onde passarão filmes portugueses e galegos. O programa inclui curtas-metragens de ficção e documentais, com um rico percurso por festivais de cinema. Haverá também momentos de discussão em mesa redonda sobre o acesso ao cinema no interior do país.

Entrada livre.

Mais informações: http://www.facebook.com/cineclubedechaves

Organização: Cineclube de Chaves
Apoio: Teatro Experimental Flaviense, INDIEROR


ESTREA DO DOCUMENTAL “CENTEEIRA”

Este  venres 13 de marzo do do 2015 ás 20 h no Centro Social de Cabanas – Salcedo –Pontevedra preséntase o documental “CENTEEIRA-Por cada semente, cen”.

Este traballo audiovisual realizado polo compañeiro da SAGA João Bieites completa a triloxía de CONSTRUCIÓNS VEXETAIS EFÉMERAS NO VAL DO RÍO TOMEZA (GAFOS), un proxecto audiovisual de tres documentales realizados pola Sociedade Antropolóxica Galega para os amigos da asociación Vaipolorío que tanto e tan ben fan pola conservación e divulgación do noso patrimonio natural, neste caso o venecellado ao val do río Tomeza.

10993489_412145928952671_1716206672482968540_n


Neste documental poderemos ver traballos como:
•SEMENTEIRA “á manta”
•CONTRUCIÓN DE INSTRUMENTOS VEXETAIS “gaitas de ferrán”
•SEGA con fouciño ( faise entre San Xoán e San Pedro)
•ELABORACIÓN DE ODIAS PARA FACER AS MOLLOS
•ENMEDADO ( construcción das medas )
•MALLA( separar a palla do gran) de dous xeitos: con mallos e sobre barricas

PRODUCIDO POLA SOCIEDADE ANTROPOLÓXICA GALEGA (SAGA) PARA VAIPOLORÍO.
Este documental foi realizado coa colaboración da Comunidade de montes de Salcedo